venres, 23 de setembro de 2011

Golo

Antonte a abundancia financiábase co sobrante do que non tiñamos e, se fose preciso, sempre se podía botar man do saco das carencias para continuar nadando na piscina do exceso.
De súpeto, a alguén se lle ocurriu prender a luz e descubrimos que non era auga o líquido no que nos bañabamos... Naturalmente o primeiro que se fixo foi buscar un culpable; pero había tantos que incluso existía risco de acabar incriminados. Entón abriuse o mecanismo último de defensa: cabrearse con todo o que se menea e poñer cara de mala hostia co que está quedo.
Como non imos facer nada ó decatarnos que o corno da fortuna que nos espetaron estaba golo, e ficar así  coa propia fantasía ós pés dos cabalos?

Foto: Pazo de Raxoi. Perspectiva actual

23 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

Ise casco dereito e luminoso está perfecto para defenestrar.

Anónimo dixo...

Xa o di sempre a miña mai: días de moito rir, vésperas de moito chorar. Velaí ten o noso presente.
A foto é moi boa (o cabalo de Raxoi, non si?)

A nena do paraugas dixo...

Pois hai xente que sigue sen facer nada e ademais bótalle a culpa ao cabalo polo mal paso que quen o mandaba lle fixo dar.
Non me estraña entón que, quen realmente ten a culpa dos malos pasos, encha a diario as arcas e, quen non a ten, teña que encherllas a costa de quedar sen pan para levar á boca.

Anónimo dixo...

Non sei onde teño a cabeza: esquecín dicirlle que ten un traballiño á espera en Ithaca.

Blogboreta dixo...

Axeónllome.


Bicos extasiados.

Carlosm dixo...

Aos pes dos cabalos estamos pese a quen lle pese. Imos ver que nom nos manquen con as ferraduras.Atinada fotografia cargada de actualidade.Saudos.Carlosm

Trasno dixo...

Si que hai moita moita xente que se levanta cabreada si. Pero tanto ten que esteñan baixo os cascos dos cabalos ou montando enriba deles: mala uva continua

Anónimo dixo...

Habia tempo que non escoitaba a expresion ¨golo¨ pra referirse a algo que non ten nada dentro. Miña abuela decia eso das noces e avellanas que estaban vacias.Gracias por axudarme a recuperar aquela memoria.
A.

A.C. dixo...

Jaja o SOBRANTE DO QUE NON TIÑAMOS fixo que nos puxeramos como nos puxemos. Tanto exceso habia que pagalo, pero eu vexo enriba do cabalo sempre os mesmos. Bicos

mfc dixo...

Na Idade Média era mais fácil livrarmo-nos destes demónios...

pitima dixo...

Eu non me queixo...

Espera o peor
espera o peor..

http://www.youtube.com/watch?v=kAcHnna7o8w&feature=related

Pois eso.

Mentres nos queden femias e machos... jaja

Bicos ó galope...

Anónimo dixo...

Aqui, bajo los pies de los caballos, nos llevaron quienes ahora juran que nos sacarán. Yo lo que creo es que ellos saldrán al galope. Y usted?
Buen artículo

Ginebra dixo...

Está claro que la perspectiva actual es jodida, Chousa.
Nos han engañado y nosotros nos hemos dejado engañar también.
Hemos "nadado en la abundancia", sin saber o ser conscientes de que esa abundancia era irreal.
Ahora pagamos justos por pecadores en recortes y tijeretazos.
Besos

mariola dixo...

O cabalo desbocado presaxia tempos aínda peores... eu xa quero correr..

un biquiño manso- de momento- porque ata iso quitarán.

susana moo dixo...

Recórdasme ao cabalo golo de troia. Ainda que aquel, golo golo non estaba, mais ben cheiño de guerreiros asasinos...

Paz Zeltia dixo...

...pero había tantos que incluso existía risco de acabar incriminados.

pois si.

nisto, e noutras moitas outras cousas, todos somos culpables [inda que só sexa por pasar de todo]

Chousa da Alcandra dixo...

Con tanta noticia nada boa, non puiden evitar retrotraer aquí esta imaxe que captei durante a espera dun concerto que deu un flautista vigués en Compostela. Ata alí nos arrecantaron ós que -despois de pagar- chegamos non tan cedo coma outros.
Arrecantados e ós pés dos cabalos. Así nos teñen as noticias tamén hoxe, despois de cobrarnos ben cobrada a entrada...; pero non se preocupen vosas mercedes que xa cambio o disco axiña, que para oir chorar non fai falla bloguear...

Paz Zeltia dixo...

;-)

Raposo dixo...

Pois non coñecía a palabra golo, entendo que quer dicir baleiro. Tódolos días se aprende algo, recoiro!!

Anónimo dixo...

Es verdad cuanto dices y sobre todo hay valentía en ese reconocimiento de muy posible autoincriminación. Ahora hacen falta valientes que estén dispuestos a dejar de protestar y arrimar el hombro. Cree usted que los habrá, Chousa?

Anónimo dixo...

No va a publicar mi comentario?. La censura es un síntoma de cobardía.

matrioska_verde dixo...

si non era auga ¿qué era?, ¿merda?

¡está todo moi revolto!

biquiños,

Wendy dixo...

Un frase famosa al hilo: los humanos actuamos como si viviérmaos en una piscina llena de mierda y nuestra preocupación principal se redujera a que nadie levante olas.

Y si hay alguien que las levanta...le llamamos golpista y jacobino; que no se diga.