sábado, 26 de marzo de 2011

Asalar

Despois das friaxes da invernía, logo da reiteración nas treboadas ventosas de novembro e das neves purificadoras do nadal; asómase con timidez a primaveira.
E chega lucindo louzanía, facendo ostentación da súa picardía floral, das súas humidades latentes e do seu poderío cromáticamente engaiolador.
Preséntase amodiño, como facéndose de rogar, como asalando...

Foto: Xardín en Lalín. Tirámonos ás reboladas?

29 comentarios:

mfc dixo...

Ohhh... já fugiu!!
... mas vai voltar!

Blogboreta dixo...

Síiiii, síiiii, síiiii... voltaron as gañas de follar!!!!!!!!!

:p :p :p :P Vostedes perdoen, foi a emoción do momento.

pd. Non atopo o que é asalar por ningures. :/

xenevra dixo...

E canda a primavera chego ata esta ventá lembrar as paisaxes coñecidas e re-coñecidas.
Que florezan mil primaveras...

Marisa dixo...

E tan de rogar, cando xa estabamos afacéndonos a raiola do sol hoxe
temos tempo de inverno, será
cousa da "primavera loca".

Moitos bicos

Carlosm dixo...

Diz meu pai que as cousas boas todas entran moi de vagarinho, asim que a primaveira tamben entra dese jeito este ano. E já vejo que volves poeticamente engaiolador. A saber que e o que andas ti asalando. Saudos. Carlosm

mariola dixo...

Sí,ven amodiño, facendo ostentación da súa picardía floral, como ti dis.
E é que a primavera ven a agasallarnos, para que nos demos conta de hai que revivir,de buscar no alcacén, nos bidueiros, no río que discorre "ás agachadas", dos pastos e da nosa mirada.
É que a Primavera rexurde cada ano para que nos demos conta de que todo cambia,se transforma, de que hay un novo rexurdir, de deixarnos levar polo polo cheiro da herba húmida, pola nosa terra chea de arcos da vella e margaridas.
É que a Primavera eres ti e son eu, e somos todos nos, é que a Primavera ven a facernos cóxegas para que recordemos o vínculo coa vida que é o nos sustento.
un bico engaiolado.

A nena do paraugas dixo...

Con mimo e coidado, achégase. Primeiro cunha calor pouco usual e agora coas chuvias...

Dá gusto ver tanto verde. Que nos dure!

Un saúdo.

Bolboreteira dixo...

Estase facendo de rogar para facerse ainda máis desexada.
Encántame a foto, que lugar máis fermoso!
Bicos primaverais!

Milu dixo...

Me gusta la imagen que has puesto, "huele" a verde.
Bienvenida, primavera.

Un abrazo

Trasno dixo...

Certamente que elexiches unha foto-postal ben bonita para mostrar a fermosura da primavera. Verdadeiramente dan ganas de tirarse en reboladas por ese xardin tan ben coidado. Eso si, mellor non levar roupa branca.

GINEBRA dixo...

Se presenta esta dama vestida de blanco y nos deja obnubilados a todos (y algo más porque a los alérgicos les deja hechos polvo:))))
En fin, el Valle del Jerte ya ha comenzado a florecer, como esa huerta de tu foto en la que se ve un pequeño frutal.
Besos

Harmonía dixo...

Asalar (observar/asexar), un fermoso vocablo pouco utilizado.
A imaxe deste horto-xardín é un agasallo primaveral con tanto encanto! E si que anima a tirarse ás reboladas.
Ten razón Ginebra: o espazo encostado e irregular, recorda ás bancadas do Valle do Jerte coas cerdeiras en flor.
En terras do Deza tiña que estar!!
:-)

busto.agolada dixo...

A primavera é moi veidosa, hai que ver a diferenza que presentaba hoxe o xardín do pazo de Bendoiro respecto á imaxe luminosa que nos ofreces nesra entrada. Aínda nos queda auga e frío ata o 40 de maio. Tamén sol e calor, segundo capricho da primavera. Outra máis, para a ledicia e a esperanza.
Apertas.

Dilaida dixo...

Pois a verdade é que dan ganas de tirarse ás reboladas.
Non sei dende onde está vostede a axexar pero ten unhas vistas marabillosas.
Bicos

Chousa da Alcandra dixo...

Podo asegurar, e aseguro, que non pasaron máis domingos que un dende que a imaxe presidente foi tomada.
(Para que confirmemos o xa sabido: que ten que chover sobre mollado para lograr estas marabillas).
E seguirá chovendo (ogallá) para mollar o mollado. E cando non chova, sabede tod@s, que haberá que regalo!

zeltia dixo...

Non sei eu se non me marearía moito tirándome ás reboladas por aí abaixo, non me estraña que tiveras a ocorrencia, porque a herbiña e o terreo con esa inclinación... é o que pide!
menos mal que Harmonía nos sacou a mín e alguén máis por aí da dubida do que era asalar... sempre se aprende algo

Feliz primavera, Chousa, que sigas disfrutando de paisaxes tan fermosas (e compartindo)

Merce dixo...

asalar... non coñecia eu esa palabra :)

Pois si, eu necesito a primavera, pero o que me fai falla e que non chova o fin de semana que e cando poido sair a retratala grrrrrrrrrrrr

De verdade que o tempo confabulase en contra miña!!!

Bicos!!!

susana moo dixo...

ah! qué prado fermoso. Veña, imos, ás reboladas (pero hai que ter conta, que as manchas de verdín non saen na roupa)

Filoxera dixo...

Linda foto, para uma linda estação que acaba de se estrear...
Beijos.

Anónimo dixo...

Galicia es un Jardin fabuloso en primavera. Se que teneis que soportar inviernos rigurosos, pero merece la pena. Cuidad ese vergel que teneis y ese patrimonio tan rico. Con tu blog tambien lo haces. Enhorabuena por ello a la autora.
Un saludo desde Andalucía

A.C. dixo...

Ese xardin pide tirarse de reboladas ou simplemente contemplalo. Da gusto que chegue a primavera.

Kim Basinguer dixo...

¡Me encanta la primavera!

paideleo dixo...

Boa observación. Eres un bo asalidón...ou asalón ?.

Kaplan dixo...

...e co seu carácter máis que voluble. Pero déixea vir, que boa falta nos fai (apesar da mudanza para o horario de Vrao)

Aldabra dixo...

nótase que este texto non o escribiches hoxe porque vaia tarde que levamos de choiva!

da gustiño ver a tua chousa tan verdiña, logo dan gañas de revolcarse pola herba.

biquiños,

p.d.: referente ó post de Varsovia, ¿non me recoñeciche teñida de loira?... ¿a qué saín moi ben?... a foto é de fai uns dous anos pero mais ou menos consérvome igual... jejeje

fonsilleda dixo...

Segue chovendo ainda que xa vai cheirando de outra maneira é certo.
¿Lalín?, fermoso xardin e foto

A do outro lado da xanela dixo...

Disque chegou a primavera pero aquí é como estar en Siberia...

Teño ganas de rebolar!!!!

Bico!

Pitima dixo...

Pois aprendendo eu tamén nova palabra. Asalar...

Anda tímida polo de agora... pero xa logo se nos lanza picantona del todo... xa verás ti... Xastaremos listos para facer unha carreira ás reboladas.... Qué mareeeoooo.... jaja

Hoxe sí, veña... Bico rebozado nese verde que te quero verde.. jajaja

noa dixo...

encántame a primavera e os seus millóns de verdes! (heino poñer tamén no meu blog ;b)