A ver se co aforro enerxético tan importantísimo que imos lograr por mor destes absurdos cambios horarios, podo permitirme volver pagar catrocentos cincuenta céntimos (tres mil reás) por unha caña no Gijón.
Que me atenda o camareiro de chaqueta branca con galóns de almirante e andar tranquilo de avezado grumete.
Ben sei que nin hábito nin abadía fan ao fraile; pero a min aquel lugar inspírame. Non sei se polo ar que fala en pretérito, se polas litografías con nádegas ben debuxadas dunha femia que me volven ao presente. O certo é que no futuro quero volver.
Foto: O meu primeiro libro. Busco editor