As palabras quédanse cativas cando hai que falar de persoas grandes.
Persoas que co seu día a día son capaces de nos demostrar que se pode ser importante sen perder a sinxeleza. Que é posible comandar a tribo sen necesidade de dar ordes.
E cando esas persoas se van, várresenos o chan de debaixo dos pés, pérdense os marcos de perto e xa non se coñecen os lindes da lonxanía. Ficamos sendo follas caídas no océano da inmensidade ao antollo dos ventos, sentindo como a corrente nos borra a propia identidade.
...
É ben posible que non se me entenda, pois cando se fala de persoas sumamente grandes, todas as palabras resultan extremadamente cativas...
Foto: Folliña cativa.
Sr.Chousa,adivíñase dor e tristura nas súas palabras. Caemos e erguemos, erguemos e caemos. Ata perdemos o rumbo si.Hai persoas que deixan fonda pegada, e dela saimos reforzados, elas están con nós sempre.Non sei se me entende vostede a min? E...o Sol volve saír.
ResponderEliminarBicos reparadores.
Entende, entende, a boa fe que si!
ResponderEliminarYo te entiendo, mucho. O creo entenderte. Mucho.
ResponderEliminarSe van y te quedas como huérfana, y tratas de no sentir nada, pero sientes. Y cada vez que topas con un homenaje, sientes esa sensación, justamente. Que ninguna palabra, ningún discurso, le representa verdaderamente.
Moito animo señor Chousa. Necesitámolo comandando polo blogomillo.
ResponderEliminarAperta
Certo. Non somos nada fronte á inmensidade e a boa xente xente ata se camufla millor nesa inmensidade.
ResponderEliminarA foto acompaña moi ben o texto: ese sentimento de loito e cativez. de quedar á deriva.
ResponderEliminarEntrame a gana de darche o pésame. E isto dígoo en serio.
Eu noto que van desaparecendo persoas importantes, unhas cercanas e outras inda que non coñecidas, tamén cercanas, porque pola súa música ou as ideas, xa forman parte da miña vida.
Las personas grandes siempre dejan tras de sí una semilla que suele germinar, así es que cuando se van, en realidad parte de ellos se queda con nosotros, aunque su partida nos entristezca.
ResponderEliminarBonita y emotiva reflexión.
Bicos
Obrigadísimo pola vosa cercanía.
ResponderEliminar