domingo, 10 de novembro de 2013

Cursiva

Cando os elementos subliñan tempestades en capas altas da atmosfera e precipitan  treboadas a rente do chan, non resulta fácil manter o equilibrio sobre o papel.
Coa climatoloxía complicando a escrita non hai bolígrafo que sexa capaz de debuxar fonemas cun mínimo de sentido.
A única valente diante de tanta isóbara cabreada volve ser a natureza; que -sen mestra nin mostra- é capaz de rotular virguerías maiúsculas. E incluso adornarse coa cursiva.

Foto: Fonemas da outonía

8 comentarios:

  1. As isóbaras xa teñen nome de cabreadas jeje
    Mui bonita foto con flores en cursiva.

    ResponderEliminar
  2. Ai, Chousa! Como me emociona a túa forma de mirar!
    Un bico.

    ResponderEliminar
  3. Coidas todo moito e bem. Gostei tamben do pe de foto: uma fermosa titulaçom para un poemario. Para quando, senhor Chousa?. Saudos

    ResponderEliminar
  4. Parece que o outono deixa máis choiva por dentro que por fora de nos. Menos mal que lle senta tan ben á paisaxe e regálanos máis dun sorriso.

    Bicoss (ía dicir mollados, pero non sei si atreverme)

    ResponderEliminar
  5. Isto se vai con segundas non o pillo.
    E se non, pois non concorco contigo: unha boa treboada á beira do lume é moi inspiradora.

    ResponderEliminar
  6. Baltasar Gracián (O Criticón)12 de novembro de 2013, 22:38

    E cando Chousa non foi con segundas (ás veces con novenas).

    ResponderEliminar
  7. Non te preocupes, Zeltia, que eu tampouco "me pillo" ás veces.

    Baltasar: a ti xa non che vou pedir agasallo para Reis, que sabecristo que me traes.

    Graciñas por "cursivear" pola Chousa, damas e cabaleiros.

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: