martes, 22 de novembro de 2011

Moncloa

Por moi bonito que poida aparentar, eso de que che asignen residencia oficial ten que ser un encordio. 
Aínda que o tilden de pazo e o adornen con escudos e bandeiras, non deixa de ser un espazo no que te arrecantan por unha tempada. Ata semella que foses un infestado que necesariamente ten que afastarse do resto da sociedade. Ou cando a asignan é por iso?

Foto: Moncloiña en A Guarda


23 comentarios:

Blogboreta dixo...

Se só lles arrendaran o pazo, pero vaivos incluido o país... ¿ Está libre a moncloiña? Pinta ben pra resgardarse...

Biquiños frescos.

Paz Zeltia dixo...

que saída, Chousa, que ocorrencia...!
[gústame esa maneira de velo]

eu fun votar, eh! fixen o que puden, pero xa ves

mariola dixo...

Non hai como ter unha casa propia onde non haxa eco de vidas anteriores.
Pero claro, a éstos dalles o mesmo que pola noite fagan bacanais todas a voces xuntas, debe de haber un revoltixo...
Gústame esa casiña, parece ben acolledora, caberían todos?
bicos libres.

Raposo dixo...

Eu cambiaría o letreiro da casoupa. En vez de "Ollo o can" poñería "Ollo a Rajoy, que morde". E senon o tempo.

busto.agolada dixo...

Nesta "moncloíña" da Garda polo menos avisan de que teñamos coidado co can. Na outra Moncloa tamén avisan de que vai boas trabadas e recortes. Esperemos que non amputacións. A min o espazo non me preocupa nin pola estética nin polos enfeites. Sempre me preocupa o cacho can que sae de dentro e a boca que traba. Existirá a antirrábica moncloíta?
Apertas e resignación.

mariajesusparadela dixo...

Pois o can que vai para a Moncloíña vainos amolar ben...

Pedrasss de Santiago dixo...

Hoxe tocaba falar dos "socicultural aspects of de UK"... Ó comentar as características (así de pasada) do Buckingham Palace, un rapaz preguntou: "e no Palacio da Moncloa onde vai vivir o presidente, ese que ganou as eleccións, tamén hai 78 baños?"

...?!? Se ese fose o único problema do futuro inmediato!!

Chousa, moi agudo!! -coma sempre;-)

Trasno dixo...

Vou dicircho en castelán, para adaptarme a los nuevosh tiemposh:
Esh ushted un provocador sheñor Chousha! jajajajaja.
Non sei como te arreglas para estar sempre ó día sin caer no habitual

Son Unha Xoaniña dixo...

Non está mal a casiña, é pequena, discreta e acolledora, o mesmiño que estoutra na que se vai instalar o Rajoy.
Deus nos colla confesados...
Saúdos.

Belén dixo...

NO creo que sean apestados, si todos se pelean por llegar ahí...

Besicos

la cocina de frabisa dixo...

Quiero pensar que a nadie le gusta irse de su casa y mucho menos para una jaula de cristal, llena de señores que quieren cuidarte y protegerte, aunque hagan tareas de las que reniegas a diario.... a mí, me espantaría.

Claro que yo no quiero ser política y otros matan por serlo..

biquiños

Maribel-bel dixo...

Non tes falta de rexistros, non amoleces e segues coa maestría de sempre, de esta vez para decir que os que non merecen vivir en sociedade son apartados. Perdón, creo que o razoei mal, booo. Biquiños dende a miña casiña.

Carmen D. dixo...

O mellor de todo, o de "Ollo o can". Na outra Moncloa tamén estaría ben un cartel coma ese (ups!)
Biquiños.

Carmen.

Anónimo dixo...

No pois o "can" que estaba na moncloíta...

matrioska_verde dixo...

pois pode que teñas razón, Chousa, pode que sexa por eso.

eu tamén fun votar, como Zeltia, tamén fixen o que puden.

biquiños,

Ginebra dixo...

Bueno, yo no cambiaba mi casa por Moncloa, desde luego, pero hay gente "p'a tó" y he de decir que se matan por vivir allí:)
Besos

Paz Zeltia dixo...

Chousa:
pousa un pouquiño a maceta e o cincel,
que xa boto de menos as túas pinzas de crustáceo polo meu blog...
(o mesmo lle deixei dito a Kaplan... non andaredes por aí os dous de carallada!)

Concha L. F. dixo...

Ben. Ocupar un pazo así, aínda que sexa temporalmente, con cartos bastantes para mantelo e con xente a disposición que vaia indo detrás da fregona e do ferro de pasar, mentres se sae nas fotos e se viaxa en avión privado, non debe estar tan mal. Se non fose así, non habería tantos cobadazos por chegar a tal mansión, digo eu!

Carlosm dixo...

Nom me dan lastima nengunha os cans que tenhen caseto, con advertencia das suas mandibulas incluida. Calquer can de palheiro se mudaria con gosto para tal palacete como a Moncloinha. Eu incluido.Saudos.Carlosm

Anónimo dixo...

Pois incordio será, pero xa viu como houbo case bofetadas entre os posibles inquilinos por mudarse a ela (e non por ter a renda baixa precisamente)

susana moo dixo...

Eu me pregunto si cambiarán de colchón, de sabanas e de almofada ou empregarán as que xa había.

Moi promiscuo é este asunto.

mfc dixo...

Há quem o entenda como permanente... e o queira permanente!!

Eva G. Rei dixo...

Ao mellor é algo buscado, para que os seus habitantes estean afastados da realidade.