domingo, 8 de xullo de 2012

Perendengues

Un exército de economistas aflorou da facultade das alcantarillas para interpretar balances, analizar contas de resultados e pronosticar quebras.
Fuchican nas feridas nunha sorte de sadismo baduador que avanza en xeométrica progresión. Non veñen prescribir (que non saben), tan só diagnostican pavor sen límites e abismos ilimitados.
O asunto non ten pinta de parar até que alguén colla polos colares á estupidez reinante e se aplique a darlle un bo apretón nos perendengues. Mentras non apareza ese atisbo de cordura apreixadora, continuaremos neste magnífico estado de acolloamento xeneralizado.
Foto: Un par.

10 comentarios:

  1. Bueno pois ti xa estas facendo propostas. Moi interesantes por certo

    ResponderEliminar
  2. Tan gráfico como ben dirixido.
    A foto resulta creativa e mui imaxinativa. Escribes pouco, pero sin desperdicio.

    ResponderEliminar
  3. A cuestión é quen lle poñerá o cascabel o gato da estupidez esa.

    ResponderEliminar
  4. Eses que mostras som bos de apreijar, os que dis nom sempre e facil. Viria bem desacolloarse uma miga e sacudir os malos meigalhos.Saudos.Carlosm

    ResponderEliminar
  5. Estamos collidos todos por esas partes e así nos vai e nos meten o que faga falla.
    Boa foto nos pendellos ( veño do blogo de aquamlatam ).

    ResponderEliminar
  6. Ben dito Chousa.
    O asunto segue e segue,
    poñeríanlle as pilas do coelliño.

    Unha grandísima aperta.

    ResponderEliminar
  7. pois sí... acojonaítos ata quen non temos "perendengues" (tiven que ir buscalo ao diccionario) ;-)

    (xa non se ven zocos coma os da fotografía...)

    ResponderEliminar
  8. dame gañas de votarme a chorar...
    e chorar.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  9. Canto máis haberá que esperar?
    Neste día, no que me acabo de enterar de novos recortes, canto máis haberá que esperar para darnos conta de que hay que facer algo XA, porque eles non van parar....
    biquiños, chousa.

    ResponderEliminar
  10. O peor desta crise é ese clima de medo e incertidume que nos crean. E termos a sensación de que non saben ou non queren atallar os verdadeiros problemas. Lexislar para coutar aos especuladores, buscar os impostos na economía sumerxida, desterrar a corrupción institucionalizada e consentida, adelgazar a administración, suprimir organismos inútiles, reducir as TVs autonónimcas, en resumo gobernar con sentidiño.
    E para iso hai que ter gobernantes con perendengues ou que a sociedade se rebele e lle faga tremer os perendengues aos políticos e banqueiros como fixeron en Islandia. Renovación total. A grandes males, grandes solucións.
    Moi plástica a imaxe dos zoquiños de Elena Ferro nos Pendellos, e moi apropiada para ilustrar o problema.

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: