xoves, 2 de abril de 2015

Abrazar

Eixe, troitoiras, chedeiro; 
adival.

Laxes, cúpula, pateira; 
quentar.

Brancura, artesa, fermento;
amasar.

Terra, traballo, regalía;
manxar.


Foto: Pan nas mans. Mans de pai.
Abrazar

14 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

Precioso, Chousa. Para min, que o vivo, os catro últimos son impresionantes.

A.C. dixo...

Anos de colexio dicindome: Aniña, as oracións para ter sentido deben levar suxeto, predicado, complemtnentos, artigos.
Agora apareces ti e esfachas todas as miñas leccións con estas palabras tan ben postas.
E ti a que escuela foches, Chousa?

peke dixo...

:D <3

Anónimo dixo...

Moito argallas Chousa. Concordo con A.C; anos e anos de escola ensinándonos que para que algo teña sentido ten que levar suxeito, predicado e polo menos un verbo; e agora que?

Biquiños con sabor a pan.

Anónimo dixo...

Mans que abrazan, palabras que abrazan. Que mestría a súa Sr. Chousa!!
Seguro que pode lembrar o cantar do carro? Que orgullo o seu cantar!!
Bicos de/con pan

Ginebra dixo...

Y que no nos falte ese pan de cada día...
El poema debe ser bonito, hay algunos versos que no entiendo. Lástima...
Besos y bicos

Alís dixo...


Fermoso!!

(O texto, claro)

Bicoss

Pedras dixo...

O poema: un manxar!
Bicos de abril

paideleo dixo...

As palabras importantes son curtas e sonoras: pan, man, pai, etc.

Zeltia dixo...

cantas palabras fermosas.
E tods moi ben colocadas.

Anónimo dixo...

Isto son palabras maiores!. Tesouros sonoros do cerne da nosa identidade, algúns máis vellos co mesmo 'torques de Burela' máis aí están, resistindo, sen cámara de seguridade nin vixilancia oficial que os protexa como é debdido e os poña en valor, que a maioría son totalmente vixentes. Así que nas nosas maus (ou na naosa fala, mellor dito)está s súa pervivencia. Polo momento agúns atópanse a salvo e expostos públicamente nesta fermosa e auténtica vitrina.

Chousa da Alcandra dixo...

Grazas.
Incluso a quen non me entende (por veces inclúome nese colectivo)

mariola dixo...

Que fermosura, chousa.
Quédome cos catro últimos versos.
biquiños chousa.

Aldabra dixo...

volta revolta reviravolta
canto tempo sin pasarme por aquí
e que alegría voltar e ver que sigue a porta aberta

biquiños,