Non roubou (non sabe), non dixo mentiras (é sincero), non ten promesas pendentes de cumprir (non promete: fai), non quebrou balances (matematicamente certo), non renega da súa linguaxe (nin se lle ocorre ladrar para dicir un miau), non escindiu a súa estirpe (adica as súas capacidades a outras lerias)...
Moito antes da xornada de reflexión; antes incluso de iniciar o carrusel de trangalladas que se aveciña -comunmente coñecido como campaña electoral-; eu xa teño decidido cal é o meu candidato. Xa sei que é rabeno; pero as carencias dos outros empezan onde acaban as do meu.
Foto: Cartaz electoral.
15 comentarios:
Rabeno pero tan bonitiño... que semella cos pelos se lle disparan dende o corpo cara ao Universo. Os gatos (non sei se rabenos ou non) xa eran animais sagrados en Exipto, algo terán.
Moi boa elección, sen dúbida que é o candidato máis honrado con diferenza, e aínda que isto non sexa importante, tamén é o máis guapo.
Bicos
Conta co meu voto.
Muller, Dilaida, que sexa gaupiño tamén é un engadido que nunca ven mal...
Bromiñas aparte: Todo depende dos ollos que miran. A mín o gatiño rabeno encántame, así que votarei por él.
biquiños,
pois eu teño claro a quen non votar (algo é algo)pero non chego ó teu nivel.
Demasiado honrado: non ten futuro.
Eu votolhe tamben. Conven-ceo para que se apresente no baijo-Minho.Saudos.Carlosm
Concordo con Raposo.
"Entre unos y otros, la casa por barrer", como se dice aquí.
Ese candidato parece el menos problemático, lo importante es tenerlo claro. Yo, por ejemplo, no tengo ningún candidato en el panorama autonómico, ni en el nacional y , por supuesto, en el internacional
Besos
p.d. Creo que la jornada de reflexión, no le hará falta, señor CHousa
Os pelos arrepiados do Rabeno
poida que nos indiquen
o que nos espera.
Un biquiño
Home, mirando a fauna que nos goberna penso que o gatiño rabeno non o faría pior.
Levo pensando un anaco e todavía non sei que poñer.
Estou cos pelos de punta como este rabeno.
bicos Chousa.
Dille a ese rabeno que conte co meu voto
Vota por Rabeño aunque si no roba y es sincero...va mal en la política.
Moito me gustou o teu blogue, é coma un diccionario das cousas que perdemos, co tempo e con esta teima de emigrar... Métoo nos favoritos do meu, para non perdelo de vista.
Publicar un comentario