Nos tempos da inmediatez parece que non temos tempo para nada. A frase foi sempre válida pero, debe ser por tanta tecnoloxía, dá a impresión de que o tempo fuxe hoxe a máis velocidade.
Este entramado de axiñas que nos ralentiza provócanos milleiros de suspiros, mentras xestionamos axendas electrónicas e administramos arquivos que viñan para nos solucionar a vida; e resulta que se nos encerella neles...
Seguramente non imos ter tempo, pero viría ben deter o centrifugado ao que temos sometidas as neuronas para lembrar que máis amodiño tamén se pode lavar.
Foto: Lavadoiro/lavadora.
Seguramente non imos ter tempo, pero viría ben deter o centrifugado ao que temos sometidas as neuronas para lembrar que máis amodiño tamén se pode lavar.
Foto: Lavadoiro/lavadora.