Din que nos representan, pero eu non me sinto representado. Nin siquera pola veliña que acendín.
Non entendo o que din; e de non entender xa me teñen cansado.
En ocasións considero que a miña é a vela apagada; pero para que carallo a quero se non aluma?
Xa abonda de tanta escuma nesta mar alborotada!
Xa abonda de tanta escuma nesta mar alborotada!
Ás veces penso que non a teño no candelabro por mor dun sistema electoral podre e macabro.
Deputados da sarna sen gusto que me aportan contrariedade e desgusto; que se queixan da súa mala sona con senadores desnatados que unicamente se afanan en ter mulida a poltrona.
Nesta noite -que non dou agardado polo día- declárome en rebeldía;
e tendo por testemuña o firmamento, disolvo este inútil e arcaico
parlamento.
parlamento.
Foto: Velas
(Igrexa do Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil)
Uns defenden os seus privilexios e outros queren conseguilos e a roda non para de xirar.
ResponderEliminarNon sei como rematará esta cuestión.
A min tamén me aburren soberanamente.
ResponderEliminarTengo la misma sensación que tú, Chousa. Tampoco me veo representada y estoy cansada de vivir en este bucle día tra día. En rebeldía llevo más de una década, y lo que me queda. Pero aoagada no estoy, mi veja sigue alumbrando y cuando se apague, dejaré de existir, sencillamente. Bicos
ResponderEliminar