Canto cambiamos en dous lustros? Como eramos, que vicios tiñamos que xa non temos e cales adquirimos desde aquela? Hai hoxe dez anos, falabamos de felicitar o santo que neste día celebrades, de que era un outono atípico pola escaseza de choivas, da caída da folla...
En realidade, se espelimos as colateralidades de adornos prescindibles, podemos chegar a concluir que tanto muda que non cambia nada. Matizar en todo caso que, para convivir coa presbiopía ocular galopante, fomos aprendendo que non todo consiste en ver: tamén cómpre saber contemplar.
Foto: Pedestal contemplativo.
A beleza, sen máis.
ResponderEliminarCon vostede axudando dame a impresión que e facil contemplar
ResponderEliminar