domingo, 21 de setembro de 2008

Técnica

Nos entornos pedagóxicos do márketing dise que o experto nesa materia non necesariamente ten que ser un comercial, pero que ámbolos dous profesionais se complementan.
O experto en márketing non vende; simplemente entretén e distrae ó cliente para que o comercial lle coloque o producto. As técnicas empregadas para esa distracción poden ser múltiples e moi variadamente inxeniosas.
Que vos parece se vos digo que na farmacia do escaparate fotografiado querían impulsar a venda dunha marca de alimentos infantís? . Como "dano colateral" se incrementan as vendas de caixiñas azuis...tampouco pasa nada!

Foto: Moreas (non mareas) de condóns en Burela (Cedida por V. da B. )

25 comentarios:

milonga dixo...

ten a súa lóxica, así abranguen todolos mercados, os que teñen nenos e os que non queren telos...

CriS dixo...

El mundo del marketing y las ventas es realmente muy curioso, psicología pura dicen... pero sabes? me resisto a creer que mi mente es tan simple como para ser manipulada por reglas que parecen matemáticas básicas o estadística pura o una simple acción-reacción.
Me niego a creer que soy tan básica como para caer en todos esos trucos... lo malo que luego ves ejemplos como el que cuentas aquí (interesantísimo como no podía ser de otra forma) y dices... Ains... yo habría picado igual... No quiero ser una caja mas, igual al resto de la de esa marea azul de la foto...

besos únicos
feliz semana

BK dixo...

Estaban de oferta?? Porque tanta caixa fai sospeitar de que se queren librar delas porque teñen unha tara ou algo así e despois si que iamos mercar comida para bebés....

HADEX dixo...

Eu estou a cabalo do que din Veca e Milonga....a foto é caralluda de todas todas....je je je

Antón de Muros dixo...

Que cantidade esaxerada de condóns!
Os de Burela teñen unha boa provisión para todo o outono...

Saúdos.

Antón.

Anónimo dixo...

O botar tantos meses fora da casa facendo as mareas obriga a que cando a xente chega a terra firme teñan as suas necesidades de tipo fisiolóxico cubertas. Adaptarse as necesidades e importantisimo.

Saudos

Anónimo dixo...

Mais que unma farmaça, semelha unma condomnería. So tinha que ter algo mais de variedade, que son todos da caixinha azul.
Ollo atento o teu

Carlosm

A Conxurada dixo...

A entrada moi boa, pero o comentario de veca o mellor, jejeje.

un beijinho con sabor a ameixa...que teño gañas delas.

Markesa Merteuil dixo...

Ía facer un comentario sobre o uso en Burela... pero penso que mellor me quedo na sección infantil... ;)

A todo esto direi que sae máis barato mercar caixiñas azuis que alimentos para bebé... Pero que cada un que escolla o que millor se adapte á súa economía... ;)

Anónimo dixo...

Ese comentario de Markesa deixa un pouco en tela de xuizo a virilidade dos Bureleses. Será por iso que hai tantas caixas á venda?. Padecerá polo tanto a farmacia dun alarmante sobre-stock do producto que está a piques de caducar e , nin marketing nin rabos de gaitas, o que quere é sacalos da rebotica?

Anonimous

Anónimo dixo...

Boas, son un primo do farmacéutico de Burela. Quería decirvos a todos os que participades neste blog e mais o seu autor que o asunto dos condons no escaparate non ten nada que ver con marketing nin con nada do que dicides. So os puxemos no escaparate por duas razóns:
A) Fan algo de sombra para dentro á vez que proporcionan algo de intimidade para o interior (ten moita cristalera de dios!).
B) A cor azul das caixas combina moi ben co resto do decorado.

(E non defendo a virilidade dos de Burela, porque eu son de Cervo)

Elvira Carvalho dixo...

Vá-se lá saber o que passou pela cabeça do dono da farmácia, para ter em exposição tanta caixa de preservativos. Para incentivar a natalidade é que não era concerteza.
Um abraço

Raposo dixo...

Pero eso que é, unha farmacia ou un puticlub?

pitima dixo...

Qué desconfiado es!... ¿é porque na estantería de atrás teñen comida para bebés?.... Non ho...
Non che son tan listos na farmacia!! jajajajaja.
Pero claro que non pasa nada. Hai algo preocupante, que é que a xente usa os condóns principalmente como anticonceptivos, cando deberían usalos para non contraer enfermidades, por exemplo. Quedarse preñada non é o peor que che pode pasar, claro que non. Incluso pode ser o mellor que che pase na vida...
Bicos con cereais e mel.
E logo... ¿cantos mininos había ó final?. Vou mirar nos coments...

Cuspedepita dixo...

A verdade é que o marqueting está en todas partes, e imaxino que escapar á súa influencia non é nada doado.
Somos ratas de laboratorio, estudiadas e previsibles ata á hora de...

Chuchooooosssss

Son Unha Xoaniña dixo...

Di aquí arriba un anónimo que a cousa foi por facer sombra a parte de dentro e máis pola cor das caixiñas que seica ían moi ben co decorado, se cadra se puxeran un toldo desa cor facíalle o mesmo efecto.
Saúdos.

Fini Calviño dixo...

Con las técnicas del marketing la verdad es que a veces me da la sensación que títeres somos la raza humana... besos y muy buena reflexión

busto.agolada dixo...

Orixinal márketing o da farmacia da foto. Pode inducir involuntariamente a mascar condóns coma se fosen chicles. Algún despistado sempre cae na rede.
No que atinxe a entreter (distraer) e rematar o negocio, creo que existe un márketing moi antigo, xa o practicaban os tratantes nas feiras.

Paz Zeltia dixo...

querían impulsar a venda dunha marca de alimentos infantís? pero como o sabes? é certo que hoxe estou tupidiña tupidiña (perdín as chaves, fixen cola para un papel e deixarao na casa, etc.) pero xúroche que non vexo nada que se pareza a alimentos infantís nese escaparate cheo de preservativos...
tamén pode ser por a miña completa ignorancia do marketing, no que te vexo moi posto :D

Anónimo dixo...

Detrás dos condóns Zeltia. Fíxate ben e non mires solo para as caixiñas azuis!

Suso Lista dixo...

Disque hasta fan sabores que sólo detectan os adolescentes, joder...O que hai que ver...

vermella dixo...

O curioso é que as papillas son "plus" e as caixiñas azuis tamén,será márketing ou unha mensaxe subliminar............
bico

Unknown dixo...

jajajajajajajajajajajajajaja... non podo dicir nada máis!

irene dixo...

De esta forma, pienso yo, pocos alimentos infantiles van a vender en el futuro, o sí, los humanos con tal de llevar la contraria...
Bicos.

Elvira Carvalho dixo...

Passei. Deixo um abraço e votos de bom Domingo.