Hai días nos que nin rezar podo;
dilatando as veas de tal modo
que case me doe respirar.
Días en que nada resolvo,
que me mancan ata os fíos de seda nos que me envolvo.
Días de escasa creatividade e acugulados de pura estupidez.
E circulan polo dixestivo torrentes de acidez,
rebechando pola coliga altas voltaxes de tensión.
Respírase no ar o cabreo, sábese que hai partículas de mala hostia en suspensión.
Sen concretos motivos e con miles de concrecións,
hai días cargados de pésimas intencións;
días nos que estás de todo
ata os mesmísimos collóns.
Foto: Cruceiro de Alvidrón. Amén
Certo... hai días... que era mellor ficar na cama... Habería que facer un "requiebro" quebradura, ou seguro que ti sabes ben como dicilo en galego... para que darlle a volta, aínda sen gañas... Habería.
ResponderEliminarBicos, sen mala ostia.
Houbo un tempo que, as veces, eu tamén estaba ata os ovarios.
ResponderEliminarA idade serenoume moito.
Agora si que son absolutamente pasota.
Non sei si xa se che pasou, así que mellor non digo nada, e marcho como viñen.
ResponderEliminarDeixo sí un bico cheo de boas intenciónss
Escribín un comentario que me deu erro.
ResponderEliminarPero como non se pode ver se o colleu ou non, vou pensar que sí.
(total o que dicía non é perda para o mundo)
E aproveito para deixarche un saúdo e un consello: a mala hostia é unha das causas de úlcera de estómago, pódese recurrir aos antiácidos, ou mellor a un masaxe relax.
Días nubrados no que todo parece saír mal,pero ata estes días fan que nos paremos logo a recapacitar dun xeito máis proveitoso, non?
ResponderEliminarun bico grande.
Sim, hai días asi. Dou fe
ResponderEliminarSoname ese cruceiro, sera de Antas?
ResponderEliminar