luns, 31 de decembro de 2007

Brindar

Dende o pudor máis absoluto que en todos aniña, cada certo tempo amosamos unha parte do noso sentir e do entorno -máis ou menos íntimo- deste xeito tan vangardista como innovador.
Encaixa á perfección neste mundo que hoxe vivimos no que respecta á inmediatez. Resulta un recurso ás veces pouco entendido e incluso en ocasións repudiado; pero ó que ninguén lle pode negar a portentosa capacidade comunicativa que ostenta.
Doutro xeito nunca tería eu a oportunidade de facer un brinde co universo enteiro como hoxe fago.
Saúde!
Foto: Resultado de deixarlle a cámara a unha fotógrafa de 9 anos o día de noitevella

23 comentarios:

Ángeles Mallo dixo...

Boa noite e feliz aninovo,eu só espero que este ano sígasnos a ofrecer textos tan bós e fotos tan lindas,( o meu cativo encantoulle a dó burro),Bicos.

busto.agolada dixo...

Saúdos Chousa, feliz Noite Vella e Aninovo. Desde este outro lado do Farelo brindamos contigo por que o novo ano nos traia ledicia e sorte.
Para min tamén foi un pracer coñecerte.

Unknown dixo...

Comparto contigo o brinde, pero sen alcohol :)

Viva a iNET!!

Feliz saída e entrada de ano.

Son Unha Xoaniña dixo...

Gustoume o teu brinde universal, agora os mellores desexos para o 2008,
Unha aperta.

Anónimo dixo...

Feliz ano novo

caracol dixo...

feliz nuevo año. mucho muy... saude!

BK dixo...

Unome o brindis para desexarvos un moi feliz ano novo. biquiños.

Anónimo dixo...

Eu tamén brindo contigo por este novo ano no que teño postas moitas ilusions i esperanzas.
Espero seguir léndote neste bonito escaparate de imaxes de Antas de Ulla

Anónimo dixo...

Pois se con nove anos xa argalla esas composicions vaille tirar ao pai.
Feliz 2008 para a fotógrafa tamen

Elvira Carvalho dixo...

Feliz 2008. Eu sei que venho atrasada, mas estive fora. E como mais vale tarde que nunca, desejo um excelente ano com tudo o que deseja. E muito obrigada pelas visitas e pelo carinho que tem dispensado ao Sexta-feira e á sua autora.
Um abraço

Druid dixo...

Feliz 2008, inda que sexa un pouco tarde. O que si che digo, e que non vou tocar o alcohol unha temporadiña.....

Mararía dixo...

Pois a fotógrafa apunta boas maneiras. Un saúdo.

Lórien dixo...

Pues ... yo no hablo nada de catalán...o es portugues? se parecen, mmm supongo que es catalaán por tu ubicación, creo que tú sí hablas español en cualquier caso.

Mil gracias por darte una vuelta en mi blog, tus fotos son HERMOSAS,
la traducción de la postal que pegué en el post es:
"mi marido no quiere tener sexo conmigo, así que me masturbé con un pepino y se lo servi como cena en la ensalada"
algo fuerte ...pero así es la vida.

feliz 2008!!
Nos leemos aunque no nos entendamos
=)

Lórien dixo...

Pues ... yo no hablo nada de catalán...o es portugues? se parecen, mmm supongo que es catalaán por tu ubicación, creo que tú sí hablas español en cualquier caso.

Mil gracias por darte una vuelta en mi blog, tus fotos son HERMOSAS,
la traducción de la postal que pegué en el post es:
"mi marido no quiere tener sexo conmigo, así que me masturbé con un pepino y se lo servi como cena en la ensalada"
algo fuerte ...pero así es la vida.

feliz 2008!!
Nos leemos aunque no nos entendamos
=)

Alexan dixo...

É certo o que dis nos blog deixamos retazos de nós. Sumome a ese brindis co universo enteiro.
Feliz ano!
Unha aperta

Markesa Merteuil dixo...

Supoño que coa paz que se respira en Antas (no último trienio tiven ocasión de visitar esas terras alomenos algunha que outra vez) o Aninovo ten un cariz suave, sen grandes propósitos, se os de vivir, disfrutar e compartir son pequenos.

pitima dixo...

Ai Chousa, catalán catalán non es ¿ou si?, vou buscar Antas jejejeje, no mapa, aissss...
Brindo contigo e con todos os que veñen por aquí, veña... ¡incluso coa do pepino! jajajajaja
Feliz aninovo.
Fotoxénica gamba, claro que o mérito será da fotografa esa que tés por aí. Bicazo pa ela tamén.
Eu tamén me sumo ó ¡viva a internet! que nos permite coñecer xente coma tí. De hoxe a un ano que volvamos a brindar outra vez.

Ángeles Mallo dixo...

Si que é impresinante o poder que ten internet, grazas a esto somos moitos os que podemos disfrutar deste rinconciño e poder dicir e sentir.Bonita composición fotográfica, xa apunta maneiras. Feliz aninovo para tí e para quen queiras, para os que están eiquí e aló. Bicos.

Chousa da Alcandra dixo...

Angeles Mallo: Graciñas por respostar ao meu brinde.Beber solo non me chista un carallo. Alédame que entreteña ao teu neno; co neno entretido, tamén é doado atraer á nai...
Busto.Agolada: Pois brindemos mentras pousamos o brazo na cima do Farelo, para non cansar coas copas cheas. Unha aperta.
Mariola:Nunca brindei con auga, pero se hai que facelo...faise; qué carallo
Caracol: Me gustan tus visitas a la Chousa, mientras caminas lentamente expresándote en galego. Feliz año!
Veca: E ti brindas con paracetamol? Vaia cóctel que imos facer co auga da Mariola, a gamba da fotógrafa e mailo Mencía da miña copa...
ElfaXa podías deixar algún rastro...Saúdos tamén para ti.
Elvira Carvalho: Tudo un pracer terte na Chousa. Un beijo dendo o Portugal norte para a Galiza Sul!!
Druida: Meu amigo, temo que o "problema" está cando pasa da gorxa; ainda que o toques non produce resaca!!!. Seguro que curaches a gripe...
Silvana: Si, apunta; agora precisaría dunha boa mestra para facela habilidosa coa linguaxe; tes horas libres?. Bicos do Ulla para o Cabe.
Lórien: Supongo que en el mapamundi queda cerquita; pero mi tribu está un poquito más hacia occidente. (Ahora entiendo como me gustan tanto las ensaladas!!!).Bienvenida a la Chousa.
Apatrida: Certo. Uns con balas máis cargadas que outros. Ti dende logo de fogueo nadiña...Unha aperta.
Markesa Merteuil: Dende a tranquilidade da Chousa "antullana" desexo que teñas ocasión nos próximos quinquenios de visitar as grandes inquedanzas desta vila. Benvida tamén!
Pitima:Levo dous días agardando polo teu comentario, raio!.Non ves que o blog perde elegancia sin a tua presencia?. Graciñas por non faltar. Un bico!

A todos e a todas; unha aperta dende o Centro Xeográfico de Galicia (que quede claro, recorcio!)

caracol dixo...

Lenta... dejando un caminito sospechoso de babas por detrás... ajam.... mmm... bueno, hoy descubrí un poco de Galiza, nada que tu no sepas, y lo comenté en mi casa.
bicos, pues.

rosa enriquez dixo...

Súmome ao brindis e envío un desexo grande de sorte, saúde, paz e harmonía para o 2008. Bicos¡

Marinha de Allegue dixo...

Feliz 2008!!!.

Unha aperta.
:)

teresa g. dixo...

Saúde! E a fotógrafa tem um futuro promissor!