A forza da oralidade radica case sempre na intensidade coa que as palabras se vocalizan, a tonalidade coa que se expresan e maila paixón inserida na súa pronuncia.
Na expresión oral non hai tantos atadallos gramaticais, permitíndolle á semantica licencias que lle dan potencia á vez que abren vieiros para novos significados.
Por estas razóns, cando na casa de meu avó se alude á maxestuosa árbore que preside a aira e domina o curro, non se di da mesma maneira que se escribe. Ela é, de toda a vida, Anogueira.
Foto: Juglans regia de cas Dionisio.