Campando polas chairas, agochándose tralos soutos, rodeando montes, cabalgando por pastizais e arrasando labradíos. Un rapaciño nú e con cara anxelical anda facendo o perello con aparente impunidade.
Fuxido da gardería do Olimpo, onde xogaba cun arco imaxinario a lanzar frechas inexistentes; advirten as autoridades que esa arma metamorfoseou, e agora os dardos que o raparigo cuspe a esgalla por ese arco das maxias, ao encetarse nos corazóns, fan mudar a razón e mailos pensamentos nunha sorte de ledicias alucinatorias con pintas de sensacións ascéticas.
Contan que ese cuspe atravesa escudos de rexeitamento e corazas de protección con doada facilidade; así que tede coidadiño (se queredes) de non pasar polo seu punto de mira (se podedes). Sabede que o Sergas non cubre (tampouco) esta doenza, nin hai fármacos axeitados para aliviar a sintomatoloxía que presenta.
Foto: Cupido a piques de cuspir
22 comentarios:
Cupid on the verge of spitting!!!
;-)
:-)))
Kissesss
nunca mejor dicho!
:)
me encanto volverte a leer, grandes verdades...
¡Cuidado con sus flechas! tiene puntería y están cargadas de un veneno tal que puede llegar a ser mortífero: ni se ve, ni se oye, uno vive en un mundo diferente cuando es tocado por una de estas flechas, Chousa.
Mejor quedarse en la retaguardia, ¿o no?
Bicos
Hoxe é o día dos namorados!
Cupido xa fixo de min o que quixo e agora son presa dese amor que me ten tan engaiolada,que non sei...non sei...ata que punto será bo isto,pois agora teño unha doenza que non hai quen ma sande!
Unha fermosa entrada para o día de hoxe.
Un saúdo.
En algún momento a maioría sucumbimos a ese "cuspido"
e o que non o fixo non vexas
canto suspira por el.
Apertas e bicos.
Moito peligro ten ese primo meu jejeje
Haberá que andar con ollo, porque seica tamén ataca por detrás!
Non sei se prefiro frechas ou cuspe...
boh, a enfermedade esa non che ten mal ningún, quen ma dera e que non me curara! o malo que ten e que sanas, queiras ou non... e despois padeces o síndrome de abstinencia, e ese sí que é jodido!
Encetando os corazóns...
E que todo o que dis soa tan ben ...
que eu me deixo cuspir e cravar esas frechiñas con total abandono.
BICOS!
Se houvesse remédios para essa maleita é que seria bom!
jajajaja como me gustou a tua vision do cupido ise mola!!!
ainda que eu non che teño claro se e que o inventou o corte ingles....
biquiños a moreas :)))
E o que aconteçe cando non se vigia aos meninhos como se deveria.Saudos.Carlosm
o meu xa non tén remedio, si mo dixeras antes o mesmo podería facer algo... je je...
bqñs,
Cuspidiño, cuspidiño! Tal cal!
E para que queremos que o Sergas cubra esta doenza? Anda! UQe non terá o SERGAS outras cousas que facer...! E que cobrir!
Menos mal que yo estoy vacunada, que estrés eso de enamorarse, para lo único bueno es para recuperar la línea porque se pierde hasta el apetito :))
biquiños
Que cuspa para arriba, máis para arriba, que alí nas alturas falta moito de "ledicias alucinatorias con pintas de sensacións ascéticas". Claro que como teñen sanidade privada igual xa atoparon a cura e non se deixan amolecer e así nos vai.
Agora caio por qué algúns cando caen no embruxo ise, andan ca baba colgando... ;)
bicazos!!
Ti falaS boniTo pero estas Historias son puro coMercio
Moitos saudoS
V. Karpin
Nunca un cuspe foi tan alalado!
que dispare, e que dispare suave, e dispare con tino para ferver pero non queimar.
Todos temos que levar un frechazo deses polo menos unha vez na vida.
O de curalo lévase de xeitos distintos pero sempre quedan cicatrices.
Eu xuraría que xa comentara aquí. Creo que algún deus ou trasno engrazado anda a facer malabarismos coa miña memoria.
Publicar un comentario