sábado, 9 de agosto de 2008

Vigor

Dicíamos onte... que a fraxilidade vital resulta tamén un exemplo de vigor e de superación, ainda nas dificultades máis insospeitadas.
Estar ou non no sitio axeitado á hora precisa, pode significar o ser ou o non ser. Esa delicadísima razón que se consolida nos cementos do puro azar, acaba por resultar un feito determinante e sen paliativos para que escribamos unha soa liña ou varios tomos da estantería da vida.

Está claro que Silva miañou na silveira de Antas á hora precisa para que poidéramos escoitar a sua chamada de auxilio o pasado 26 de abril.
Entre o ser e o non ser somente media un miañar...

Foto: Silva , o gatiño da silveira de Antas

34 comentarios:

pitima dixo...

Unha maravilla! Mira como xoga! jajaja.. Claro que me lembro de Silva. Pois sí, destiño, casualidade, pulso vital, supervivencia, o que sexa, pero da gusto ver a vida crecer preto de tí... e se ten algo que ver con un, se tí contribuíches co proceso, máis aínda..
(Salvo as malas herbas do xardín, esas mellor que non crezcan tanto.. jejeje, que xa vexo que o teu está estupendo, que dan ganas de tumbarse nel a xogar.. jejeje)

Miauuuuu.. que ven sendo un bico miañado.. jajaja.

Markesa Merteuil dixo...

Vaya cartel. Berrogüetto e Ruxe Ruxe... mi madriña...

E si... a casualidade é demasiado determinante.

CriS dixo...

Ola, totalmente de acordo con iso, non teño nada que engadir . Quédome muda ollando a Silva... encántame... esta...
ains... bicos que son mais ben ronroneos
Aguriño

tertulias para perogrullos dixo...

Un miañar ou unha casualidade, a vida está chea de esas casualidades. Saúdos

HADEX dixo...

É unha gatiña olímpica....marabillosa....Ainda que teño cans, eu amo os gatos: din que existen para dar ao home o pracer de acariciar a un tigre.

irene dixo...

Hay que estar siempre preparado, en el momento y el lugar precisos, cámara en ristre, para poder captar una pose tan simpática como la de ese precioso gatito, me encantan los gatos, los perros, los caballos...
Bicos.

Unknown dixo...

k gracioso, por favor! jajajaja

vermella dixo...

Se lembro ben esta é a famosa gatiña que xa salvaches antes,agora oura vez entón quédanlle cinco vidas....
bico.

Unknown dixo...

Que fermosura de gato!!
E como medrou!

Alucino coa súa fisonomía, o corpo do gato, a forma de moverse, a súa mirada... Todo me fascina no gato.

Malia que a miña (nosa) sexa unha relación tormentosa (entre o gato e eu), que non atormentada.

Un beijo grande!

Anónimo dixo...

Vexo que non son o único que ten problemas cos gatos (que me perdoen os antigos exipcios).

Non é un tema conceptual, pola contra, ten que ver coa alerxia que me traen os felinos.

Saúdos dende Bos Aires.

Antón de Muros.

Unknown dixo...

Antón, eu non lles teño alerxia, simplemente é que non conxeniamos ben, soemos acabar rifando, e soio ser eu a que leva a peor parte xD

Aparte diso, podería ser perfectamente exipcia. Ou Neruda escribindo a súa "Oda al gato".

Un saúdo para Bos Aires! (para Antas tamén...)

Anónimo dixo...

Ahhhh! agora entendo, Mariola.

Pola miña banda, eu non sabía que tiña alerxia aos gatiños ata que fixen unha viaxe de 5 horas á beira do mar no coche do meu tío, que por certo levaba ao gato...
Cando chegamos e puiden dar unha ollada á miña cara no espello, atopei outro Antón...

Dende ese momento a miña relación cos mamíferos dixitígrados de bigotes é máis platónica e menos carnal.

Saúdos.

Antón de Muros.
Galego en Bos Aires.

Druid dixo...

Eu dudo da existencia das casualidades...
O momento preciso, co miañido preciso, levou a que viras crecer a ese minino, que doutro modo probablemente xa non estaria "con nos".
Estou de acordo, xa non ten 7 vidas.

Apertas.

Anónimo dixo...

Ti sempre na tua linha filosófico-pensativa. Seguro que non estudaches nun convento? Tesme aires de frade.
E para lograrlhe esa foto, cantos "disparos" tiveches que façer?. Venha, cóntanos a verdade

Anónimo dixo...

Por certo, que nun comment ao post anterior acusáronte de fotoxopeiro e non te defendiches. Suponho que decidiches que as fotos defenden-se ben solinhas ou?
Com todo vou alegar eu na tua defensa: Senhoas e senhores blogueiros, o Chousa anda sempre coa cámara pendurada da caluga e fai fotos ás herbas aos bichos que pacen nos prados e aos que miran como pacen os outros...
Ala, xa me pagarás os emolumentos correspomdemtes

Marinha de Allegue dixo...

Caramba canto medrou, está lindísimo e mira que ben posa...

Unha aperta para ti e unha caricia para Silva.
:)

LM dixo...

miaaauuuu!

A Conxurada dixo...

Está fermosísimo, un beijaco para Silva, e un ronroneo para ti.

chimeneaverde dixo...

De vez en cuando conviene prepararse para lo inesperado que llega en forma de casualidad, azar,...
lindo felino!

Paz Zeltia dixo...

Silva é feliz. (xa saberás da miña envexa crónica pola vida gatuna) non morreu na silveira pola casualidade de tí pasares por alí e a voluntade de tí quereres... (¿sínteste un pouco tentáculo do azar?)

Anónimo dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Chousa da Alcandra dixo...

Zeltia: algún "culo" xa se ten tentado, si... ;-)

paideleo dixo...

Tes razón: todo se reduce a estar no sitio e no momento apropiado.

Anónimo dixo...

Ese gato parece que quere tocar os testos. Podíades subilo ao escenario do folkantas o día 14.
(Moi boa foto e moi reflexivo, coma sempre, o texto que a acompaña)

B.F.

Anónimo dixo...

A supervivente é ben xeitosa. Agardamos que o destino lle siga sendo propicio.

Son Unha Xoaniña dixo...

Fermoso gato, inda que a min gústanme máis os cans, de feito teño unha cadeliña que me ten enfeitizada.
Bicos.

busto.agolada dixo...

Na foto advírtese todo o vigor vital da adultez daquela criatura indefensa rescatada da súa fraxilidade infantil. Pola pose case podería afirmar que ten cualidades para porteiro de fútbol.
Unha aperta.

Cuspedepita dixo...

Amiguiño, na vida sempre funcionou aquelo de "o que non chora non mama",e o instinto de supervivencia do gatiño da silveira fixo que acertase co momento preciso para miañar, xusto cando pasaba por alí un corazón compasivo coma o teu.
Chuchos

Elvira Carvalho dixo...

Muito interessante.
Um abraço

Mar e Lúa dixo...

Levo anos querendo ter un gato, pero nunca me decido porque paso moito tempo fóra de casa e me dá pena telo aí encerrado nun piso, todo o día soíño... Espero que algún día, cando a sitación sexa distinta, a casualidade me ofreza a min tamén unha chamada de auxilio coma esa.
Biquiños!

Anónimo dixo...

Hai post, que o mesmo que París, ben valen unha misa...
Con reflexións así, non é preciso postear tódolos días, cunha vez ao ano chega e moito :-)
Saúde e boas festas.

Antunes Ferreira dixo...

LISBOA - PORTUGAL
Nota Previa
Si lo quieres, puedo escribirte en castellano. Lo he aprendido cuando niño, tenía como 5/6 años. Mis padres eran aficionados logos por los toros y yo me quedaba en casa de Amigos de ellos: los Peralta, los Herrera, los Domecq (de los cognacs) y otros. Así que hablo y escribo más o menos…
¡Me encanta España! ¡Y a mi mujer también! Hace cuatro días estuvimos en Córdoba, durante cinco días. ¡Hacía un calor, coño! Por la tarde, como unos 44/45º y por la noche, 34/35. ¡Vaya! Sin embargo, no pasó nada. Gente estupenda, incluso hemos caminado durante casi una hora y media por Medina Azahara. ¡Una maravilla!
Es un privilegio tener Amiga(o)s desde España.
Si lo aceptas, seguiré escribiéndote en mi idioma, lo de Camões, Eça de Queiroz, Fernando Pessoa y Saramago, por supuesto. Es que «de mi lengua se ve el mar», como dijo Virgilio Ferreira. ¿Vale?
É que os nossos primos/irmãos galegos compreendem-nos perfeitamente.... As nossas línguas provêm do galaico-duriense.
Olá!

Cheguei a este blogue através de outros que costumo visitar e neles postar comentários. Cheguei, vi e… gostei. Está bem feito, está comunicativo, está agradável, está bonito – e está bem escrito. Esta é uma deformação profissional de um jornalista e dizem que escritor a caminho dos 67…, mas que continua bem-disposto, alegre, piadista, gozão, e – vivo.

Só uma anotaçãozinha: Durante 16 anos trabalhei no Diário de Notícias, o mais importante de Portugal, onde cheguei a Chefe da Redacção – sem motivo justificativo… pelo menos que eu desse com isso… E acabo de publicar – vejam lá para o que me deu a «provecta» idade… - o me(a)u primeiro livro de ficção «Morte na Picada», contos da guerra colonial em Angola (1966/68) em que bem contra vontade, infelizmente participei como oficial miliciano.

Muito prazer me darás se quiseres visitar o meu blogue e nele deixar comentários. E enviar-me colaboração. Basta um imeile / imilio (criações minhas e preciosas…) e já está. E se o quiseres divulgar a Amiga(o)s, ainda melhor. Tanto o blogue, como o imeile, tá? Muito obrigado

www.travessadoferreira.blogspot.com
ferreihenrique@gmail.com

Estou a implementar e desenvolver o projecto que tenho para o meu www.travessadoferreira.blogspot.com e que é conferir ao meu/vosso/NOSSO blogue a característica de PONTO DE ENCONTRO entre os Países fraternalmente ligados – Portugal e Brasil. No que estou, pela minha parte, a desenvolver todas as diligências que, naturalmente, me forem possíveis.
E, naturalmente também, para poder enviar-te «coisas» que ache interessantes. Se, porém, não as quiseres, diz-me que eu paro logo. Sou muito bem-mandado (a minha mulher que o diga…) e muito obediente (cf. parênteses anterior).
Já solicitei a colaboração da Embaixada de Portugal em Brasília, que tem à frente dela um diplomata fora de série, o meu querido Amigo, Dr. Francisco Seixas da Costa e na qual se integram mis dois bons Amigos de longos nos: o Adriano Jordão e o Carlos Fino. Seixas da Costa criou um blogue magnífico Embaixada de Portugal no Brasil, www.embaixada-portugal-brasil.blogspot.com, que vos recomendo vivamente visitar. Tem tudo sobre as relações entre as duas Nações. E já fiz o mesmo aqui em Lisboa. Espero receber resposta da Embaixada brasileira.
Este é um desejo que já ultrapassa a simples intenção. Felizmente, neste momento possui muitos comparticipantes – como desejo que seja o teu caso. Mas, com o empenhamento, a ajuda, o entusiasmo e a alegria que tenho encontrado – iremos longe. A internet (apesar dos aspectos negativos que ainda apresenta) tem uma força incomensurável e desenvolvimento tecnológico que se actualiza dia a dia.
Abrações e queijinhos, convenientemente repartidos e distribuídos

PS 1 – Quando navegarmos em velocidade de cruzeiro, quero alargar o Travessa aos outros PALOP. Que achas?
PS 2 – Desculpa por este comentário ser tão comprido e chato. Como a espada do D. Afonso Henriques…
PS 3 - Já conheces o me(a)u «Morte na Picada»? Há quem diga que é muito bom. E até que é o melhor que se escreveu em Portugal sobre o tema. Dizem… Obviamente que não sou eu a dizê-lo… Só faltava… E também há quem tenha escrito que sendo contos da guerra colonial em Angola 66/68 (em que infelizmente e contra vontade participei), é SANGUE & SEXO… Malandrecos… Depois de leres, se, por singular acaso, tiveres gostado dele, terás de comprar muitíssimos mais exemplares. São excelentes prendas de aniversários, casamentos, divórcios, baptizados, e datas como Natais, Carnavais, Anos Novos, Páscoas, Pentecostes, vinte e cincos de Abris, cincos de Outubro, dezes de Junhos. Até para funerais. Oferecer o «Morte» na morte fica bem em qualquer velório que se preze. E, além disso, recomenda-o, publicita-o, propagandeia-o, impinge-o aos Amigos, conhecidos, desconhecidos & outros, SARL. Os euros estão tão raros e... caros...
++++++++++++
A editora da obra é a Via Occidentalis (occidentalis@netcabo.pt) cujo site é www.via-occidentalis.blogs.sapo.pt. Neste blogue podem ser consultados mais dados sobre o livro, cujo preço de capa é € 14,70. ATENÇÃO: Pode ser comprado pela Internet.
++++++++++++
NOTA IMPORTANTE: Este texto de apreciação e informação é similar em todos os casos em que o utilizo. Digo isto, para quem não surjam dúvidas ou suspeitas sobre a repetição em diferentes blogues. E para que ninguém se sinta ludibriado – ou ofendido… Há feitios que… Mas, sublinho, apenas o uso quando o entendo, isto é, quando gosto mesmo dos que visito. Nos outros onde também vou, se não gosto, saio sem comentários. Há muitos mais. Aqui na terrinha diz-se que «se não gostas, põe na beirinha do prato»…

Anónimo dixo...

quase um ano depois do resgate deste belo e vigoroso "Silva" - que era tão frágil em Abril de 2008 - vim a descobrir a sua maravilhosa história... pela mão de quem, com a sua bondade e amor, a fez possível: tu!
e, como li num comentário àquela primeira entrada, também não acredito em coincidências... mas sim, por um lado, em causa e efeito, e, por outro lado, em que... quando o estudante está pronto, o professor aparece (citando Confúcio). na vida, meu vizinho, o vigor e a fragilidade são dois elementos do todo, e todos temos em nós o poder de "ser" e "não ser", que é o da transformação. também, todos temos em nós o tal estudante e o tal professor... e tudo o que nos acontece é, a um tempo, lição dada e recebida. por minha parte, não imaginas como aprendi com este episódio lindo do encontro da fragilidade com o vigor... e do triunfo do vigor sobre a fragilidade - e como creio, mais que nunca, que o que projectamos de bom para o universo, nos é devolvido... transformado em algo melhor ainda! bem-hajas, e... aqui me tens "ronronando", do fundo do coração, para ti e para o "Silva" (e acrescento que ambas as fotos estão... absolutamente extraordinárias!)
beijos de cá, honrada por ser tua vizinha e amiga,
Alexandra

Chousa da Alcandra dixo...

Alexandra: observo con ledicia que a mensaxe está moito mellor captada do que expresada por min.
Seguramente que a historia do "Picos" axudouche a comprender o que pretendía dicir.
O "Silva" segue a ser un gato feliz hoxe; ainda que excesivamente traste e arriscado, que xa ten pasado máis dun perigo pola sua osadía felina (E se os gatos teñen sete vidas, éste estase a xogar moitas xa).

Honrado eu tamén pola tua visita.