mércores, 17 de xuño de 2009

Atrapada

Atrapada coma unha carracha, ameazada polas aves que surcan o aire cos seus picos en ristre e mailas rás que pululan entre os xuncos coas suas linguas retráctiles, eu sobrevoo de xeito silente exercitando as miñas aliñas cristalinas, limpas e áxiles que me proporcionan vitais movementos.
Fai menos dun minuto estivo a piques de paparme un merlo cireixeiro que cruzou centellado a rente da herba alta e verde.
Ainda ben non descansei un par de segundos pousada nun garabullo de bidueiro para que o meu corazonciño voltase a un ritmo sistólico medianamente normal; chegan dous dedos monstruosos e cáchanme sin contemplacións para -simplemente- (disque) contemplarme. E retrátame de xeito reiterado mentras me sostén entre índice e pulgar con inusitada forza.
Prego coas mans dereitas no que considero o meu derradeiro suspiro. E despois, o moi cabroncete con dedos, pregúntalle a uns transeúntes se quererei seguir voando ou se no meu espazo será mellor que voe un abellón colorado...

Foto: Libéla-me. Cabalo do demo
(Calquer semellanza coa enquisa sobre o galego na escola é un puro casual)

29 comentarios:

paideleo dixo...

Non so escribes ben senón tamén cazas animaliños no aire.
A " libélula " en español ten un nome sonoro que case non di nada, en cambio o cabaliño do demo galego e o dragonfly inglés ( mosca - dragón ) son sonorísimos e dan imaxinación á vida do coleóptero.
Como pode haber alguén tan canalla que trate de facer calar esa música toda con enquisas ?.

Chousa da Alcandra dixo...

Ti si que sabes cazalas no aire Pedro!.
Levas ben razón que as semánticas ás veces xogan lerias tan interesantes como o feito de que -curiosamente- tanto nunha fervenza ou callón o cabaliño do demo se sinta igual de presente que nun lago; ainda que neste teña que ser "libélula" e no outro poida ser un cabalo do demo...

Apertas sin necesidade de enquisas

HADEX dixo...

Bueno, líbélula en castelán prodede do latín libellŭla, diminutivo de libella, diminutivo á súa vez de de libra, balanza; porque se mantén en equilibrio no aire....Quero dicir que tampouco é que non signifique nada....(é que , tíos, a min é unha palabra en castelán que me gusta moito!!! )....

Por outro lado teño unha dúbida...cando eu era pequena e iamos ao río alá nos Ancares, chamábamoslles cabaliños do demo a unhas que eran azuis, fermosísimas....son o mesmo??

BIcosssss

Chusa dixo...

Impresionante, menuda descripción. Boteille unha ollada ó blog, e felicítote polo gran traballo. Voltarei por aquí. bicos

matrioska_verde dixo...

eu chámolle cabalos do demo a outros bichiños que voan pero que non son libélulas. A mín a verba "libélula" gústame moito. Pero a verba que de verdade me gusta e "vagalume".

biquiños,

A do outro lado da xanela dixo...

Manda nabo, sempre que te armas de valor pra saír a voar e tentar ser libre, ven algún langrán que non ten outra cousa millor que facer e tríncate...

Bico!

Carlos Sousa dixo...

Visto así, pobre bichiño, malamente sae dun susto e xa ten outro enriba. E este segundo simplemente por brincadeira ou crerse superior.
Puro casual?

A Ulloa en fotos dixo...

Paipadelo: O cabaliño do demo en castelán chámase "caballitos del diablo" (familia Agriidae)as libélulas verdadeiras (moito mais grandes)son "libélulas cernícalo" (Anisopteras).

[gustánme os bichiños]

Carlosm dixo...

Joer, que nivelazo de comentarios tés no blogo machiño. Estou agardando a ver o comment do Grisom de CSI, que seica é un entomólogo de nivel.
Claro que tampouco che vou quitar mérito a ti; ao fin e o cabo eres quen lles da material para que se lancen deste xeito

Eso si, ten tino de que non te morda un bicharraco deses un día.
Apertas

Carlosm

Paz Zeltia dixo...

fixeches ben en aclarar que a pregunta abellón colorado ou cabaliño do demo, non ten nada que ver coa enquisa do galego; porque por poder, podía, tendo en conta as preguntas tan absurdas de que consta a dichosa enquisa. mesmo serían divertidas se non fosen de pena.

e polo demais, tampouco se trata de dicir cal palabra é mais bonita ou mais fea, millor ou pior; trátase, penso eu, de que cada un poida expresarse como lle pete; e teña dereito a que lle ensinen no seu propio idioma; o "oficial" tamén haberá que aprendelo, claro, pero ise non se perde ho, que hai moitos que pensan que hai que protexer o castelán -a mín gústame mais ca español- a mín paréceme ben, que se protexa de todo; pero o que corre perigro de extinción e o noso galego, non o outro idioma, con palabras preciosas, por certo, coma libélula... de feito, a min, contra o sentir xeral, gústame máis ca cabaliño do demo; porque nin ten forma de cabalo, nin de demo... en todo caso de helicóptero

;-)

anto dixo...

Ándolle a dar voltas ao do "cabroncete" do teu post; é que a min nesa coincidencia casual, que non é pero si, sáenme máis de un, e todos con méritos de moito carallo que os fan acreedores da palabriña...

Imos deixar voar o "cabaliño"!

Deambulando con Artabria dixo...

Boa foto, si señor, aínda que xa che vale perturbarlle a tranquilidade que tiña.....

Suso Lista dixo...

Animaliño! E que ben fala! Apertas fortes de novo

paideleo dixo...

Teño que darlles a razón a Hadex e a A Ulloa en fotos por descubrirme a fermosura das definicións en español do bechiño. Sempre é un pracer aprender e máis destas cousas.
Non me fixara eu no de callón e lago e aí si que fías fino.
En galego tamén hai libeliña e gaiteiro e non sei se son iguais ou outros coleópteros.
E deixo o tema.

Barreira dixo...

Elexir seguir voando ou non???. Eso non se pregunta, faise o que sexa e xa está.
Esas son preguntas para quedar ben pero que non serven para nada.
Saudos.

Avelainha dixo...

Fías fino Chousa
O de Lago e Callón est moi pero que moi logrado.

Bico

Avelainha

CriS dixo...

SUELTAME.... suelta mis alas... yo puedo posar para ti no hace falta que me atrapes.. no voy a salir volando... al menos por ahora no... ja ja

ayyy muy buena foto pero pobriña.... ¿pudo volar después de pasar por tus manos?

bfletes voladores... libres...

Anónimo dixo...

Vaia que hai mensaxes subliminais neste texto. Moi elaborado e metafórico.
Volverei por esta chousa cargada de bichiños

~pi dixo...

pôr se no lugar do

outro!!

grande experiência

e sequente

descrição!! :)




beijo





~

vakastolas dixo...

Abraiada me quedo con estas metáforas biolóxicas-lingüísticas... que non hai semellanza? Son calcadiñas!

Cuspedepita dixo...

Non sei que lle responderían os transeúntes ao "cabroncete", pero non as teño todas comigo...
Os abellóns colorados son especialistas en márketing.

Chuchos, bicos, kisses, beijos, baisers, besos, φιλιά, küsse,поцелуи... ou como lles queiras chamar.

Antón de Muros dixo...

Prego que a nosa lingua sempre teña as súas alas ben fortes.

Unha aperta.

Antón.

susana moo dixo...

Mira. Non hai nada como a expresión oral, se o cabaliño do demo tivera capacidade linguística, mesmo pode que convencera aos abellóns.
Falando se consigue moito, pero moitísimo.

vermella dixo...

Tés moita sorte atrapas libeliñas e fás que falen coma catedráticos....
bicos.

Chousa da Alcandra dixo...

Vermella: As libeliñas de Antas son máxicas e moi ilustradas. Elas teñen o mérito; nós somente as escoitamos e admiramos o ben que falan mentras as collemos con suavidade para non romperlles a arquitectura cristalina das súas aliñas...

Susana Moo: Concordo e suscribo. Nada como a expresión oral. Ainda que de seguro que nin ti nin eu imos prescindir nin rexeitar calquera outro xeito expresivo capaz de persuadir abellas e abellóns; á que non?

Antón de Muros: Amén, Antón. Fago cada día ese mesmo propósito e procuro telo sempre na ara da miña propia expresividade. E sei que non estou so neste Oficio; así que, outra vez digo Amén.

Cuspedepita: A leria vai ser que o cabroncete preguntoulles aos transeúntes, pero non ten pensado facerlles puto caso (xa que é cabroncete, vai ser apólogo do seu propio calificativo). Eu mándoche bicos traducidos, que en inglés non sei se os saberei dar.

Vakastolas: Abráiame abraiarte. Da gusto ver que non son o único que as caza voando...

~pi:Non sempre somos quén de poñernos no lugar do outro. Ogallá o fósemos en máis ocasións. De seguro que nos aportaría moita sabiduría da que -destoutro xeito- carecemos.

Cris: Despois de "pasar polas miñas mans" voou o cabaliño do demo. O certo é que me gusta pensar que incluso mentras estaba nelas tamén puido voar un pouquiño; ainda que non sexa o que voe -nese caso- un cabaliño... (jajajaja, se me entendeches vouche dar o título de galega definitivo!)

Avelainha: Fío e sin roca nin fuso, que ten moito máis mérito! (Non teño avoas, así que...)

Chousa da Alcandra dixo...

Barreira: Si, claro; pero hai que ter combustible para mover as aliñas!!!. Oi que carallo!. O do voo sin motor so queda ben para as exhibicións colega.
E ti ben o sabes, que tés o mesmo grao de sabiduría que teño eu ás veces...

Artabria: Perturbeillo somente un anaquiño pequeniño. Asegúroche que cando a soltei marchou voando con moita máis ledicia que antes. En ocasións as ameazas superadas fannos moito máis fortes...(como siga vouche dicir que lle fixen un favor ó pobre cabalododemo jajaja)

Anto: O mundo está cheiño de cabroncetes. Cada día saen da casa 100 cabroncetiños con ánimo de foder a outros tantos que veñen coa mesma intención...
Como di un ilusionista televisivo: Non lle deas máis voltas, simplemente...non ten sentido!

Zeltia: Sempre has de poñer un puntiño sobre da "jota" que eu quería poñer. Cando escribín este post veume á mente algo sobre a semellanza que me evocan os cabalos do demo e mailos helicópteros. Despois, deixeime ir esbarando polo teclado (como adoito facer...ainda que non sexan teclados).

Carlosm: Aproveita, que en pouco tempo teño pensado rentabilizar as entradas á Chousa. Esto de vir a pasantías de balde vaise acabar!! :-)

A Ulloa en fotos: Ti eres quen escribe os guións para CSI, non si?. Sabíao!.

Carlos Sousa: De algo tiña que escribir. Ademáis...son un pirulán que anda ceibo polo mundo e os bichiños estes están expostos aos meus dedos. Pobriños!. Xa dixen que quedou viva. Non son capaz de matar a unha mosca! (Cousa que Obama non pode dicir!)

A do outro lado da Xanela: O mundo está cheiño de langráns con ganas de trincarte!!!. Ben sei que ás veces pódese elexir, pero non sempre jajajaja.
Repito que nas miñas mans non o pasou ben a libélula, pero despois...volveu ser feliz (ata que un merlo a zampou de cea)

Aldabra: Os vagalumes son os vermes carpinteiros?. Agora xa non sei moi ben se os haberá. Seguramente teñen que venderlle a súa enerxía a Fenosa...pobriños.

Chusa: Moito me gusta ver o teu alcume pola Chousa, Chusa.
En serio, ademáis das semellanzas fonéticas, alédame a tua presencia por estes lares. Non te reprimas a visitarnos.

Hadex: Cando ti decidas que hai que pagar polas tuas leccións (ademáis, impartidas así ao aire libre desta Chousa de Antas...teñen que ser moito máis valoradas), eu mercarei un TPV virtual para poder pagarche.
De momento so podo pagarche na moeda de curso legal que teño admitida: con bicossss

CriS dixo...

Ja ja ja ¿pero has entendido tu lo que has puesto? ja ja ja. HOmbre, en tus manos seguro voló pero con la imaginación ;)

A Ulloa en fotos dixo...

Os bichiños son un mundo ben curioso e si que darían para mais dun guión dun CSI-Ulloa.

Deixareime de comentarios científicos e limitareime a dicir o ben escollidas que están as túas fotos.

Fdo. Grissom

Chousa da Alcandra dixo...

Cris: Ás veces nin eu me entendo; pero neste caso si jajajaa. E penso que ti tamén.

A Ulloa en fotos: Pois é unha idea caralluda. Un CSI-Ulloa podía ter pegada. Eu xa estou pensando algúns títulos: Esnaquizado na ponte do Estanco ou Frebas arrincadas... jaja. Conto contigo, Grissom!!!