A forza da oralidade radica case sempre na intensidade coa que as palabras se vocalizan, a tonalidade coa que se expresan e maila paixón inserida na súa pronuncia.
Na expresión oral non hai tantos atadallos gramaticais, permitíndolle á semantica licencias que lle dan potencia á vez que abren vieiros para novos significados.
Por estas razóns, cando na casa de meu avó se alude á maxestuosa árbore que preside a aira e domina o curro, non se di da mesma maneira que se escribe. Ela é, de toda a vida, Anogueira.
Foto: Juglans regia de cas Dionisio.
Nela debe aniñarse aínda o soño dalgúns druídas correndo arredor dela.
ResponderEliminarGústame o teu post. É así: Anogueira. Única.
ResponderEliminarY el árbol ya habla por sí mismo...
ResponderEliminarBesos "verdes como una copa"
Cantas historias nos podería contar Anogueira de cas Dionisio!!
ResponderEliminarSr Chousa,verdes e maxestuosos bicos.
Esa si que e unhanogueira de campionato
ResponderEliminarSaudos Chousa
Maxestuosa... Respeto e admiración polo dominio da terra e o ar desa árbore...
ResponderEliminarChamará a tódolos ollos que estean preto e non tan preto dela... :)
Bicos!
E en Arbo que lles chaman noceiras e por Acedre que lles chaman carroleiras.
ResponderEliminarA foto fala por si sola. Merecido nome ten a maxestuosa árbore!
ResponderEliminarO que non sei é o qué opinarán os paxaros que planean pola aira. Unhas pólas tan altas e non poder desfrutar os seus froitos! Se fosen cereixas...
É esa riqueza oral que temos o que fai da nosa lingua algo maxestuoso, aínda que non sexa correcto...ou si.
ResponderEliminarEncántanme esas licencias!
un biquiño chousa.
Interésame a localización desa nogueira. Podédesma dar? Moitas grazas
ResponderEliminarBo froito; boa madeira; bo porte. Así campa.
ResponderEliminarNandiño: dígoche da localización se me prometes que non tes motoserra
ResponderEliminar(Busca na Chousa un enderezo de correo-e, onde poderás contactar comigo)
jajaja mui boa resposta a que lle das a Nandiño jejeje. Mira que se quere cortar Anoguera da casa de Dionisio
ResponderEliminarBicos