sábado, 26 de maio de 2012

Ameaza

Interpretando o barullo cotiá que se escoita en tertulias radiotelevisivas ou titulares de xornal, queda clariño que somos a infantería desarmada dunha terceira guerra non declarada. 
Xa sei que non se ven tanques esmagadores nin metralletas cuspindo plomo; pero que alguén me diga se non é unha crueldade vivir o día a día con milleiros de ameazadoras tizonas damoclianas suspendidas do arco celeste; mentras baixo os pés suben a temperatura para que nos vaiamos fritindo na nosa propia ensulla.

Foto: Ameaza escrita.Inculta, pero efectiva.

18 comentarios:

  1. Qué siniestro me parece lo que nos cuentas, y la foto también siniestra, esas bellezas desconcertantes ... porque non fun quen de ler o que pon abaixo, non acerto a interpretar/casar a foto co texto.
    (vou de mal a peor)

    ResponderEliminar
  2. E poden ser tan mortíferas coma as máis ruidosas, Eastriver

    Non es ti; son eu que o poño difícil, Susana. En todo caso, se clicas na imaxe igual podes mirar con máis claridade o texto.

    ResponderEliminar
  3. Agora sí, pasábame como a Susana, que non entendía o jerogrlífico de foto pero ampliando a imaxen xa me dín de conta.

    É triste o que contas pero para moitos é a jodida realidade de cada día.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  4. Guerras silenciosas di Eastriver, jajaja, pois eu hai veces que teño que tapar os oídos se non quero quedar xorda escoitando algúns tertulianos radiotelevisivos.
    Si que tes razón Chousa, estamos ben collediños, non hai por onde fuxir.
    Bicos

    ResponderEliminar
  5. Esta vez estás algo apocalíptico!

    (Neste caso, os que menos van sufrir serán os que teñen menos unto...)

    ResponderEliminar
  6. Mete medo a ameaza da pintada.Semelha unha contradiçom com a fermosura do ceo refletido na mar.Como e vida mesma.Saudos.Carlosm

    ResponderEliminar
  7. Infantería desarmada, sí señor.

    Apertas.

    Antón.

    ResponderEliminar
  8. A velas vir estamos...

    Sí.

    Bicos silenciosos.

    ResponderEliminar
  9. E aínda esqueces esa parte da infantería que é cipaia e aspira a máis e que nos ataca polas costas.
    Gustoume esta visión apocalíptica pola dureza do texto que escribes e o que retrataches que terá que ver con motoristas de poucas letras, supoño.

    ResponderEliminar
  10. Tizonas damoclianas suspendidas sobre as cabezas da infanteiría desarmada e á que asan na sua propia graxa.Deberias plantexarte guionizar algun film.

    ResponderEliminar
  11. Chousa, ¿qué dice exactamente la pintada? No la comprendo bien, pero sí que te doy la razón con el tema de que vivimos bajo una espada de Damocles.
    Besos
    ¡qué fantástica visión el mar!

    ResponderEliminar
  12. Un texto duro, pero real como a vida mesma. Palabras que impactan no noso cerebro como espadas. Palabras ameazantes escritas debaixo da foto que causan medo...
    E o camiño é longo e tortuoso.
    bicos.

    ResponderEliminar
  13. Tés razón as espadas están en alto,
    tanto dá que sexan de Damocles, tizonas ou toledanas teremos que aprender a que non nos dén de cheo.

    Moitos Bicos

    ResponderEliminar
  14. Pois xa vai sendo hora de que se queimen no seu propio lume os verdadeiros pirómanos.

    ResponderEliminar
  15. Maio fuxiu do almanaque coa mesma premura coa que chega xuño. Disfrutade, que a este val de bágoas unicamente vinmos co propósito de GOZAR; aínda que haxa quen se empeñe en facervos crer outras cousas...

    ResponderEliminar
  16. Joer, De Guindos; non te deas por aludiño, carallo!!!

    ResponderEliminar
  17. Información adicional
    Veño engadir un leve complemento a esta imaxe, posto que hai visitantes que me preguntan que é o que realmente pón no peitoril desa estrada do sur deste país de dulzuras.
    A inscripción deixa ler o seguinte:
    "OS ATAU(D)ES (ES)TAN FE(I)TOS" Interpreto o último signo como unha cruz latina, que acompañaría o velorio.

    Xulgade vós se non vos parece unha ameaza do máis ameazador...

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: