sábado, 5 de abril de 2008

Espido

Miles de millóns se invisten cada minuto en deseños para vestir os esqueletos, e non so coa fin de protexer dos elementos, se non perseguindo a mellora estética da tan valorada "imaxe".
Resulta imposible afirmar que non logran ese obxectivo (con uns modelos téñeno máis doado que con outros...), como tamén resultaría carente de certeza se digo que non me teño rendido a algunhas "tendencias"; pero ben é certo que a miña ferramenta preferida para relacionarme sempre foi a palabra; ou mellor dito: a conversa (feixe de palabras).
Sin adornos nin adicións tamén podemos ser atraíntes. Somente coa cara lavada, mostrando as interioridades e sin agochar segredos baixo peles sintéticas.

Foto: Hórreo espido no lugar de Outoniño (Antas de Ulla)

36 comentarios:

Paz Zeltia dixo...

desnudiño de todo é horreo pero penso que lle compre a roupa, neste caso o habito fai o monxe, penso eu.

Markesa Merteuil dixo...

Se nos espimos completamente... que quedará? A fin de contas somos froito dos nosos atavíos... non?

Marinha de Allegue dixo...

Beleza pura...

Unha aperta.
:)

Unknown dixo...

Difiro de Markesa, síntoo vuecencia. :)

A liberdade está en poder rexeitar os atavíos, en non concederlles importancia se usamos deles (en abusar).

A natureza é a guía.
Unha faciana lavada sempre poderá ser máis expresiva.

Unhas bragas de algodón sempre serán mellores que un corsé de variñas.

Sentir a herba fresca nos pés núos sempre será máis reconfortante que sentir o asfalto.

Son Unha Xoaniña dixo...

Tes moita razón, sin adornos nin adicións, é coma deberíamos ser máis atraintes.
Pero "mostrar a interioridad sin agochar segredos baixo peles sintéticas", non é doado e ademáis pódenos causar moitos desgustos.
Apertas.

Anónimo dixo...

Aínda así, espidos, hai xente que campa máis ca outra. A elegancia, tributos aparte, é un don que distingue aos seres humanos pola música das palabras, os reflexos do pensamento e os movemento dos ósos.
Galegos somos...

Cuspedepita dixo...

Coma o hórreo, se non tiveramos as madeiras que agochan o noso interior seríamos transparentes e vulnerables.
A roupa e a maquillaxe, ou unha cara sorrinte, serven de coraza para protexernos, as máis das veces de aquelo que non nos gusta de nós mesmos.
O que pasa é que cando nos disfrazamos perdemos tamén a perspectiva dos nosos mellores valores.

Chuchos

BK dixo...

Poi eu tamén creo que sen complementos nin aditivos somo máis atractivos e máis interesantes; pero a este hórreo vestiriao un pouquiño, que vai pasar frío.

Ángeles Mallo dixo...

Estou dacordo contigo, poruq sen adornos somos nos, transparentes e mostrando o que realmente importante, a nosa esencia, o noso interior.
Bicos.

marisa dixo...

de acuerdo, genial, te superas en pocas palabras..pasa por mi blog y me puedes ver con la cara de domingo..eso sí es mostrarse tal y como una es..jaja besos miles

pitima dixo...

Sobrevaloramos a imaxe, certo é que deberiamos dar máis cancha ós demais sentidos, escoitar, sentir..
A min tamén me gustan as palabras, o feixe de palabras con sentido, e con sentimento tamén..

Por certo, se esas que te confunden cunha muller lesen os comentarios que deixas no meu blog... non terían dúbidas do teu sexo.. jajaja ¡co verderolo que te pos ás veces! ¡pillabán! jejejeje.
¿Cómo era aquel test que puxera Veca no seu blog.. o das zapatillas jajajaja?. As túas eran de home ¿non sí? jejeje.
Bico espido.

Anónimo dixo...

Un hórreo nú semelha non valer para a sua función de gardar o gran, mais sim que vale para a tua exposiçom e para selo exemplo de fortaleça e integridade.

Saudo

Anónimo dixo...

Gostei do teu jeito de expressarte.Tanto coa imagem como coas palavras.
Rui

HADEX dixo...

Que fermosa foto!! Hai pouco vin un parecido hacia a Costa da Morte....

A Conxurada dixo...

O problema é que a palabra pode agochar a face tanto ou máis que o mellor disfraz.

BK dixo...

Pitima, para saír de dudas:

http://deliriosuniversales.blogspot.com/2007/12/sin-comentarios.html

jajaja. Biquiños.

Markesa Merteuil dixo...

Mariola... é que para exercer a liberdade de elección primeiro hai que ataviarse, e mesmo espirse é reataviarse de novo... da propia elección.

Fini Calviño dixo...

Totalmente de acuerdo y qué grande es la belleza cuando se muestra así, tal cual...

paideleo dixo...

Afortunado eres que eres capaz de mostrarte con palabras. Eu son de poucas palabras e de imaxe terrible.

Anónimo dixo...

Hola! tan dacordo...tamén creo que as palabras moitas veces forman parte da imaxen que damos,é nos mesm@s confundímonos con elas. Confío máis no corpo, o corpo non minte, o impulso, o desexo. As palabras moitas das veces están desconectadas da emoción real, eso de dicir unha cousa e facer outra..., seducir coa palabra e amosar despois unha grande falta de sensibilidade...Por sorte non sempre é así, hai moitas cousas na vida, moitas persoas que son de verdade, incluso vestidas!!!
Nada máis fermoso que asistir ao espido interior de unha persoa, coa palabra, co corpo...
Saúdos, e grazas pola beleza!

asbeirasdoarnego dixo...

eu son maiormente coma paideleo non de moitas palabras, para min unha imaxe vale máis ca 1000 palabras.
www.asbeirasdoarnego.blogspot.com

d´Agolada dixo...

Tes razón, é unha mágoa que empreguemos tantos medios en vestir esqueletos e que non fagamos nada por vestir o noso patrimonio. Eu teño unha foto cravada a esa só que no concello d´agolada. Saúdos.

caracol dixo...

aaaay siii y tan agusto, a nuestras anchas, sin cosas que te tengan ay quietecito para que no se arruguen, para que no se manchen, se despinten...

Pau dixo...

A tranquilidade dunha mesa acompañado dunha cerveciña ou unha boa cea con esa xente boa que un coñece e conversar ata as tantas. Iso e vida

Anónimo dixo...

queiramos ou non sempre formaremos imaxes, outra cousa é que comerciemos con elas.

Raposo dixo...

Os adornos e vestidos o que fan e disfrazarnos; agochamos baixo eses elementos a nosa personalidade e os nosos defectos, e mesmo, as veces, as nosas virtudes.

vermella dixo...

Un cabazo en esqueleto é a esencia mesma do contido,o misterio que pode agardar,ou simplemente as necesidades mesmas,Gustame este alegato o nudismo "interior"?, pero tamén son das que necesita ver........
bicos

chimeneaverde dixo...

Una imagen, siempre vale más que mil palabras. Mal que nos pese en ocasiones.

São dixo...

Ai, como gosto de espigueiros. Sejam os rectangulares do Minho e da Galiza ou sejam os quadrangulares da Cantábria.
Saudações.

Druid dixo...

Xa.... pero moita xente non te deixaria falar con ela ou non prestaria atención as tuas verbas se non os convences primeiro pola vista.

Se ves flotar nunha perola cousas pouco agradables, inda que alguen che diga que e o mellor caldo, de seguro que o pensas antes de botarlle un grolo....

Asi que pola vista comemos.... e valoramos.

Apertas.

Anónimo dixo...

Unha boa estructura, ben disposta, firme e forte, son a base de calquer vestimenta posterior. Moi lograda a metáfora

Chousa da Alcandra dixo...

Entre todos tecestes os atavíos deste hórreo. Non sei se poderá gardar millo nas futuras colleitas; pero de seguro que seguirá sentíndose orgulloso e campeará en Outoniño por uns cantos anos máis...

Graciñas por facer grande a Chousa.

Anónimo dixo...

Por lo que sé, en A Ulloa, los horreos son estrechos y alargados (no como los de Asturias)y sus laterales se cubren con madera (no como los de la costa que son de piedra ser de piedra).

Por lo poco que sé, antigüamente esa madera se pintaba y en casos se adornaba con dibujos geométricos. En mi última visita a esa tierra he visto algúno en el que, aunque muy deteriorado, todavía se podía entrever el dibujo, si no recuerdo mal estaba en Villapoupre.

Es uhna pena que no se conserve esa costumbre, pero más penoso es ver los horreos ulloanos enladrillados.

busto.agolada dixo...

Soubécheslle tirar sentido á foto que a ambos nos cahmou a atención. É un hórreo espido e mutilado, que perdeu a súa función primixenia. Todos nós debemos amosarnos como somos pero íntegros, coa adornos da franqueza e os remates da cordura.
As vestimentas son só unha parte superflua coa que queremos engaiolarnos (sensu strictu).

Merce dixo...

Unha boa conversa non ten prezo :)
Queda claro que a apariencia exterior non e determinante e a transparencia sempre e de agradecer.

Pobre horreo, quizais o seu problema foi o abandono, a falta de cartos, o olvido... mágoa.

Biquiños :)

Chousa da Alcandra dixo...

Que sería de nos sen o poder da conversa...

Moito me gustan os comentarios en posts antigos. Fanme rememorar momentos que me incitaron a escribilos e, sobre todo, reler os sempre magníficos comentarios das persoas que conforman a Chousa.

Un bico!