sábado, 5 de novembro de 2011

Pan

Ser de Antas comporta moitas ledicias, algunhas marabillas e certos privilexios que a todo ullán/ullá nos gusta compartir (dicimos que non se goza plenamente ata que se ve disfrutar a quen nos rodea). Por iso, nesta terra do bo pan, tamén sabemos aprezar as boas fornadas que se cocen noutros fornos.
Mólame hoxe misturar a nosa masa coa de Cea para levedar un pan con sabor a lingua: disfrutádeo tanto coma min, por favor

A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.

Magnífico traballo do Colexio Virxe da Saleta de Cea. Rebuxos de palabras para tod@s!

27 comentarios:

Paz Zeltia dixo...

pareceume tan tierniño coma o propio pan de Cea!

e lembroume aqueloutro lipdub do IES Pintor Colmeiro de Silleda, fresco e orixinal.

http://www.youtube.com/watch?v=X9ctjGe5iAQ

Trasno dixo...

Boa amasada si señor. Eu tamén saboreo ese sabor a pan da lingua.

mfc dixo...

A alegria está no nosso olhar e na beleza partilhada.

peke dixo...

Moi bo!

A.C. dixo...

Menudo traballo o dos profes. Pa que logo digan que non a rascan jeje.
Gustoume a unión que propós do pan de Antas e Cea con eses rebuxos de palabras.
Bicos

Concha L. F. dixo...

Aplausos para vostede, señor da Chousa, por ter traído este video tan saboroso.
Aplausos tamén para os meus compañeiros e compañeiras de Cea e para o alumnado por este tan ben realizado traballo.

Carlosm dixo...

Esa farinha que lanzan ó ar os nenos de Cea son palabrinhas fermosas que gosto esoitar. Parabens ao Cole de Cea e obrigado a ti por traernos este molete da lingua asim de fresquinho.Saudos.Carlosm

Harmonía dixo...

Parabéns para o Cole de Cea!! Por esa inxeñosa fornada a base de pan, lingua, música e entusiasmo!
Grazas a ti, Chousa, por amosárnolo.

E, por suposto, a min tamén me recordou ao lipdub do Colmeiro :-))

E non sufra, home: na mesma cesta pode vostede mesturar pan de Cea, de Antas e ata do Deza (tamén ben saboroso!:-)Os comensais agradeceranllo!

mariajesusparadela dixo...

Chegoume por correo, pero non me canso de velo.
Con recortes e sen recortes, os profes de Cea merecen un fortísimo aplauso.

Chousa da Alcandra dixo...

Aplaudo ata coas orellas.

Con marabillas así...non sufro!

Eu tamén quero enfariñarme.

Solo son (un) mensaxeiro.

Ás veces tamén a rañan :-)

Boísimo.

Concordo plenamente.

Saborealo da gusto.

A lingua sempre ten esa textura dulce.

(Non puxen nomes, pero...á que sabedes a quen respostei?.Lisssst@s coma allos sodes)

Son Unha Xoaniña dixo...

Parabéns aos mestres polo traballo maravilloso que amosa este video.
Encantoume.

Raposo dixo...

Con esa masa o futuro do pan está asegurado.
Encantoume. Emocionoume. Parabens o Colexio Virxe da Saleta de Cea (e a ti polo de mensaxeiro).

susana moo dixo...

Que súper aplauso para os profes de cea, eso, coas orellas tamén.
E eu que nunca che probei o pan de Antas, a ver cando te esmeras home, a ver cando.

Anónimo dixo...

Coñezo tanto o vídeo como o pan de Cea e o pan de Antas, e non podo estar máis de acordo con vde, señor Chousa: a nosa lingua sabe a pan, teñámola sempre na boca.

mariola dixo...

Pan con sabor a lingua, precioso.
Bonito vídeo que fan estes nenos de Cea.
Encantoume.
Invita a saborear a nosa lingua un pouquiño máis, a misturar as palabras con cores e risas infantís.
un bico bailarín.

Anónimo dixo...

Tendo unha lingua como temos e non empregala, sería como non comer o magnífico pan do que podemos disfrutar (de Cea, de Antas, de Carral...). Asi de clariño o deixa o video. Mui ben

Ginebra dixo...

Pensé que iban a decantarse por el tema de Siniestro Total, pero no me han decepcionado para nada, está muy chulo.
¡qué pandi! seguro que se lo pasaron pipa.
Por cierto, ese pan debe estar de muerte, ¿no?. Me lo imagino en rebanadas con jamón de pata negra de mi tierra y aceite de oliva (también extremeño a poder ser:)

Besos

Merce dixo...

Por iso a nosa lingua e tan "rica"

Boteite de menos...

;)

busto.agolada dixo...

Feliz entrada esta que tan sabiamente conxuga lingua e pan, alimentos do corpo e o espírito para un pobo que sabe e goza en boca de tan prezados tesouros.
Gustoume a orixinalidade e posta en escena dos alumnos e profesores de Cea e tamén que desde a Chousa nos achegues esta pequena xoia.
Moitas apertas.

Anónimo dixo...

Grazas a traballos tan magníficos coma este é unha das razóns que me fai pensar que o galego sí que ten un camiño por diante, fronte a aqueles que din que non e asi. Os mestres tedes moito que aportar neste sentido, asi que moitos parabens por facernos felices a todos aqueles que amamos a lengua galega.
Unha aperta garimosa desde Burgos e moitos azos para continuar, tanto co traballo profesional na aula como con este magnífico blog que sempre gosto de visitar.
Xohan F. Regueiro

Chousa da Alcandra dixo...

Prezado Xohan. Obrigado polas túas palabras, máis debo dicirche que eu non son mestre (e non é por falta de consellos reiterados que a miña nai me daba de neno, encamiñándome cara a docencia).

paideleo dixo...

Ía falar deste vídeo e adiantácheste.
Outra vez será.

pitima dixo...

ai.. qué pasou co meu coment??

Dicía que é un magnífico traballo. Precioso ver ós nenos e nenas colaborando nalgo tan bonito de ver..

Bicos amasados coa... língua! jaja

¿Estasme a traballar neso?

Vou mirar o correo a ver se hai novas túas...

Chousa da Alcandra dixo...

Algún gararabato fixen Pitima, pero xa sabes que a inspiración é moi caprichosa :-) Tereite informada

Marisa dixo...

Un gran traballo,
si señor,aplausos
por esta boa amasada.

Biquiños para tí e para eles.

matrioska_verde dixo...

nin idea de que o pan de Antas fora tamén bó, si ben é verdade que o pan de Galicia é todo ben saboroso.

o pan de cea si que o coñezo, é mais, unha vez estiven na feira.

biquiños,

cando poida vexo o vídeo.

d:D´ dixo...

Bos días amicus:
Magnífico, sensacional, fantástico, tremendo...y así sucesivamente.
Julián Hernández tendría que haber visto esto; estoy seguro que si lo conoce ha aplaudido todo lo realizado.
Parabens a todos, incluidos los que lo difunden por la red.
Los chavales son realmente fantásticos cuando se encuentran bajo la responsabilidad pedagógica de profesores con vocación que les transmiten inquietudes más allá de lo meramente especulativo.Cuando sean mayores podrán recordar su gran participación en algo que les dará ideas en la vida. Tomando derroteros diferentes, todos podrán decir que en común participaron de una idea sobrecogedora. Ya me imagino el comportamiento. Esto lo engrandece todo, a la lengua galaica y a sus alumnos más todavía; a sus profesores y a sus gentes en plural.
Sorprendido, muy sorprendido y emocionado...
Breves saludos
Ogol DEIC amicus...