domingo, 12 de novembro de 2017

Lavar

Nos tempos da inmediatez parece que non temos tempo para nada. A frase foi sempre válida pero, debe ser por tanta tecnoloxía, dá a impresión de que o tempo fuxe hoxe a máis velocidade.
Este entramado de axiñas que nos ralentiza provócanos milleiros de suspiros, mentras xestionamos axendas electrónicas e administramos arquivos  que viñan para nos solucionar a vida; e resulta que se nos encerella neles...
Seguramente non imos ter tempo, pero viría ben deter o centrifugado ao que temos sometidas as neuronas para lembrar que máis amodiño tamén se pode lavar.

Foto: Lavadoiro/lavadora.

10 comentarios:

  1. E as cousas que aí se contaban, que ríete ti do WhatsApp! Pese a todo, a lavadora foiche o mellor invento, que non quero imaxino lavar a roupiña todos os días coas mans metidas Nesa auga xélida na invernía!
    Mellor ralentizar o tempo sacándovos aos homes os vosos xoguetiños que só serven para medir egos e non inventos que nos concederon tempo e saúde. Claro que a moitos homes o de poner a lavadora élles un esforzo neuronal insuperable e misterioso. Por iso,e porque sempre lles aparece a roupa lavada e pregada no roupeiro, ignoran e desprecian tal invento.

    ResponderEliminar
  2. Acepto a argumentación en defensa do invento da lavadora. Idénticas (practicamente) palabras empregaba miña nai aos poucos de ter a primeira "lavamatic", da que dicía que foi "o mellor apeiro" que entrou na casa.
    A miña disertación viña máis contra doutros apeiros, aínda que a imaxe elixida pareza que ten que ver coa lavadora.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Seino, pero non puiden resistirme 😂.
      Respecto ao resto, todo se fai mellor amodiño, pero fannos crer que se non apuras, perdes todos os buses 😨

      Eliminar
  3. Pues saque sus narices de los archivos, señor Chousa, coja su moto y dese una vueltina por ahí. El tiempo nos da lo que nosotros queramos que nos dé.
    Siente el paso de las estaciones, la luz y mira los árboles. Es más placentero que estar sentado ante el ordenador.
    Y dicho esto, me voy a poner en práctica el consejo que acabo de soltar:)
    Besos

    ResponderEliminar
  4. Tomo nota del consejo, Ginebra. Te hago un sitio en la "grupa" de la moto?

    ResponderEliminar
  5. Cantos recordos me veñen
    do lavadoiro cando
    ía con miña nai e me daba
    os trapos e unha raspiña de xabón.
    Eu caladiña escoitaba os contos
    ata que subían de ton e dicían
    que "había roupa a secar".
    Alí non so aprendín a lavar.

    Un saudo agarimoso.


    ResponderEliminar
  6. O consello é bo pero dame que chega demasiado tarde. Xa estamos enganchados a velocidade, a présa, a ir sempre deprisa aínda que sexa para chegar a ningures.

    ResponderEliminar
  7. Dame a impresión que o señor Raposo ten razón. Onde carallo estará o botón de re-iniciar?

    ResponderEliminar
  8. Eu tamén teño recordos do lavadoiro Marisa. Moito me gustaba tentar pesquisar as conversas que non se tiñan cando había "roupa tendida"; así que me agochaba detrás da silveira para esoitar algunha palabriña...

    ResponderEliminar
  9. Cantas interesantes reflexións!
    Concordo con todos/as, aínda que pareza paradóxico... Os recordos do olor a xabón de "lagarto", a roupa a clareo e, como non, as conversas en clave :-;
    Pero é necesario pulsar o botón off con máis frecuencia



    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: