Entre a madeira garabullo,
do mundo insignificante;
estrafalario e nada elegante,
fraco a pesares do bandullo.
En miserias abundante,
en comunicación só barullo;
do labradío simple cadullo
e da estupidez agravante.
Respirando gas noxento,
paso tímido e anguriante,
con gotos de abatemento.
Por este entorno abafado,
baleiro do propio orgullo
son un piano desafinado.
Foto: Garabullo insignificante.
Encántame o teu poema
ResponderEliminarsobre o garabullo
insignificante.
Para nada piano desafinado.
Bicos
Los pianos desafinados, siempre encuentran a alguien que los afine de nuevo, por eso siguen deleitándonos con sus melodías:).
ResponderEliminarBicos
Piano desafinado?, non, xa se ve... O que si se ve é ó pianista un pouco abafado neste intre, máis é propio e virtude dos grandes bardos céltigos convertir o laio ou pranto na máis bela melodía como sen dúbida ningunha é esta, con esas fermosas e emocionantes analoxías telúricas que adoita empregar. Xa tocaran así outros pianistas máis coñecidos!. Máis afinando co que di Ginebra,'semella' que non anda cun diapasón co que comparar sons; logo un/unha escolle o son que desexa que pra iso somos libres, máis tod@s o precisamos. Se fora así, que atope un ben axeitado!. Arrio qu'ei vén o maio!.
ResponderEliminarque vas ser un piano desafinado! aí dándolle ao soneto rimando a toda pastilla. ese carabulliño coa súa tea de araña, di moito de sí.
ResponderEliminar