domingo, 17 de agosto de 2008

Quentura

Non sei como a xente racha tantas vestiduras cando contempla expresións de amor (*) entre dous homes ou duas mulleres, xa que na realidade da vida diaria rural foi algo que aconteceu a cotío entre os animais. Eles amosaron sempre as suas quenturas sen rubores nin tapullos, na intimidade do prado pechado ou da corte aberta.
E non se trata de establecer diferencias entre humáns e animais, no que repecta ó control dos instintos básicos; se non da mera constatación da existencia destes.
[No caso concreto das vacas, eu sempre pensei que son bisexuais; xa que despois destas cabalgaduras a "montadora" acababa sendo cuberta polo boi; pero non podo deixar de matizar a paixón coa que sube aos lomos da sua compañeira e, de xeito recíproco , o decidido somentemento da "montada". Todo un tratado de filosofía animal.]
(*) Quixen dicir sexo

Foto: "¿E ti que miras?". Peibás (Antas de Ulla)

29 comentarios:

tertulias para perogrullos dixo...

Que quentorros andades pola Galiza, venho do blog de Veca e tamén, un post sobre o mesmo jajaja Haber se se me contaxia algo cando volva jajaja

HADEX dixo...

Ja ja ja....claro que sí....é o xogo favorito dos meus canciños!!!

pitima dixo...

E que eu penso que a bisexualidad é do máis natural, inda que algúns insistan en que é a maior aberración.. ¡incluso máis que ser homosexual! jajaja.
¡Qué simpática foto! ¡Qué bonitas son as vacas!, con eses ollazos. Eu tamén me namoraría dunha delas.. jajaja.
Ui ui.. imos deixalo.
Muuuuuas.. que serán bicos vacúns, digo eu.

BK dixo...

Será que nos falta o instinto animal. Teño unha foto parecida cuns osos no Cabárceno. Os berros da femia chegaban ben lonxe..........

caracol dixo...

Con el toro nadamás se lian cuando hay que reproducirse, la necesidad de permanecer (y pobres, normalmente con el mismo siempre, una vez, otra y otra más)...

La otra es por el simple placer de hacerlo, por que se puede, cuando está la oportuidad, cuando se quiere.

Sin esconderse, sin aguantarse.

♥ meninheira ♥ dixo...

"Froditas" dicía a miña avoa, nada de bisexuais :)

paideleo dixo...

No caso dalgunhas especies de monos enmaráñase máis o asunto con montadas continas de machos sobre machos ou sobre femias novas. Os especialistas din que é para desfogar e establecer lazos. Non parecen parvos os monos, non. Teriamos que fixarnos máis no mundo natural e non asustarnos tanto.

Druid dixo...

Teño dous cans que creo son parella de feito jejejeje...

O sexo nos animais e primario e responde a instintos que non estan condicionados por nada... Nos estamos condicionados por milleiros de cousas...

Apertas.

Anónimo dixo...

Bah, Rubio, bah, vai vindo, ah, be, súbea, ben, boi, vai ben, bah, guuss, guuss.
O corisco non cesa e o nariz arrefría, perde a crica, pinga. Boi recolle. Unha espiga de millo corvo, unha mada de fariña, auga quente, moita sede pasa o boi que tanto cobre, cravea nas matrias, gasta corpo e alma, dá proveito. Pero ten a vista cega. Tráenlle a xuvenca, a das ancas alzadas; e el só lambe, pasa o gume do ceo pola natura perfecta, do trinque; e sente o boi como se molla por dentro: vai por derradeira vez.
Afinca cos pés traseiros. Rompe a freba do xamón e doe, sangran as xuntas .
Pero Rubio está na cima. Manuel conduce a viaxe do pasador e entra todo e máis ala.
Descarga. Descansa sen baixar. Moito son dúas veces. Pero volve. Algo lle di que nunca máis.
A xuvenca agradece. Pandea. Abre. Navega en térra firme.
¿Pero soñan as vacas? Os amos son felices. Atenden por acenos.
Poden as palabras ser estorbo. E boi sacode. Un lombo estragado que pesa.
E a xuvenca avanta uns pasos, alegre cara a fóra, dona da corda ceibe;
vira a testa e os ollos, que están plenos de luz e fermosura.
Pero boi cae. Ridículo peso morto a se derrubar na terra. Roto o músculo.
Non é capaz de enorgu-llecer de volta co seu peso en pé.
O ollo dereito permite ver unha miaxa de home duro. ¿Boi? E Rubio tronza.
Nunca o anel tocara o chan. Nin se luxaran as ventas coa color da bosta, sen herba.
-Vai vello, Manuel.
-Vai.
-Son os anos, coma nos.
-Son.
E a xuvenca deu unha puchiña rubia, do fulgor das cervas

Aínda me has de perdoar por tantas letras xuntas pero é que o relato do amigo V. Pintor é que nin pintado.
En canto a pureza da sexualidade, nada millor que o instinto animal. Nós sempre facemos demasiadas preguntas .-)

CriS dixo...

Pues que gusto, y nunca mejor dicho, dejarse llevar por los instintos y la naturalidad. Que nosotros estamos demasiado cohibidos por absurdas normas, ideas y prejuicios, y así nos va...
Y que sean dos con dos, unos con otros, otros con la una, o la una con la de mas allá... si todos están conformes, ¿a mí que mas me da?

Bonita estampa!!

Anónimo dixo...

Esta estampa es muy acertada para un lunes como este, luego de un laaaargo puente. Al menos viéndolas retozar y exponer su "quentura" nos relajamos la vista y los pensamientos un pouquiño.

Glubs, hoy me salió en castellano.
Pues nada, besos

B.F.

A Conxurada dixo...

E que non che hai como apagar as quenturas...

Markesa Merteuil dixo...

Haberá que ter coidado nos fuchicamentos... que deseguida aparecen Chousiña ou Veca... e a inmortalizalos para colgalos no seu blog...

Unknown dixo...

Malditas normas de conducta humana. Cantos traumas nos aforrabamos...

Antón de Muros dixo...

Paquito: moi oportuna a cita de Xosé Vázquez Pintor. Por certo, pertence ao seu libro "A memoria do boi" publicado por Edicións Xerais, que acadou o Premio de Narrativa Torrente Ballester no ano 2000.

Saúdos dende Bos Aires.

Paz Zeltia dixo...

interesante tema tocaches hoxe, coma casi sempre, que de algo miudiño fas unhas reflexións de carallo (que non do carallo, que como todo o mundo sabe ten outros matices)
pois eu pensaba que isto do mundo animal era facendo real o refrán si no hay pan buenas son tortas (con perdón neste caso polo das "tortas" )¬ ¬
pero dende que lin aquel artigo que facía referencia ó eco que levantou o feito de que había unha parella de pinguinos machos que -´despois de que todos pensaran que eran macho e femia pero non tiñan descendencia- optaron por adoptar un canto rodado. E ben sabido que os pingüinos son monógamos, e agora xa demostrado que tamen os hai homosexuais
pois non sei que dixo Losantos daquela, estou por ir a hemeroteca

Paz Zeltia dixo...

Ah, que ainda con retraso, quero felicitarte polo teu cumpreanos, e desexarche moitos felices cumpredias!
bicos, apertas e tiróns de orellas (os xustos)

Paz Zeltia dixo...

encantoume o de frodita adopto a palabra, xa!
paideleo, os que levan a palma (con perdón) son os bonobos
aaay estes bonobos, que ben o pasan!

Mar e Lúa dixo...

Cando temos moita fame comemos o que sexa: tanto nos ten pan que froita. Cando temos moita sede, tiramos do que teñamos a man: auga, viño, cervexa fresquiña... E cando temos un calentón que pa qué... ¡pois o mesmo!

Fan ben as vacas, seguro que teñen moitas menos dores de cabeza que nós.

Apertas!

BK dixo...

Tés razón Chousa, o enlace non funciona ben.Déixoche o do álbum e busca as dos osos: http://picasaweb.google.com/cartasblog/CabRceno

Sobre a túa dúbida: Partindo de que o que "montaba" era él e a que se "deixaba" "montar" era ela, supunxe que a que berraba era ela porque intentaba escaparse do peso que tiña enriba mentras berraba.

Cuspedepita dixo...

Pois que queres que che diga, meu, a verdade que non teño prexuizo ningún con respecto aos homosexuais ou os bisexuais, pero as mulleres non che me chistan ni pizca nesde terreo do sexo, e non penso que sexa por condicionamentos culturais, porque son das que se cuestionan todo en todos os ámbitos da vida e este non ía ser menos.

Chuchos

Cuspedepita dixo...

Ah, e por certo estou lendo nestes días"A memoria do boi", o libro de Vázquez Pintor do que falan Paquito das Penas e Antón.
Se alguén quere acompañarnos na súa lectura, este é o libro que se propuxo para este mes no Clube Virtual de Lectura Lúa Chea, e falaremos del na vindeira xuntanza virtual do 8 de setembro :
http://clubevirtualdelectura.blogspot.com/
Estades todos convidados
¿Ti anímaste Chousa ? ;-))
Apertas agora :-)

Chousa da Alcandra dixo...

Xa o lin!!!! (Parece que falo en chino).
Por iso me fixo rir Paco Penas co extracto e Antón coa puntualización. Se a miña recomendación sirve para alguén, que non o dude: Hai que ler A memoria do boi (Despois xa che paso o número de conta, Xosé)

A cada un/unha, graciñas por vir á Chousa, e seguide "fuchicando" canto poidades.

Antón de Muros dixo...

Farías ben en falar en chino aproveitando os Xogos Olímpicos...


;-) ;-)

Unha aperta.

Antón.

Unknown dixo...

jajajaja, encántame a foto... e o resumo fantástico de que, na natureza, todo está inventado por moito k o ser humán pretenda o contrario. a min góstame moitísimo ver á xente bicarse, sexan do sexo que sexan... bicos, por certo, jejeje

busto.agolada dixo...

Nos comentarios que levo lido hai todo un tratado da materia ao que pouco se pode engadir. Comprobo que a todos nos gusta vivir sen prexuízos pero os convencionalismos sociais pesan o seu e non nos damos librado deles tan facilmente.
Quero alabar a oportunidade de Chousa para estar no momento exacto e no sitio adecuado para a foto. Non é fácil obter unha imaxe tan instantánea. Parabéns. E unha aperta.

vermella dixo...

a sorte que teñen os animais de poder expresarse sin ser xuzgados,a foto é unha delicia,a raza rubia galega sin ningún xeito de prexuizos,por certo estou a ler un tratado de psicoloxía infantil que refire que en cuestións de sexo os nenos(neste caso os tenreiros)expresánse na súa iniciación sexual cos do seu mesmo xénero....
sabia natureza.
bico(polas miñas contas van treinta)

insomniorizar dixo...

antes de nada dicirte que a foto eche unha chulada, esto d atoparse imaxes así na rede, eche moi moi educativo!

lin onte as túas verbas, pero a eso das 3.30 xusto antes de deixar o traballo, xa había fame demáis para falar.

Pero o mellor, foi esta mañá!
chego as 8.30, abro o correo e atopome co boletín diario o que estou suscrita por motivos laborais, o Codigo Cero e ala, ahí, andas tí, sorrindo bizoso dos 6000 fillos, tanto como o pai de leo!

jeje, e ainda por riba a nova é recollidapolo amigo Sarasqueta!

Esto si que son un bos, bos días!

Un abrazo e bos dias para ti!

Por certo a nova podes vela no seguinte enderezo:
http://codigocero.com/spip.php?article5579

Anónimo dixo...

Resulta muy recreativo tu blog. Llegué casualmente pero volveré.
Las vaquitas ya veo que se lo pasan muy bien jajaja