mércores, 1 de marzo de 2017

Ferraxe

Nexo. Conxunción copulativa, que funde pedra e madeira con simples engarces de harmonía.
Interruptor. Aparello sutil que procura a noite no día con simples xiros de aparente monotonía.
Sensual. Constante penetración en perenne simbiose de milimétrica asimetría.
Entre funcional e decorativa, ata mutar de ferro a sinxela fasquía.

Foto: Ferraxe (que non ferruxe) con carmín

2 comentarios:

  1. Unha ferraxe
    con moita
    poesía.


    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Había que inventar un novo termo para esta combinación de madeira e ferraxe: madeiraxe ou ferradeira.
    Non esquezas a lubricación.

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: