domingo, 13 de xaneiro de 2013

Enlarafuzados

Resulta un tanto curioso recoñecer que unha das imaxes con máis electróns do cinema vén sendo aquela na que a Demi Moore fica coas mans no barro mentras o Patrick Swayze anda coas súas no cazoliño da rapaza. 
Ben sei que a melodía tamén axuda; e moi probablemente a iluminación resulta axeitada, así como a posición da actriz a canchapernas do torno ou os tríceps suados do galán...Pero xa vai sendo hora de que recoñezamos a predisposición mental que supón sentirse totalmente enlarafuzados para desencadear melodías de sete estalos.

Foto: Cantas veces vimos Ghost?

10 comentarios:

  1. e que pastelera é a puñetera película e no seu momento choraría e todo...!
    [ver agora o trailer que deixaches o enlace fíxome sentir algo de nostalxia, aqueles dous mozos fermosos mira en que deron: el xa está morto e ela emprendeu esa perdida guerra contra á vellez. Que total, loitemos o que loitemos,sempre perderemos, fermosa, preciosa Demi Moore.
    (tamén me rin un pouco cos subtítulos inventados do trailer)]

    Chousa, este conto da alfarería está moi ben.

    ResponderEliminar
  2. Di moito de ti esta descripción (ó meu parecer, con paixón) desa escena de Ghost. E confeso que me sorprende. Si tivera barba (que non a teño) estaría acariciándoa pensativa mentras observo este, para min, novo Chousa.

    Bicosss

    ResponderEliminar
  3. ti viche onte Ghost... pois vouche decir unha cousa, a mín é unha película que nunca me dixo gran cousa...

    eu son máis de "Oficial y Caballero", o "Pretty Woman".

    e de escoller a Patrick Swayze (pobriño, que morreu hai pouco) quédome con "Dirty Dancing"

    biquiños,

    ResponderEliminar
  4. Boa maneira de buscarlle motivo al titulo da cancion

    ResponderEliminar
  5. Voume olvidar dela, porque parece saída dun trabalínguas, pero gústame moito esa palabra: enlarafuzados
    enlarafuzados
    enlarafuzados
    enlarafuzados...

    Non vou poder.

    ResponderEliminar
  6. Con Demi Moore polo medio calquera se enlarafuzaría, mesmo un raposo galaico, he, he!

    ResponderEliminar
  7. Concordo con Aldabra... Eses bailes de Dirty Dancing... ;b

    ResponderEliminar
  8. Comcordo com o raposo galaico. Saudos. Carlosm

    ResponderEliminar
  9. Estou con Pitima, non quero esquecer esa verba:
    enlarafuzados, enlarafuzados, enlarafuzados....

    ResponderEliminar
  10. Pos eu tampouco a vou esquencer: ENLARAFUZADOS

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: