martes, 11 de setembro de 2012

Recreo

Soan trompetas e claríns. Afíanse lápices e búscanse rotuladores novos para debuxar vellos corazóns de plastilina.
En tendedeiros cargadiños de Mimosín ondean mandilóns azuis de cadriños brancos, dispostos para impartir pedagoxías con tizas de cores.
E, no medio do fragor da batalla, os nenos de Primaria debatémonos entre o bulebule de saber se á mestra do ano pasado lle medrou a coleta, ou o temor por se tamén  nos van amolar cun recorte no recreo.

Foto: Entrenando para o recreo.

12 comentarios:

Dilaida dixo...

No recreo non sei, ao mellor alugan a metade do patio para montar un feirón ou algo polo estilo.
Onde vai haber recortes vai ser no espazo das aulas, o mesmo os alumnos teñen que compartir cadeiras de dous en dous ou establecer quendas para poder sentar.
A foto moi fermosa.
Bicos

Eva G. Rei dixo...

Fermoso texto para a entrada do curso. Van cumprir moitas fermosas palabras...

Merce dixo...

Xa empezas o cole? vaia... imaxino o patio do recreo con todos nos (os que aqui che escribimos) con menos de metro e medio de altura e xogando coma tolos correndo sen parar, mola :)

Biquiños!!!

susana moo dixo...

Viva o recreo! sen dúbida o mais educativo na escola.

Paz Zeltia dixo...

Alguén que leva un neno dentro non podía deixar de emocionarse co comenzo do curso...
pero eses dous que entrenan para o recreo danme un pouco de medo: recórdanme a miña ganta cando se pon demoníaca.

matrioska_verde dixo...

pois o do recorte no recreo non me extrañaría nada, que este políticos nosos quitan por donde mais doe, e como hai tanto fracaso escolar ó mellor pensan que é por falta de horas de estudo.

biquiños,

Unknown dixo...

Hola
Me llamo Sandra y tengo un directorio web. Me ha encantado tu sitio! Tienes unos post muy interesantes, te felicito!!. Haces una labor fascinante con tu web. Por ello, me gustaría incluir un enlace de tu sitio en mi directorio. Así mis usuarios podrán visitarte.
Por favor, avísame si estás interesada.
Besos y éxitos con tu sitio web! :)
Sandra.

Raposo dixo...

O recorte dos profes ou o do comedor pase, pero os minutos do recreo que non mos toquen, que non mos toquen!!!

Carlosm dixo...

Um neno de primaria moito ajeitado pelas ansias que amosa.Saudos.Carlosm

Harmonía dixo...

Se recortar o recreo servise de algo...
Menos mal que os nenos de Primaria non perden o seu tempo cavilando en tales temores! Sonche moi listos!!! ;-)

mariola dixo...

Se quitan o recreo, póñome como o gato da foto, e rabuño a todo o que se me poña por diante!
Vamos, home!
bicos agarimosos chousa.

Cuspedepita dixo...

Ufffffffffffff, menos mal que sigo en Infantil.

Chuchos