venres, 9 de agosto de 2013

Falar

Para levar unha conversa con elegancia non vén nada mal ter coñecementos de encaixe. 
Ir calcetando as palabras con prestancia; fiando finiño entre entonación e intensidade, medindo os ritmos con determinados artigos, cosendo ideas con artigos determinados. E bordar matices coa mirada, transmitindo sensacións en cada puntada.
Sen esquecer xamais ningunha parte do ser; pois á hora de comunicar, todiño o corpo fala.

Foto: Fála-me

10 comentarios:

Alís dixo...

Todo iso e, tamén, ter algo que dicir, porque falar por falar, por bonito que se faga... ou non?

Bicoss

Carlosm dixo...

Nom sei de quales encaixes andaras ti a falar, mais eu vejo que um pe nuado fala moito. Nom te arrefries. Saudos

A.C. dixo...

Tes razón que todo o corpo fala. E ti falas sin pelos nos pes ajajaja.

Pedras dixo...

Unha imaxe que convida a conversar... e un texto ben bordado;-)

paideleo dixo...

Ben falado !.

Anónimo dixo...

Que tes moi bo sentido da estética pode verse, que lle das ben a fotografía apréciase e que dominas a linguaxe con soltura e algo obvio. Eu de maior quero ser canteira (picapedra?) coma ti. Impartes clases?

Marisa dixo...

Gustoume a túa conversa
fiache moi ben as palabras.

Moitos bicos.

Paz Zeltia dixo...

As palabras son importantes, pero tes razón, todo o corpo fala.

mariola dixo...

Levas razón, todo o corpo fala, aínda que non nos decatemos de todas as partes.
A min gústame "bordar matices coa mirada" e cantos hai!
biquiños de encaixe chousa.

susana moo dixo...

Fala todo o corpo tes razón, pero haiche unha parte que resulta especialmente expresiva. Bicos!