Viaxamos acotados pola angostura do leito que nos leva, inexorábel, cara o mar no que todos os manriques desembocamos ("a estas alturas do regato xa todos sabemos que os catro puntos cardinais son tres: norte e sur")
Claro que durante a viaxe podemos permitirnos curriscar entre unha beira e maila outra, provocando burbulliñas; ou incluso, ás veces, logramos encaracolarnos nun riciño acuoso que nos mergulla en sutís mareos de dulzura. A esa cabriola das ledicias, na que moemos de xeito reiterado as ilusións e mailas intencións de voltar río arriba, chamámoslle -garimosamente- remuíño.
Foto: Remuiño a carón do muíño, en O Corgo (Antas de Ulla)
Re-gustame como vira esa agua facemdo rizos que moem ilusions e pensamentos.Ser manrique nom impide de façerem cabriolas.Saudos.Carlosm
ResponderEliminara auga é capaz de facer moitas filigranas e é capaz de derribar todos os muros que se propoña... así deberíamos ser nós tamén.
ResponderEliminarbiquiños,
¿remuiño es sinónimo de remolino?.
ResponderEliminarMe parece entender que sí.
Nos explicas el viaje de la vida a través de una planta acuática que sobrevive a merced de las corrientes del río.
Me parece una comparación válida y original. Una metáfora de las cosas a las que nos "exponemos" cada día.
Bicos
se entendín ben, isto é como o que di Serrat naquela canción:
ResponderEliminarDe vez en cuando la vida
nos besa en la boca
y a colores se despliega
como un atlas,
nos pasea por las calles
en volandas,
y nos sentimos en buenas manos;
se hace de nuestra medida,
toma nuestro paso
y saca un conejo de la vieja chistera
y uno es feliz como un niño
cuando sale de la escuela.
De vez en cuando la vida
toma conmigo café
y está tan bonita que
da gusto verla.
Se suelta el pelo y me invita
a salir con ella a escena.
De vez en cuando la vida
se nos brinda en cueros
y nos regala un sueño
tan escurridizo
que hay que andarlo de puntillas
por no romper el hechizo.
...
Esperemos que o remuíño non se converta nun remuíño sorbedoiro que nos trague a todos.
ResponderEliminarBicos
Sempre sentin atracción por eses RICIÑOS ACUOSOS , e agora xa sei que era debido a que son CABRIOLAS DE LEDICIAS. Gosto desas nomenclaturas que te gastas
ResponderEliminarFermoso microrrelato.Deberia contarnos como acontece rioabaixo.
ResponderEliminarCoidado, que as veces os remuiños turran por nós cara o fondo e non hai quen nos solte deles.
ResponderEliminarpois, fíxate ti: para mais remoimento, o que para todos é norte e sur, en Paradela é este e oeste...
ResponderEliminarUn excelente remuíño
ResponderEliminarde palabras encaracoladas
nas burbullas do regato.
Estivo ben iso dos puntos
cardinais.
Un bico
Sí. As veces os remuiños dannos a ilusión de que sería posible remontar.
ResponderEliminarPero non, non é posible, o rio baixa e baixa e atrás quedan os soños das ilusións.
Cada un ten o seu remuiño particular, onde xiramos deixándonos acunar polas augas, facendo como dis burbulliñas ou mergullándonos en sutis mareos de dulzura- qué fermoso-
ResponderEliminarA foto preciosa,contemplándoa tamén nos nos deixamos levar por esas augas claras.
un abraciño chousa.
Non sei como fas pero sempre teño que ler os teus textos tres ou máis veces e en días distintos para poder atinar co significado.
ResponderEliminarEstá visto que só nos queda facer remuiños que a corrente é a que manda ao final.
Son eu, Paideleo, que me fago un remuíño de ideas, despois enzarapállaseme a escrita e non hai dios que me entenda...Así e todo agradezo a túa insistencia :-)
ResponderEliminarFermoso remuíño de palabras, que non son papel mollado.
ResponderEliminar