Atinado enfoque de luz que reverbera ledicias de espiñas mamiñas e que tinxe de marelo o ar coa mesma potencia visual coa que adorna o chan de percusións sutís en cada paso.
Cancela de invernías húmidas, fiestra de cálidos veráns; incluso pechada deixas entrar, e sin abrirte permites saír.
Foto: Camiño de Portos (Antas de Ulla)
17 comentarios:
Poemas de natureza, no día de reflexión. Quédome coa luz, con poder entrar e sair e coas fermosas palabras con que describes. Un besiño (escondidos)
Se se entra e se sae, non se precisa porta.
Para min, a do outono, nin porta é, que xa estou dentro. Pero quixen sair e, malpocada, empurráronme cara ó inverno.
Que bonito saiu o meu fogar. E que lindas palabriñas lle adicas! Grazas Chousa.
Coma a cancela, o outono é fiestra e porta de tránsito, fermosa semellanza.
[cantas veces, de pequena, saltei polo ocos de cancelas semellantes! Gratos recordos:-)]
Axeitada "reflexión" NESTA "anunciada" finde, (fin de que??)
Quédome coa ledicia da imaxe visual, agrada moito!
Un camino muy luminoso, y es que la luz de otoño después de la lluvia es mágica.
¿es un castaño? creo que sí, pero no puedo apreciarlo mucho en la foto.
Precioso camino y precioso árbol.
Besos
A foto é lindíssima... e a ironia continua afiada!
Esa cancela que "pechada deixa entrar e sin abrirse permite sair" semelha que está convidándome a adentrarme na espesura da cor amarela percusionando cos meus pes en cada pisada.Poesia de outono a granel, disfrazada de prosa de caminhante.Saudos.Carlosm
Nom lembrava: vota bem, que boa falta ha facer.
Esa e unha estampa ben bonita, e non a fumieira dos tubos de escape que vexo cada dia. Bicos
Poesía en Antas.
Ánimos e sorte (falta nos fai!), e moita, moita poesía.
Atinado outono que describes con gusto e mimo, deixándonos ser partícipes destas cores que invitan ó sosego e a contemplación.
Atinadas palabras cálidas, onde a follaxe quere envolver o ar facéndolle cóxegas coas folliñas amarelas.
Gústame a mirada tranquila que transmites.
Un bico cheo desa luz única e propia que ten o outono.
ese recantiño é todo harmonía de formas e cores.
suxerente
para soñar.
(eu que sempre imaxino casiñas diminutas, tamén baixo as copas dos castiñeiros)
¡canta poesía nas túas atinadas alabras!
describes con moito arte esa luz outonal.
biquiños,
Pois non todo precisa ser aberto para sernos, nin precisamos de saídas cando somos. Na mestura incorpórea das cores a esencia flúe dende as copas das follas ata as raiceiras máis fondas.
un beixo de outono dende o corazón desta Galiza morna.
Disfrutade do outono e deixádevos de landainas; que chegará o día que ata por ese disfrute haberá que pagar impostos.
Tão bonito, este teu post...
Uma prosa que nos embala em poesia.
Beijos.
Acabaré aprendiendo gallego. Puedo deducir las alabanzas al texto, solo con la contemplación de la imagen. Otra que te voy a tomar prestada.
(Después de tanto "robo" contactaré contigo a través de esa dirección de mail que indicas en este blog para contarte mi proyecto.)
A. Ruiz
Publicar un comentario