sábado, 20 de marzo de 2010

Furtivas

















Mirando de esguello non se disfruta da panorámica coa mesma intensidade. Claro que hai ocasións nas que compre disimular por dous posibles motivos: para que non se decate a observada ou co fin de que pase inadvertido para quen mira que miras...
Tanto axuste de pupilas conleva riscos de desenfoques que non che permitan ver como se menea a dorna na cima das augas, ou os matices verdes do bikini que viste a camelia. E que o ollo humano é moi preciso; pero vai montado no corpo da "cámara" sen protección nin filtros.
Eso sí; nestas miradas furtivas hai ocasións nas que él mismo tenta instalar o trípode...

Foto: Olladas cara o mar de Arousa. (Ela no se ve...)

35 comentarios:

Chousa da Alcandra dixo...

Permítaseme a licencia blogueira para chamarlle camelia aínda que non o sexa. E que me escarallaba o razoamento un buxo, tan masculino él...

Harmonía dixo...

E eu que pensei que era unha magnolia.
Xeitosas e suxerentes miradas nos traes, Chousa.

fonsilleda dixo...

Jajajajajaja.
Chousiña, ás veces, cando che leo, dáme a impresiónde estar nun aula, cun mestre que se toma todas as molestias para que eu, torpe alumna, aprenda.
E claro, ver coa túa mirada, insignia e xa vou, xa vou aprendendo.
¡Ah!, esta é a túa casa polo que sobran licenzas; se a alguén lle molesta, xa sabe...
Bicos

zeltia dixo...

xa che ía dicir eu, que "a camelia" non estaba...nin con bikini, nin sen él.

esas dúas fotos que con acerto pós xuntas, amosan ben que cando se está a unha cousa non se da estado ó mesmo tempo a outra... ainda que se perciba polo rabo do ollo.

co do trípode non sei que queres dicir... pero algo me dí que mellor non preguntar.

Frabisa dixo...

Gajes de fotógrafo avezado, pasar desapercibido, enfocar bien en momentos de prisas, admirar lo que se ve al tiempo que se fotografía...

Total, un estrés!

Me gustan las dos tomas con desenfoques desiguales.

un bico

xenevra dixo...

Nada é verdade nin mentira, todo depende dende onde se mira. Que debe prevalecer o que resalta a simple vista, ou o que conforma o fondo da imaxe? Como escoller unha ou outra sabendo que ambas son importantes? Pero claro, no caso de non poder telo todo (o ollo da máquina non dá para máis) Con que te quedas?
"Tan só se ve ben cos ollos do corazón. O esencial é invisíbel para os ollos" que diría o raposo ao pequeno príncipe ;)

Allek dixo...

hola!
te invito a que pases por mi casa
dejare la puerta entreabierta..
te dejo un fuerte abrazo!!!

GINEBRA dixo...

jajajjaajja, sí que es buena esta apreciación de miradas furtivas, desenfoques, precisión del ojo humano e "instalación de trípodes" :))). Besos sonrientes.

HADEX dixo...

A min tamén me gustan moito as dúas tomas.....e ambas son fermosas.

A nena do paraugas dixo...

Sabes que? Creo que enfocamos ou desenfocamos segundo nos conveña. Así de intelixente é a nosa retina e o noso nervio óptico. Vemos, ás veces, o que queremos ver e, a menos que teñamos a paciencia suficiente para sentarnos a observar que as cousas cambian, a pesar de nós, sempre nos parecerá que todo vai como a nós nos convén. Ou como queremos que vaia.
No fondo, vivimos na nosa propia utopía, illando a realidade real da realidade que soñamos, pero é certo tamén que, se non fosemos capaces de illarnos, a realidade nos enguliría, facendo que fosemos unha masa que se move ao son que a realidade de fóra nos toca.
Vale, xa me volvín liar. Digamos que cadaquén enfoca o que precisa en cada momento, agás que sexa o suficientemente perceptivo como para ver máis alá do que percibe. Eu non desas persoas. Pero sempre leo con atención o que escribes. Gústame a túa filosofía da vida.
Un saúdo.

Anónimo dixo...

Las fotos son bien bonitas ambas, pero de ellas sobresale una ironía bien fina que tienes Chousa. Has logrado que me ria en esta mañana de primavera gris.
Besos de una gallega de Arousa en Madrid.

Pd/ Por cierto. Dirás si las imagenes son tomadas desde Vilanova hacia Puebla?. Acerté?

mariajesusparadela dixo...

So entro para lle dicir a Zeltia que Tri-pode son tres pés ous tres Pes (PPP) é dicir que se pode tres veces ( iso entendín eu).
(-¿pódese?
-pódese, pódese. Sí,oh.)

Chousa da Alcandra dixo...

Harmonía: O mar sempre nos enche a mirada. E para os que somos do interior moito máis aínda. Mesmo semella que podemos ulir cos ollos e ver coa boca aberta. Á que si?

Fonsilleda: Con alumnas tan espabilidadas coma ti, calquera mestre colle méritos. Eso sí, gústame moito que as "clases" vos resulten amenas, por iso me gusta moito cando rides.

Zeltia: Boeno, nesto hai moito que dicir eh; que algúns somos multitarefa, sendo capaces de abrir o bote da confitura á vez que miramos pola fiestra. Claro que o éxito de ambas tarefas pode ser daquela maneira...

Frabisa: Si si, pero hai que ser o máis rápido a este lado da ponte disparando e...non sempre se logra. Que a cámara é moi "cantosa" e logo che poñen cara de enfurruñamento. Incluso en ocasións se poden correr riscos para a integridade da cámara...

Xenevra: A miña cámara -fíxate ti que cousa!- ten un filtro especial para captar esencias. Claro que despois cada cal ve as que quere ver...E no caso de ter que elexir, eu sempra abro o plano canto podo!

Allek: Pouco nos dis na túa visita pola Chousa. Benvido en todo caso e xa fun a participar no teu record de visitas/comentarios.

Ginebra: Non me negarás que é mellor vir dar unha voltiña pola Chousa en domingo á mañán que ir á misa de cedo. Entre outras cousas, porque aquí non boto sermóns e sempre contades coa miña beizón cando a lectura vos provoca unha risadiña. Ego absolvo pecatis tuis...

Hadex: Eu quédome coa nitidez do mar. Imaxínome na dorna quediña, que se deixa arrolar pola levísima brisa da ría. Non eran horas daquela; que senón botaba unha soneca nela de boa gana.

A nena do paraugas: Somos moi listiños, si. Incluso ás veces podemos xogar co enfoque para acadar a nitidez que pretendemos. Pero ti xa sabes -que te presinto machadiana tamén- que o ollo non é ollo polo feito de que o vexamos.
Hai ocasións nas que as bágoas minimizan a imaxe ben enfocada...

Anónima de Arousa en Madrid: Pois direiche que a foto está tomada dende a praia do Bao na Illa de Arousa. Pero non te sintas mal por non atinar. Na ría toda auga semella oceáno, así que non che imos quitar gallifante por este leve erro.

Mariajesusparadela: Así me gusta; que as "clases" sexan participativas!.
Menos mal que lle buscaches tres "p's" á cousa; que se mo deixas en dúas ía tomar un enfoque político o asunto; e desas cousas eu non entendo.
Pódese. Adiante!

vintxuca dixo...

Tanto a cámara como o olho humano tenhen distancia hiperfocal na que logran manter nítida dende a folha en primeiro plano da camelia ata as casinhas que se ven ó fondo nas montanhas...é un enfoque moi selectivo pero segurísimo que é o que levas ti de serie, dudo que perdas detalhe na vida cotiá, sempre atento e observador a todo o que acontece. Unha aperta de unha que si desenfoca!!!!!!!!!

A nena do paraugas dixo...

Vale. Como dicía Tagore: "Se de noite choras porque non podes ver o sol, as bagoas non te deixarán ver as estrelas". Pero coma boa Virgo, práctica, metódica e racional (ás veces, as menos) sinto que a realidade é o que ten que ser e se non somos quen de vela, a pesares das bágoas, mal nos vai.
O único que teño claro é que vexo. A estas alturas igual non teño tempo de pensar na interpretación. Ou si, por iso escribo o que escribo.
Vale. O que reflictes gústame. E a retranca que tés...Moooola!

Saudiños! (Ben enfocados! En serio! Son seria cando se precisa. Ben. Só a veces)

GINEBRA dixo...

jajajajaja, desde luego es mejor darse una vuelta por tu blog que ir a misa de domingo. Cualquier cosa es mejor que ir a misa, por éso hace años y años y años que yo no voy a misa, jajajajajajaja.
Eres muy gracioso, ¿lo sabías? Bendición!!!!

Carlosm dixo...

Moito sabes de enfoques, caralho. E polo que observo tamben sabes latín. Habias dar ti un bo cura.
Apertas dende Porto
Carlosm

Antón de Muros dixo...

Gustame moitisemo o xogo dos enfoques ;-)

Ahhh! Disfrutade da primavera :-)

Unha aperta.

Antón.

paideleo dixo...

Sei que hai que facer verdadeiros xogos malabares cos ollos en certas ocasións.
Cando me pilla nesas ou cala ou respóndolle cun " Anque vaia comer sempre o mesmo prato podo mirar a carta, non ? ".
Gustoume o asunto do trípode tamén.

susana moo dixo...

Flores para comezar a primavera, unha primavera nova coguladiña, de seguro, de innovadores enfoques.

Carmen dixo...

Unha mirada furtiva a unha dorna que se menea, unha falsa camelia e un bikini que está só no pensamento de quen intenta instalar o trípode. Pois si que da moito xogo isto. Gústanme os teus enfoques Chousa.
Boa primavera!!!!
Bicos

São dixo...

Está interessante o enfocamento.

Que a tua Primavera seja alegre.

Boa semana.

Bolboreteira dixo...

Non sei con cal quedarme das dúas. Fermosas ambas.
Un biquiño primaveral

Dilaida dixo...

Os que levamos bifocais, ás veces temos problemas de enfoque, polo menos a min pásame.
É que os meus ollos son moi rebeldes e non queren someterse aos cristais.
Bicos

rula dixo...

fermosas as dúas, cheiran a primaveira.

Merce dixo...

mmmm bueno pois eu se non o chegas a decir nin me fixara se era buxo ou camelia, claro que iso sempre que falemos de botanica, de outro xeito si que me fixaria, e ben :)

Xogando co desenfoque... e mentras algo saia coa nitidez suficiente para poder deleitar o ollo, todo vai ben :)

Que fermoso e o mar...

:)

SoO* dixo...

Dende logo, moito me gustou esta mirada recíproca de dous namorados descoñecidos...

Bicos agochados.

Marisa dixo...

O mesmo que admiro á camelia
pola súa perfección nos pétalos
e pola súa cor, tamén eu quixera
ser " forte coma un buxo " de todas formas esa mirada de esguello enfocáchela moi ben
porque che saiu que nin pintada.

Bicos.

irene dixo...

La naturaleza es sabia, y el cerebro hace ver las cosas según le place, a veces un poco de desenfoque no viene mal, las cosas demasiado claras pueden deslumbrar.
Biquiños, Chousa, sigo un ratito contigo.

Raposo dixo...

Para disimular as miradas podes probar tamén coas gafas de sol. A min funcióname.

Aldabra dixo...

supoño que aquí nesta imaxe se trata de imaxinar porque eu ver non vexo nada nin coas progesivas...

nin camelia, nin bikini, nin nada...

si cadra podo imaxinar que hai un mergullador na auga buscando nécoras ou ameixas.

é que tés unhas cousas, Chousa, que mira qué es pavero, home.

e digo eu: ¿iso do trípode, poderías explicarmo con mais detalle?

biquiños,

zeltia dixo...

chousa, eu deixáralle aquí unha contesta a mariajesúsparadela,
a ver home, mira ben por aí, que tén que estar!
en todo caso sería unha parvada de trípodes e pés

Chousa da Alcandra dixo...

Vintxuca: Faise o que se pode para enfocar axeitadamente, cousa da que non dudo ti tamén tentarás. Claro que ás veces o fume non deixa ver con nidia claridade o braseiro...jajaja

A nena do paraugas: Eu tamén son serio (ás veces); pero estimo e considero que a retranca moooola case sempre; á que si?.
E para cando as bágoas asomen, sempre é bo ter un pano á man para secalas!

Ginebra: Non deixes de pedir confesión cando o consideres. Tentarei poñerche unha penitencia doada de cumplir. Pero antes xa sabes que hai que facer acto de contricción...

Carlosm: Como que "había" dar bo cura; e logo seica non o son xa ou qué?.
E de enfoques sabes ti moito máis; así que cando abras unha pasantía xa me podes ir matriculando :-)

Antón de Muros: Imos seguir enfocando a primaveira para tirarlle todos as marabillas que trae consigo.
Eu tamén gusto dos xogos enfocados jajaja. Unha aperta dende este lado do "río grande".

Paideleo: Pois a min gustoume a túa argumentación sobre o de "mirar a carta" jajaja. Voume quedar co asunto, que seguro que me vai facer falta empregalo algunha vez...

Susana Moo: Sempre hai que buscar novos enfoques para que a foto non saia sempre igual, que senón acaba por aburrir.
E a primmaveira é unha etapa macanuda para explorar novas lentes, focos e diafragmas...á que si?

Carmen: Como ves, a fotografía tamén comporta moita imaxinación. Non todo vai ser enfocar e disparar; que así non ten gracia.
Alédame o teu retorno polo blogomillo en xeneral e pola Chousa en particular.

São: Sempre hai que ter o cristalino preparado para visualizar os agasallos que nos van pasando por diante.
Que teñas ti tamén unha fermosa primaveira, preludio dun verán ledo.

Bolboreteira: Son eu tan xeneroso (non teño avoas), que non vas ter que tomar a decisión de escoller ningunha: douche as dúas!.
Nada, se non tés cambio, xa me quedo eu con todo...jajaja

Dilaida: Pois eu afíxenme axiña ás progresivas. So hai que menear o pescozo un pouco máis do habitual e listo. Coa bifocais algún truquiño haberá tamén.

Rula: As rulas non sodes aves de mar; que senón podías facer o niño no buxiño que sae na imaxe. Terías unhas vistas caralludas mentras estás no niño chocando...

Merce: Levas razón, mestra. Sempre hai que preservar algo que quede enfocado. Eu sempre tento que así sexa; pero ocasións xa se me teñen dado nas que todo quedou nítido na intención, pero borroso no resultado ;-)

SoO*: A dorna e mailo buxiño mirábanse de esguello. Pero eu decateime e inmortalicei o seu namoramento. Espero que non en enfurruñen comigo por facelo público.

Marisa: Ti si que pintas ben coa túa semántica, sempre fecunda en palabras axeitadas.
Graciñas por asomar a túa xanela a esta Chousa que empeza a verdecer cos primeiros calores da primaveira.

Irene: Sabias palabras as túas. Efectivamente tampouco é cuestión de ir enfocado todo tempo. Haberá ocasións nas que é mellor ir un chisquiño desenfocado...

Raposo: Entre o teu consello e mailo de paideleo, xa teño unha liña argumental e de protección moi sólida para que as miñas miradas non teñan que ser esguelladas. Tomo nota e agradezo o consello.

Aldabra: Estas fotos son un xeroglífico jajaja. Un xeroglífico con debuxos imaxinarios que provocan miradas furtivas...
O do trípode creo que o quería explicar Zeltia, pero non se atreveu.

Zeltia: Pois...non chegou nadiña. Todo cando foi enviado pasou a "censura"; así que debeu comer un trasno ese comentario teu.

setesoles dixo...

Chousa, non vexo o bikini. E mal de vista estarei, pero non hai bikini que se me escape. Non sei se será preocupante...

Chousa da Alcandra dixo...

Setesoles: Non o busques nas imaxes, que non sae. Algo teño que reservarme para os meus ollos, que se vos amoso todo...vedes tanto coma min, raio!
(Se o houbese e non o vías, sería para preocuparse. Ti ou a dona do duaspezas... )