Ser autónoma parece unicamente un epígrafe fiscal, unha nomenclatura grupal de cotización, unha designación administrativa de actividade laboral. Pero é moito máis.
Aínda co instrumento na funda xa teñen inversións por amortizar, algún que outro cadelo que manter e un bo número de teclas que afinar.
Despois, iniciada a interpretación, cómpre que saiban atopar persoas dispostas a mercarlles a súa melodía. Unicamente así a autónoma pode gozar de autonomía.
Foto: Muller no día Internacional. Mañá autónoma acordeonista.
As mulleres temos aínda que aprender a sentirnos nós, dun xeito individual e non sempre como "filla de", "muller de", "viuva de"
ResponderEliminarunha aperta
Preciada autonomía... :)
ResponderEliminarO emprendemento é sinónimo de valentía, pero esta non sempre é recompensada.
ResponderEliminarContesto por aquí a quen me preguntou onde está tomada esta foto. Foi o pasado domingo, 8 de marzo, en Chantada (Feira do Viño).
ResponderEliminarAdemais desta imaxe, trouxen un aparello para abrir noces e abelás que moito me gusta.
Dito queda
Sempre atopas a foto axeitada. Eu fun a feira do viño e non vin esta detallazo.
ResponderEliminare seguro que hai algún home detrás, para administrarlle as ganancias
ResponderEliminar