sábado, 4 de marzo de 2017

Corredor

Espazo inmenso de carreiras infantís,
 de pernas enfiadas entre os balaustres descoloridos polos veráns.
  Lugar acolledor.

Parapeto de niños de anduriña,
 secadeiro permanente de castañas, de noces e abelás.
 Das regalías todas atomizador.

Peitoril de olladas sorrintes cara a aldea nos días de festa,
 escenario de privilexiadas parolas.
 De conversas provocador.

Prolongación flotante da casa,
 bambán firme da incitante vertixe, altar interno
 e sagrario exterior.

Solaina máxica. Galería, enseña e blasón: Corredor.

Foto: Captura de lembranzas.

8 comentarios:

  1. Certamente un corredor así dá para moito.É o inicio dun labirinto imaxinario.
    Ai! Aqueles días da infancia!😄

    ResponderEliminar
  2. Todo iso e máis eran os corredores das casas da aldea.O que teño xogado neles!! Nos pisos novos das cidades non se atopan, os arquitectos, eses nugalláns, esquecéronse deles.

    ResponderEliminar
  3. Pode escoitarse a algarabía infantil contemplando esa foto. Dan ganas de correr por ese corredor

    ResponderEliminar
  4. Ole ole ole, polo corredor!

    ResponderEliminar
  5. Fixéchesme lembrar os corredores da miña infancia: máis curtos pero con parecidas anécdotas.
    Os balcóns de agora non son o mesmo.

    ResponderEliminar
  6. Estes son "corredoes da vida" . Que veñan os ianquis, eses da 'democracia máis antiga do mundo' e vexan solucións e construcións construtivas.

    ResponderEliminar
  7. Como me recuerda ese corredor a mi niñez.

    ResponderEliminar
  8. E que dito así cobra aínda máis vida este corredor, faise máis fermoso.
    biquiños.

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: