mércores, 1 de febreiro de 2012

Entroido

Deberíades planificar uns días de vacacións para o entroido, e vir por Antas en tales datas. Non ides coñecer a ninguén, que imos todos disfrazados.
O Ulla vai de Támesis e o Farelo está empeñado en vestirse de Everest. O queixo vai ser delicadísimo caviar e o pan dulce de maná amasado en artesas de diamante.
Xa hai quen dí que, no fondo, todo muda para non cambiar o que xa é toda a roda do ano.

Foto: Portugalízate

30 comentarios:

Blogboreta dixo...

Por eiquí andanche todos co traxe do emperador... ;)

Bicos con morriña de filloas.

xenevra dixo...

Fermoso e atraínte convite. Eu optei este ano por pasar o entroido nas terras da outra beira do Minho. Se cadra apaño un fado e visto con el todo o ano.
Pasádeo moi ben, aínda que máis ca un desexo pinta unha realidade.

matrioska_verde dixo...

nunca fun de moitos disfraces pero sí é verdade que algún ano me disfracei: açí lucín de india, de animadora e de trapalleira, que é o que mais me gusta.

biquiños,

P.d.: do monumento á muller, decirche que podes interpretalo como máis gustes...

para mín está claro... o corpiño vese ben coas súas curvas e todo... despóis o oco do ventre é o oco da maternidade ven grandiño, tanto que casi ocupa todo o se u corpo, tamén simboliza o sexo... e o oco de enriba é o oco donde vai o corazón, un corazón ó "ventimperio".

e non hai máis.

Ginebra dixo...

y después de lo que tú has dicho, a mí me queda por decir lo que los Siniestro dijeron en su día (así se tituló uno de sus discos):"Menos mal que nos queda Portugal":)
Bicos y besos a la par

Alís dixo...

De boa gana planificaba esas vacacións. Poida que o faga, pero como chegarei disfrazada non creo nin que me recoñezas...

Bicos

paideleo dixo...

A min gústame o entruido anque teña que disfrazarme de portugués...se existe tal disfraz.
Todo sexa con tal de non levar garabata.

Trasno dixo...

Canto che pagan os panadeiros e queixeiros de Antas pola publiciade que lles fas? jeje

susana moo dixo...

pois si que me gustaría coñecer Antas.
Non sabes o que me pasou onte. Estaba falando cunha muller e me di:
- Eu non son de aquí, son de Lugo.
- De Lugo, Lugo?
- Non, De cerca de MOnterroso, de Antas de Ulla.
I eu, coma se tivera alí un pazo_

-¡¡¡¿¿¿De Antas de Ullaaaa!!!???

I ela:
- Si, dalí son meus pais e os pais do meu home tamén, e vou sempre que podo, levamos as nenas e pásano en grande cos primos, alí a vida é diferente, xogan na rúa, andan en bici hasta as doce da noite...

Por certo, estou traducindo, porque a muller me falaba en castelán ... ;(
En fin, que haberá que darse un garbeo por Antas, con disfraz ou sen el.

Marisa dixo...

Hai que anda de entroido todo o ano
vestirase para eses intres con caretas de bonito.

Bicos dende a Rias Baixas.

Carlosm dixo...

Vou votar este posteo para gañador de concurso anual. Já tinha eu visto estes cartaces polo norte de Portugal e bem que chamaron a minha atenciom numa primeira vez. De que te vas enmascarar ti este ano?.Saudos.Carlosm

mfc dixo...

Aqui também há Entrudo... todo o ano!!!

Chousa da Alcandra dixo...

Mfc: todo quisque con máscara (máis ou menos atinada).
Carlosm: Xa vexo que che gustou a unión.
Marisa: a cuestión é ter ocasión de interpretar outro papel :-)
Susana Moo: Esa veciña miña leva moito tempo exposta á radiación castelafalante viguesa. Pobriña!
Trasno: teño empanadas e pan de balde de xeito vitalicio :-)
Paideleo: hai portugueses moi engravatados tamén ;-)
Alís: Era boa idea organizar unha xuntanza de disfraces na Chousa.
Ginebra: e que nos quede por moito tempo!
Aldabra: Como é o disfraz de trapalleira?
Xenevra: Seguro que vestida de fado irás en clave de sol.
Blogboreta: As filloas con sangue ou con leite?

Merce dixo...

Pois para min o queixo, non deberia deixar de ser queixo...

Bicos de nata!!!

A nena do paraugas dixo...

En lugar de disfrazarme, no Entroido saco a careta. Por aquilo de ir á contra. Que lle queres? Seica saín algo rebelde.

Bicos enfariñados.

mariajesusparadela dixo...

¡¡¡¡santísimo sacramento portugués!!!Chousiña, qué cousas tés.

Aniña (@vampyevil) dixo...

Galiza y Protugal siempre fueron hermanas no?un besito

Chousa da Alcandra dixo...

Merce: pois mira se deixa de ser queixo en La France, que lle din fromage!
Nena do Paraugas: eu píntoa de novo ou cámbiolle a goma!
María Jesús: E sin telo tentado, lograches un pareado!
Aniña: E que sigan sendoo :-)

Anónimo dixo...

Que quere que lle diga? Que as cousas coa que está chovendo pareza que son unha cousa un par de días e logo volten ao de sempre non é que compense moito. Pero xa lle digo, non son moi entroideiro.

A.C. dixo...

Moito me gustou eso de que "todo muda para non cambiar". No fondo pasa algo asi, anque o Ulla se vai de Tamesis terá que aprender a falar ingles jaja
Bicos

Chousa da Alcandra dixo...

Kaplan: Boeno, home; pero tampouco imos estar no velorio todo o tempo, que xa chega cos telexornais.
A.C.: E logo ti non lle escoitaches os exercicios de pronuncia que fai polas cascadas?

Filoxera dixo...

As partidas de Carnaval partem do Governo, este ano...
Beijos.

Paz Zeltia dixo...

Pois se organizades un baile de máscaras en Antas, avisa, que eu vou de funcionaria!
[eu creo que, por desgracia, todos imos algo disfrazados o ano enteiro]

Raposo dixo...

Eu por ver o caviar en artesas de diamante vou onde faga falta!

mariola dixo...

Pois haberá que ir a Antas, a tomar ese queixiño e ese pan dulce do que falas.
Aínda que non sei se me chegará o gasoil con tanto recorte...

Biquiños disfrazados de bolboreta ou papoia que tamén e moi fermosa a palabra.

Maribel-bel dixo...

Deus che conserve a frescura e dilixencia para amosar con fartura a risa. Bendita sexa. Un bico

Chousa da Alcandra dixo...

Rula: benvido sexa sempre don carnal!
Filoxera: disfrazados van os gobernos todos, incluso fora do entroido.
Zeltia: ese disfraz estache moi solicitado, creo que haberá oposicións.
Raposo: aviso que estará escoltado o caviar e maila artesa :-)
Mariola: pois apaga o coche nas costas abaixo! :-)
Maribel-bel: E ti que o que o vexas. Amén

matrioska_verde dixo...

o disfraz de "trapalleira" é ir vestida de calquera cousa, roupa tras roupa sin ir vestida de nada en concreto, ¿entendes?.

eu lle chamo así, ó mellor chámase de outra maneira, ben, non o sei.

bqñs,

Harmonía dixo...

Prefiro asomarme a ver o Farelo vestido de branco Everest, que o Ulla de Támesis coa auga avolta. Se ademais nos agasallas con pan e queixo, voando imos!!

["todo muda para non cambiar"... tamén no ámbito político; non sei desta vez os tiros ían algo por aí...]

Xa estou buscando o disfraz! ;-)

Kim Basinguer dixo...

Me encantaria estar por esos lares...

Sabela Arias dixo...

É unha pena que remate o antroido, estes días ves moita xente que aínda non sacou a máscara, estou con vos, menos mal que nos queda Portugal!!
Saudos
Sabela