mércores, 18 de xaneiro de 2017

Quéixateme

Son moi pillabáns os que cortan en inglés. Despois de nos munguir no Nadal, queren seguilo facendo tamén neste mes.
Embuten trolas na televisión; con anuncios reiterados noutros medios de comunicación.
Chaman por ti para ofrecerche unha cousa moi rebaixadiña; e con esa ladaíña -aos catro ventos lanzada-, fan unha feira que se troca nunha trapallada.
Non teñen o que din e non lles importa un carallo o que me interesa a min. Soamente pensan que coa moita feira van encher a súa faltriqueira.
Non lles fagas caso e merca onde precises o que realmente necesites; pero se vas algún día e percibes que xogan á trileiría, non quedes sen voz; cando menos, quéixateme!

Foto: Queixo cun 25% de rebaixa.

14 comentarios:

  1. Queixar queixarase o pobre queixo, ti que ben te queres! Jeje!

    ResponderEliminar
  2. Está moi boa a alusión inglesa.
    Vese que fuches de rebaixas e tiveches que pedir o libro de reclamacións.
    Así se fai. Hai que protestar. A lo menos non dicir que chove!
    (está moi ben o texto de chirigota retranqueira)

    ResponderEliminar
  3. Mágoa que estea eu rebaixado de queixo. Vaia pintaza que ten !.

    ResponderEliminar
  4. Con ese ritmo que vai caendo tan ben...non así o que cae nas nosas espaldas, máis aguantamos o que nos boten.
    biquiños chousa.

    ResponderEliminar
  5. Teño doce de marmelo (feito na casa, por suposto).
    Facemos un intercambio?
    Digo, para que as queixas vaia acompañadas

    ResponderEliminar
  6. o queixo, con ese pan, ese viño...non che está para moita queixa :)

    -Maruxinha -

    ResponderEliminar
  7. Coido que deche no cravo Chousa, con esta pilla crítica e por suposto autocrítica (á indiosincrasia galaica) imaxino, porque realmente é deste xeito como adoitamos queixarnos @s galegog@s, e así nos vai!. Só o noso bandullo parece ter unha meguiña de dignidade. Como xa lembrou Zeltia aquí chove... e que lle has facer!. Máis con queixos coma os da Ulloa calquera non se queixa. Quero un 10% (unha lasquiña) dese queixo ou do contrario presentareivos unha demanda.

    ResponderEliminar
  8. A onde che envío la lasquiña de queixo, "Nonhaiqueixa"?

    ResponderEliminar
  9. A demanda era dun lote surtidiño se pode ser, porque dese... Mándamos no Castromil se che cadra e senón xa tratamos na feira de Monterroso. Mui agradecido!.

    ResponderEliminar
  10. Outra vez por aquí Chousa.


    Iso é so queren vender
    ainda que sexa malo
    e encher a faltriqueira.
    O queixo sí que está
    de bo ver.

    Bicos

    ResponderEliminar
  11. odio o cortinglés... paréceme que todo é un escenario, que entrar alí non é a vida real... en realidade odio tódalas grandes superficies.

    son pequena, síntome pequena e gústanme as cousas pequeñas... pero de miras moi altas.

    biquiños

    ResponderEliminar
  12. por certo, ¿lle queda un cachiño de queixo?

    ResponderEliminar
  13. Aquel acabouse, Matrioska_verde; pero hai máis de onde saiu o da foto...

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: