Por ser capaces de fabricar mastodónticos pensamentos e por nueclearizar a imaxinación, construimos escalas baseadas en idearios de grandeza.
Ese xigantismo imaxinativo levaríanos a unha feliz desembocadura se fósemos quen de canalizalo polo rego da xustiza; pero os banzados artificiais non son capaces de conter as ambicións individuais; que desbordan éticas e sentidos comúns, asolagando paciencias, escandalizando conciencias e afogando ánimos colectivos (omito exemplos por manter a brevedade chousiana. Que cada cal pense no Bárcenas que lle pete ou no Urdangarín que lle dea a gana).
Vémonos como presuntos xigantes pero ser somos absolutos liliputianos.
A formiga tamén se sinte xigante, ata que é aplastada por un pé moito maior ca ela.
ResponderEliminarGustaríame ver un pé da xustiza xigante, pero encóllelle según a quen teña que aplicarse.
Bicoss xigantes (de verdade)
Hermosa imagen otoñal. La perspectiva que has elegido es perfecta para dar idea de la pequeñez enmarcada en una difuminada grandeza. Me gusta
ResponderEliminarEu xa conformaría
ResponderEliminara miña fugaz existencia
vivida coa lozana viveza
do azafrán.
Bicos de outono
Non é o mesmo pero pensei no concurso dos calacús do cole. Para o ano temos que facer un ben grande para que se note.
ResponderEliminarBurra grande ande ou non ande.
Si, somos pequenos e mediocres pero parécenos que somos a ostia, os mellores, as máis chulos e que podemos facer o que nos pete sin que ninguén non pare os pés ou non chame a atención (e estou pensando nun urdangarín calquera).
ResponderEliminarUn esteta coma ti sabe atopar a beleza nas cousas pequenas.
ResponderEliminarAperta.
Antón.
Concordo contigo.
ResponderEliminarHá que reparar no que é pequeno e simples. É aí que reside a beleza da vida.
Bonita imagem :-)
banzados?
ResponderEliminarunha lástima non poder escoitar a Luar na Lubre (parece que está bloqueado o video polos dereitos de autor)
[ Inda que eu -obviamente- non me podo ver como un xigante... enténdote ]
xa che dixen canto me gustan os crocus?
Pues así somos: pequeños liliputienses a merced de grandes hijos de puta (eso lo añado yo:)
ResponderEliminarBesos.
p.d. bonita foto
Unha mágoa que o ser humano non saiba crecer, desarrollarse, como este azafrán fermoso que nos amosas, respetando aos seus iguais, existindo e deixando existir.
ResponderEliminarun bico chousa.