Achegándose a invernía, a natureza xoga con noites de branco satén.
Deslízase suaviña entre as herbas finas nunha caricia dulce, paseniña, sutil e penetrante; para interpretar unha melodía de friaxes con mil e un matices que arrincarán suspiros e provocarán salaios.
Dos desmáns urdidos coa luz da lúa, unicamente nos deixan restos dun fermoso encaixe perdido entre a follaxe...
Foto: Folla xeada.
10 comentarios:
Si que lle colleches o angulo apropiado a folliña. Gustoume moito
O INVERNO É FERMOSO, só hai que pasalo ben abrigadiños.
biquiños,
A min todos isto prodúceme arrepíos, pola beleza... E polo frío, que leria! Os anos non perdoan!
A beleza está diante dos nosos olhos para que poidamos disfrutala.Já teis demostrado que ti a ves (e a trasmites) con facilidade.Saudos.Carlosm
Hermosa composición.
Encántame esa descrición tan alucinante que fas das cousas, é coma se realmente estivese ahi,sentindo como cae unhas pingas finas nesa folla tan fermosa do outono.
O xeo é fermoso de mirar pero non de sentir.
Hoxe mirei unha película con Leo e a personaxe Jack Escarcha facía verdadeiros encaixes co xeo.
Qué bonito o dis!
Quedeime prendida da foto.
O frío que se fai sentir e a luz, que quenta esa friaxe.
Que teñas unha boa fin de semana.
un abrazo que sempre quenta o corpo.
A natureza que se expresa, que emociona. Que ben a captaches!! Unha folliña vestida de friaxe que nos anuncia a chegada do inverno, pero acariñada agora pola luz desas raioliñas e arrolada polas tenras palabras da túa composición. Fermoso!
Un texto moi lindo, Chousa.
máis a friaxe que deixa eses cristais de xeo non me parece suaviña nin caricia dulce, seméllame máis finas agullas espetadas na brandura tenra da follaxe, coiteladas polas que se lle vai a vida.
sintoo, non podo ver as xeadas como algo amable,s e non terrible, inda que espectáculo fermoso.
Publicar un comentario