mércores, 27 de xuño de 2012

Falaremos



Da gusto poder dar parabéns. Pero hai ocasións nas que un parabenízase con só mirar...Ogallá que estas virguerías tan ben feitas non fiquen unicamente niso: en virguerías.

11 comentarios:

  1. Fixéronme chorar... Emocionada perdida.

    Falaremos.

    Bicos saloucados.

    ResponderEliminar
  2. Magnífica idea e ben realizada neste lipdub dos alumnos e profes de Chapela. Grazas a ti por ofrecérnola. E fago votos por que non se quede só niso, como ti apuntas. Eu creo, como dicía Cuevillas, todo é sementeira. Algunhas sementes darán froito, ata que o bosque estea suficientemente repoboado. Quizais sexa optimista, pero o optimismo tamén cómpre. Non só de denuncias e lamentos podemos erguer o edificio da lingua.
    Moitas apertas e a ver se o verán nos permite outravolta vernos apurando un café.

    ResponderEliminar
  3. Dis ben, oxalá que ese sentimento dos rapaces e rapazas por a fala galega non quede só aí, para facer ese traballiño, e o apliquen en tódolos ámbitos da vida. Si é asi poida que a nosa lingua aínda teña futuro.

    ResponderEliminar
  4. Pois si que foi unha virguería que me fixo arrepiar mentres outros están a mirar o fútbol.
    Que non quede en virguería.

    ResponderEliminar
  5. Con ou sen recortes, os funcionarios do ensino traballan arreo...

    ResponderEliminar
  6. A min sempre me emocionan estas cousas.
    Como din por aí: sementa, que algo sempre xermolará.

    ResponderEliminar
  7. Emociónase un só con mirar...
    E é tan fácil provocar ledicia- cando se fan as cousas co corazón- chegar á xente, coa nosa lingua, con estes rapaces que o fan tan ben, con esta música marabillosamente escollida...que non sei cómo non vamos todos por este mesmo camiño, como non reparamos máis no noso, no optimismo, porque estas cousas enganchan e prenden nun.
    bicos chousa.

    ResponderEliminar
  8. Pois, como dixo alguén máis enriba, sigamos sementando. E, xa de paso, falémoslle ben clariño a quen nos veña dar leccións sobre outras maneiras de sementar, que por estes lares sempre botamos o gran desta maneira.
    Falaremos, si; pero tan só se FALAMOS; que o futuro constrúese no presente!

    ResponderEliminar
  9. Dis bem cando ben dis que futuros precisam presentes;mais notote encabuxado mentras nos ofreces coisas fermosas.Acouga e disfruta (ou disfruta e acouga).Bem sei que non corren boas augas por esas calexas,pero ti es canteiro de modo que mimetiza-te com a pedra que labras.Saudos.Carlosm

    ResponderEliminar
  10. có humor pódese conseguir moitas cousiñas.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  11. Púxoseme un nó no estómago. Encántame, e efetivamente os galegos deberiamos conservar a nosa lingua, se podemos.. Aínda que os que vivimos fóra o temos algo difícil, e se nos esquecen moitas cousas.

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: