xoves, 28 de agosto de 2008

Profilaxe

Púxose de moda en certas empresas a creación das eufemísticamente chamadas plataformas telefónicas, que no fondo non son máis que un xeito de non dar a cara cun establecemento físico.
Armémonos de paciencia se temos que chamar a unha destas para reclamar (ultimamente parece que todo quisque empaqueta trapalladas). Resulta ben complicado rematar con éxito unha destas xestións. Mesmo semella que non entenden o idioma, son lentos, pouco dilixentes e por riba...pagas ti a chamada. Hai que joderse co telediario!.
Un xa non sabe se o verdadeiro negocio da empresa é vender un producto tarado ou que chames despois para reclamar e terte colgado do teléfono escoitando o último LP de Perico dos Palotes, mentras eles -unha e outra vez- "verifican los datos" . Por máis conciliador que inicies a xestión, resulta moi habitual rematala cos nervios aterecidos...
Diante destas agresións que ese entorno tan sumamente hostil nos prodiga, dan ganas de, tomando unhas axeitadas medidas de profilaxe, lles deamos o seu merecido!!!
(Ou, neste caso, sería máis eficaz chuzárllelo sin él? ...)

Foto: Toxo con condón na beirarúa de Alvidrón (Antas de Ulla)

22 comentarios:

Markesa Merteuil dixo...

E que tes cada cousa, meu...

BK dixo...

Eu traballei nun sitio deses, en atención ao cliente de Jazztel. só aguantei 3 semanas, pero bueno, intentei solucionarlle os problemas aos que chamaban.....

caracol dixo...

que se les peguen los piojos también a ellos, pero poquitos...

Anónimo dixo...

Había que meterlles o toxo con espiñas e todo! jajajaja

Anónimo dixo...

Eu ás veces ata penso que non se pode facer nada...

Saudos!!!! :)

CriS dixo...

Está muy complicado este tema de los call centers de atención al cliente. Hace muchos años trabajé en uno y era bueno, me gustaba el sistema de trabajo porque era efectivo y real. Luego después, como cliente, me he ido topando con servicios catastróficos que lo único que me han provocado ha sido un buen cabreo, ninguna solución y el poner la reclamación correspondiente... que tampoco valía... la baja de la cia...
Pero claro, algún día se me acabarán las compáñías en las que probar y que me den el servicio correcto... no se

besos sin nervios!

Anónimo dixo...

Cabrean a calquera, sim. E dan ganas de meterlles o toxo por alí. Ata o fondo e coas espinhas ben revirivolteadas. A pelo, para que os fastide mas.

A foto´e bem sorprendente. Tes un olho ben atento ho

Carlosm

Unknown dixo...

A min desquícianme, como tamén me desquicia falar con máquinas, ou que o teleoperador non me entenda, porque o galego non o entenden...ou non o queren entender.

A Conxurada dixo...

Ben, o comentario anterior era meu(dese tal diego)...e non, non é que me agache detrás dunha figura feminina sendo un home, é que antes de eu vir de paseo polos blogues a miña parella consultou o correo dende o meu ordenador...

un bico andróxino, jeje.

Elvira Carvalho dixo...

Saiem sempre caras essas reclamações.
Um abraço e um bom fim de semana

pitima dixo...

Non me fales de teléfonos... agssss... Xa parece que o escoito: tinoninoní.. tinoninoní..
O luns volvo a tolear co semprepresente sonido infernal..
En fin, amigo Chousa, que tes moita razón.
E a foto é estupendísima! Gustóume moito, e tamén o título...
Seguro que te picaches para sacala.. jajajaja. ¿Qué andarías a facer tí polo monte? ¿Buscando condóns? jajajaja
Un bico, sen profilaxe, que éste é seguro.

paideleo dixo...

Eu odio o teléfono e máis en casos coma ese.
O teu remedio valería ben que o condón non ha de durar muito.

Paz Zeltia dixo...

vaia, nótaseche un chisquiño cabreado :D
pois eu coma fiel seguidora da ley de murphy diríache que a mellor non imos ir...

irene dixo...

Me ha pasado exactamente lo mismo, intentando solucionar un problema durante más de una hora, creo que es una táctica para marear y que desistan los que no tengan demasiada paciencia, es vergonzoso. Habría que darles su merecido.
Unha aperta.

Antón de Muros dixo...

Se quere ler o meu comentario, marque un; se quere saber o que penso do tema, marque dous; agarde un momento por favor, todos os nosos operadores están ocupados...

;-)

Saúdos.

Antón.

Unknown dixo...

eu recoñezo que cando teño un día tonto e teño ganas de discutir chamo a algún deses servicios, jajajaja

Anónimo dixo...

jajajaja que lle lo metan asim de grande e pinchón jajajaja

Anónimo dixo...

joder!!!! pero se era unha telaraña.
Piquei coma un chino. Pensei q era un condon de verdá

Cuspedepita dixo...

Deixa, deixa, que ata igual lles vai o rollo...;-)
A foto espectacular. Vaia ollo que tes !!

Chuchiños

Anónimo dixo...

A quen se lle ocurre!!!!
Mira que poñerle un preservativo a un toxo...
Nin siquiera al que asou la manteca en un garabullo!!! jajaja

Kim Basinguer dixo...

Pásome a vida nesa loita.
Protesto por todo o que é inxusto, e ás veces gasto máis en telefono que na solucion do que reclamo, pero pido danos e prexuízos polas chamadas.
Pero cando todos reclamemos, é posible que isto cambie.
Animo e paciencia.

Nikaperucita dixo...

ayyyy... yo he estado del otro lado, del de los poco diligentes ...jjj y si vieras en que condiciones teniamos que trabajar a veces, entenderias en porque de tan poca eficacia...jaja. ya lo siento (todos hemos tenido que llamra alguna vez a ese tipo de servicios :) )