sábado, 14 de marzo de 2015

Candidata

Na corte vaise levando porque todas imos ó que imos: remoer e durmir, despois de que nos muxan con xeitiño ou nos mamen sen sopexar en demasía. Que no inverno a mamite é máis doada que o gordo da lotaría.
Pero ir pacer xa é outro cantar. Todas pensan que saben o camiño, vense raíñas da corredoira e marquesas da estivada. E todas queren mandar, claro. Porque ir diante, ademais de afastarte do aguillón, fai que te sintas lideresa da manada. Líbrate de ulirlle o cu á que te precede e, cando volves, es a primeira en meter o fociño na fonte para coller auga clara...
Así que eu, despois de probar herba doutro presebe, volvo con esperanza; e preséntome como candidata.

Foto: Catel electoral da Gallarda

9 comentarios:

  1. Ten a seguridade de que eu votaba á Gallarda e botaba á esperanza

    ResponderEliminar
  2. A tua candidata debería gañar. Vaia porte que ten
    Deitacheste no chan para facer esa foto? Es terrible Chousa
    Biquiños

    ResponderEliminar
  3. Caghiná. Non se me ocorre nada gracioso. :(

    ResponderEliminar
  4. Non te preocupes Peke; que a Gallarda sabe que provoca esas situacións...

    ResponderEliminar
  5. Me parece más mansa como candidata que la Aguirre, para empezar, y me inspira más confianza, ¡fíjate!
    Besos:))
    p.d. ¡eres total!

    ResponderEliminar
  6. A Gallarda fai honor o seu nome. Tamén maneiras de lideresa, é fotoxénica. Seguramente sabe cales son os lameiros que teñen a herba máis xeitosa, e onde están as mellores leiras de nabos.
    Conta pois co meu voto!!

    ResponderEliminar
  7. Pior non nos iría votando pola Gallarda ou calquera outro rumiante.

    ResponderEliminar
  8. E seguramente gañaríamos votando á Gallarda.
    Apúntome!
    bicos chousa.

    ResponderEliminar
  9. Disque os famosos e roteiros 'touros de Osborne' andan desmoralizados (algúns incluso están a tratamento) e piden o exilio en terras salmantinas despois de saber da irrupción da Gallarda na vida social da nosa terra.

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: