Co sabor dos langostinos no pensamento, resulta moito máis complexo catar o bouquet
do raigrás mesturado con xaramagos. A sensación narcotizante de tanta
panxoliña fíxonos pensar que todos eramos bos e xenerosos, esquecendo
que os mesmos capullos do ano pasado seguen poboando o apastadeiro.
De
xeito que, para subir as costas das vindeiras semanas hai que tensar
as frebas da faciana, apretar o pensamento; e cando sexa preciso relaxar
esfínteres... facelo sen perder o glamour.
Foto: A Gallarda, feliz no 2013
Sempre con gallardía! :-)
ResponderEliminarFeliz 2013!!
Bos días Chousa,creo que a estas
ResponderEliminaralturas do panorama haberá que tomalas cousas con humor e "gallardía".
Feliz aninovo e bicos dende as Rías Baixas.
A image fala por si sola: uma boa micción e a melhor terapia. Bom ano.Carlosm
ResponderEliminarÁnimo co 2013 que é un e covarde.
ResponderEliminarE que a gustiño quedamos despois de descargar.
ResponderEliminarBicos
Iso sempre, o glamour por enriba de todo!
ResponderEliminarO humor tamén é moi boa terapia.
un bico .
pois eu este ano safei das panxoliñas. creo que escoitei unha, por cheo.
ResponderEliminar:) feliz.
o peor vai ser iso da costa...
O glamour compre para todo, mesmo para eso.
ResponderEliminarFelices mexadas no 2013!!
Mellor terapia se podemos mexar na súa cara...
ResponderEliminarO único alkaseltzer para a resaca dos días de nadal é o paso dos fríos e escuros días de xaneiro. Como todos os anos, con ou sen lagostinos no cerebro.
ResponderEliminarA estas alturas só nos deixamos enganar si queremos, que non nacimos onte, nin antonte para que as panxoliñas e os bos desexos nos fagan crer que algo ou alguén cambiou. Outra cousa é seguirlles o conto.
ResponderEliminarFeliz aninovo
e bicoss
O rabo da Gallarda estofado non ten nada que envexarlle os langostinos.
ResponderEliminarFeliz ano Chousa