sábado, 14 de xullo de 2012

Collón

Hai singulares que nunca van sós. Un necesario complemento para acadar identidade. Un singular pluralizado que enche a frase, anega o suxeito e matiza o predicado; case prescindindo do verbo, e sin necesidade de cualificativos acada significado.
Presunción de tamaño como símbolo de valentía; sinalar ubicación como mostra de poderío; a simple alusión pretende un alarde de forza e supremacía.
O vulgo dilles collóns, pero a elitista clase política chámalle maioría absoluta.
En base a ela, mentras cuspen aplausos coas extremidades superiores, entre dentes musitan con cara de noxo: que se fodan os esmagados. Ademáis de poñer de manifesto a escasa educación do hemiciclo, queda claro que lles importamos un collón.

Foto: Zoco grande.

17 comentarios:

  1. Ando moi visceral (ou hormonal) ultimamente, así que vou tentar orientar as miñas orellas cara músicas de outros pentagramas. A cámara, iso si, seguirá disparando cara onde se sinta atraída.

    ResponderEliminar
  2. Un collón de presidente impórtanme eles a min. Pero, mira, cando escoito cousas como o dito pola parva da Fabra, danme ganas de lle dar unha boa labazada.

    ResponderEliminar
  3. Ayy, al ver el titulo lla pensé que nos ibas a hablar del Carlos Callón, que es que los galleguistas como tu estais siempre de un pesado tremendo con esas cosas. Pero bueno, lla veo que hablas de oscenidades, que tambien os da mucho para ese lado. Que pena, con lo riquiño que pareces y que te pongas tan bastiño con estas cosas. Bueno te dejo que ahora dan un debate muy importante en intereconomia y me dijo Gloria (la del Lago) que hay que verlo.
    MariJo

    ResponderEliminar
  4. Pedras de Santiago15 de xullo de 2012, 01:52

    Unhas boas patadas lles podemos dar, aproveitando que temos este zoco grande!

    Outra interesante imaxe tomada nos Pendellos? ;-)

    ResponderEliminar
  5. É unha vergoña
    coa Fabra esa,
    fixo méritos dabondo
    para estar no paro.
    ¿a qué agardan?
    é un puro reflexo
    de tódos os dos aplausos.

    Bicos

    ResponderEliminar
  6. Poñer os zocos para darlles unha boa patada nos cadrís (a todos) e chimpalos fora era o que merecian esa panda de chupadores de sangue.

    ResponderEliminar
  7. Yo también estoy que trino, querido Chousa y no ya porque se ha esfumado mi paga extra de Navidad, sino por la pérdida de derechos laborales y sociales que han costado tanto sacrificio.
    No sé para que sirve el Parlamento si ahora todo se aprueba en decretos leyes, ¡como se lo han montado, vaya tela!.
    Me gustó mucho este post.
    Besos y bicos

    ResponderEliminar
  8. Eu voume tatuar ise castiro na fronte

    ResponderEliminar
  9. Calzamos os zocos da retranca para, bailando muiñeiras, zorregarlles patadas de indiferencia a aqueles que pensan que -unicamente querendo- xa nos ofenden.

    E a patada trócase en patadón para chimpar os cementos do palacio das cortes, que tanto esterco teñen.

    E retomo a muiñeira para moer finiño cada aplauso que lle deron ao presidente deste goberniño.

    Heiiiiii carballeira!(Aturuxo)

    ResponderEliminar
  10. I eu, cuitado de min, que pensei que os do PP non ían facer nada !.
    Non sei canto tempo aguantará a xente a estes políticos.
    Habería que deixalos roncollos.

    ResponderEliminar
  11. de tantos significados que poden ter as alusións ós collóns,
    impórtame un collón é menos ca nada: moi ben dito, Chousa.
    Eles poden presumir de telos ben grandes, pero só porque nós non lle botamos collóns!
    Pero que lle imos botar...! se nos tempos malos, en vez de solidarizarnos, a xente vólvese egoísta para gardar cada un o seu e envidioso do alleo.
    Hoxe lin unha das frases coma as que poñías tí antes no outro blog; unha de galeano:

    "El mundo es una gran paradoja que gira en el universo. A este paso, de aquí a poco los propietarios del planeta prohibirán el hambre y la sed, para que no falten el pan ni el agua.

    feliz descanso estival e que a cámara non pare...!

    ResponderEliminar
  12. Tan pouco lles importamos (a uns e outros) que xa nin disimulan nin gardan as formas.
    A tipa esa ao parecer entrou como parlamentaria en canto deixou a universidade, todo naturalmente por obra e graza do todopoderoso papá. É repulsivo!

    ResponderEliminar
  13. Reflexiom moito apropiada para os dias que ocorrem.Se a eles lhes importamos un collom eles a nos costannos os dous.Algo havia que façer.Saudos.Carlosm

    ResponderEliminar
  14. Temos que botalos dunha vez, non lles importamos nada, gástanse o noso diñeiro e se rien de nós.

    ResponderEliminar
  15. Oxalá non miraran nin para nós. Polo menos cumpriríase iso de "quedarnos como estabamos". Pero non; a nosa importancia é tanta que dela deriva a súa supervivencia. Somos a súa man de obra barata, a forza bruta, a masa non cualificada... O que eles non saben é que somos eses que sempre fan as revolucións!!
    Un saúdo de verán afogado

    ResponderEliminar
  16. Sinto pena, porque non hai conciencia...
    un biquiño.

    ResponderEliminar
  17. eu, como ti, ando moi visceral e hormonal (claramente menopáusica, así que dime ti) e tamén digo como ti: que lles importa un collón o que nos pase... por mais que algúns digan que andan "cabizbundos y meditabajos"... non sei como imos saír de esta... a xente ten medo... e o medo non é bó compañeiro de viaxe.

    biquiños,

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: