Toda a vida dicíndonos como son as cousas e agora resulta que cada un ve con matices ben diferentes.
Non hai patróns xeralmente válidos. Cada cor é froito do procesamento visual de cada individuo, sen xeneralizacións posibles.
O asunto do vestido azul con reberetes negros quitounos a venda dos ollos para nos decatar que, na realidade, todo é como cada cal o vemos; non como nolo contan.
Cando logremos trasladar a sabedoría do vestido á maduración política, daremos un paso tan grande coma o de Armstrong sobre a lúa. Entrementres seguiremos agatuñando.
Foto: Árbore frondosa e ceo verde. Paseo Monte Boi. Anoiab
Quita, quita. Maduración política neste país? Utopía, meu. Só hai que darlle un repaso á Historia e lembrar aquel "vivan las caenas" de mal recordo.
ResponderEliminarPues sí, así son las cosas, como cada uno las ve y no como nos indican que tenemos que verlas.
ResponderEliminar¿madurez política? ¿eso es posible en nuestro país? Ummmmm, ¡no lo veo!:)
Besos
Me alegra tu vuelta, llegué a pensar que estabas malito.
A ese asunto do vestido azul (ou blanco) con cenefas negras (ou douradas) décheslle unha volta ti con esa foto. O de aprender desto para a politica non sei se será moito pedir pero ogallá se fixera esa maduración que dis.
ResponderEliminarE non tardes tanto en volver por aqui, que te botamos de menos Chousa.
Bicos
É como o cadro da vella e a muller nova que, segundo quen, mira unha ou outra. Un político nese cadro só miraría un peto de onde roubar cartos.
ResponderEliminarÉ fermosa anoiaB.
Sr. Chousa, pola que vai seguiremos agatuñando!! E...non deixe de sorprendernos.
ResponderEliminarBicos do revés, e do dereito tamén.
E eu que o vía blanco con raias douradas...
ResponderEliminarÉ ben certo que cada quen ten un punto de vista diferente.
O que non sei se os políticos tamén o teñen.
Penso que só ven desde un mesmo prisma,
o se seguir roubando e quitarnos o pouco pan que nos queda.
biquiños chousa.