Tivo que ser a Deputación de Lugo a que lle puxo o rabo ás cereixas acometendo unha iniciativa pioneira na conservación e posta en valor do patrimonio.
Na comisión de Goberno desta noitiña pasada vén de pór en marcha un plan de coidados e adecentamento xeral de toda expresión arquitectónica popular e tradicional galega. Atinadamente empezarase polos valados.
O Organismo supramunicipal habilitará unha partida orzamentaria destinada á concesión de axudas para adquisición de ferramentas e apeiros de limpeza das cercas. Os receptores das subvencións espetarán -en lugar ben visible- cada trinta-corenta pasos, estacas de formigón que sosterán unha chapa galvanizada co logotipo do citado Organismo (se o Concello de turno colabora, poderase espetar tamén outra estaca máis pequena co escudo municipal e incluso co nome do alcalde).
Foto: Apeiros da Excelentísima Deputación Provincial
Apesar de raramente comentar sempre acompanho e leio os seus textos.
ResponderEliminarHoje vim deixar um abraço e os meus votos de que 2013 seja aquele ano com que sempre sonhou.
Unha boa nova.
ResponderEliminarAperta forte.
Imposible non vir a ver a tua argallada para o dia dos inocentes, señor Inocencio. Aledame ver que sigue co seu bo humor. Un saudo
ResponderEliminarChimeneaverde
(Perdin as claves do meu blogue)
Vaia inocentadaaa! Ben argallada, si!!
ResponderEliminarIdeia excelente oda fregona para os valos. E sarcasmo de nivel noas estacas con galvanizo.
ResponderEliminarUn 2013 que mantenhas a retranca. Saude. Carlom
¿Ten que ver co día de hoxe?
ResponderEliminarFeliz ano 2013.
Como os canteiros andamos tan sumamente ocupados ultimamente, é moi posible que non teña ocasión de facer balances do ano que remata así como propósitos para o que se achega; así que vou deixar aquí este brevísimo apunte de agradecemento por compartir canda min estas lerias.
ResponderEliminarE deixaremos os balances para os contables e os propósitos para a filosofía.
Boa singladura para o 2013
Que así sexa. :)
ResponderEliminarSi nos poñemos a limpar igoal habia que escomenzar pola Deputación hahaha. Bo Aninovo señor Chousa.
ResponderEliminarEra logo unha inocentada?
ResponderEliminarPois vaia. Só quería ofrecerlle a vde. e ao resto dos Chousas os mellores desexos para o novo ano (e polos valados non se preocupe moito, que xa se encargan outros de poñérennolos)
Feliz 2013!
A Deputación sempre sorprendéndonos con grandes ideas como esta, si señor.
ResponderEliminarAsi da gusto.
Unha aperta e feliz 2013.
o teu post do día dos inocentes é un clásico, chousa.
ResponderEliminaralédame ver que acudiches á cita cos lectores do teu blog
Feliz Noitevella, o día de hoxe chove sen parar aquí na coruña, pero á noite entre as larpeiradas e o cava é máis doado imaxinar que o ano que vén, inda que non sexa próspero, traerá momentos felices. Iso desexo para tí.
Jajajajaja...
ResponderEliminar