venres, 1 de xuño de 2012

Mimo

Dar mimos vainos reportar a moi grata confusión de non saber con claridade se os damos ou os recibimos.
Cando o mero feito contemplativo se troca en pura ledicia, resulta sumamente complexo discernir se quen acaricia non é  realmente o acariciado.

Foto: Acariñando mimos


25 comentarios:

  1. Mimosa, soave, sentida, queixosa;
    encanta si ríe, conmove si chora.

    [unha delicia leerte...]

    ResponderEliminar
  2. Querido Chousa: No soy gallego, y por tanto no lo hablo ni escribo, pero gracias a tí y otros amigos conocidos "Chez Mme. Susana" estoy haciendo bastantes progresos para entender lo que leo.
    Y sí es cierto que es un idiioma muy sensual, tanto como las gallegas que he tenido el gusto de conocer.
    Tu entrada de hoy es la primera que leo completa sin traducir.
    Y me ha parecido deliciosa.
    Aprovecho que hoy me he decidido a dejar algo aquí,para decirte que admiro tus post cortitos, por tu capacidad de síntesis, y por tanto decir mucho con poco.
    Si lees algo mío, comprenderás por qué digo esto.
    Un abrazo. Es un placer leerte
    Vlixes

    ResponderEliminar
  3. Pois é verdade...moitas das veces quen goza máis case case é o que dá os mimos, e non quen os recibe, ou senón que iso vólvese recíproco...
    Unha fermosa entrada coa suavidade desa rosa na man que xa a estou ulindo dende aquí.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  4. Tan certo eso que dis...

    Bicos arrecendosos

    Bonito capullo...

    ResponderEliminar
  5. Vexo que non hai distorsión na mensaxe, Manolo Blog. Alédame non ser rara avis...

    O pracer tamén é meu, Vlixes. Síntome gratamente aloumiñado polas palabras que me adicas. Obrigado por elo.

    Facer chegar o recendo das flores por medio das palabras é unha misión complexa, pero cando os ollos tamén saben ulir todo é máis doado; á que si El Canto de la Luna ?

    Tan certo como que ti tamén o compartes, non si Pitima. Eses primeiro puntos de suspensión entendinos; pero os do "bonito capullo"...non sei jajajaja

    ResponderEliminar
  6. Neste caso coido que o que dá mimos
    é o acariciado.
    Unha ternura unha beleza
    que enche a man.

    Moitos bicos

    ResponderEliminar
  7. Éche unha rosa de pitiminí.
    Da gloria vela.
    Mimémonos.

    ResponderEliminar
  8. Cuando te pos poetico,e as flores semelha que te ponhen,a chousa trocase jardim.Saudos.Carlosm

    ResponderEliminar
  9. Qué máis dá quen dea e quen reciba? O pracer é o mesmo, se os mimos están ben feitos...
    Hoxe precisaba uns mimos, cóllochos prestados se me deixas ;)
    Bicos!

    ResponderEliminar
  10. A grandeza está, e ti o dis, en que o pracer é tan grande para o que os dá coma para o que os recibe.
    Bicos

    ResponderEliminar
  11. Mientras uno se sienta correspondido da igual si es él quien acaricia o el acariciado.
    Preciosa rosa
    p.d. Aún espero que me digas qué pone en la pintada de tu post anterior...

    Bicos

    ResponderEliminar
  12. A floriña vese moi agradecida e a man non parece que chore. Fermoso o que se pode decir con poucas palabriñas.

    ResponderEliminar
  13. Non chora ningún, e ambos semellan mimosos mimadiños Trasno.

    Difícil de determinar e á vez pouco necesario ter que determinalo, á que si Ginebra.
    En el propio post anterior intento aclarar aquella misteriosa inscripción

    Perigosos e con moitísimo perigo, mfc; pero a ver quen é o que -podendo telos/dalos- prescinde deles.

    Que que marabilla máis marabillosa esa dualidade Dilaida.

    Unha contabilidade magnífica Mar e Lua. Colle, pero deixa algún.

    Cando me piropeas, a miña palidez tórnase colorada Carlosm

    E deixémonos de landainas Mariajesusparadela!

    Unha maneira ben bonita de imaxinar "mimos a mans cheas" Marisa

    ResponderEliminar
  14. Tan exacto é o que dis que me vin a min mesma acariciando as cadelas que teño. Elas déixanse facer e con iso tan só xa te acariñan.
    Din que aloumiñar unha mascota reduce a tensión e relaxa e debe de ser certo.

    ResponderEliminar
  15. Beleza, delicadeza e tenrura.

    Si que hai reciprocidade, si!!!
    :-)

    ResponderEliminar
  16. Gusta dar mimos. Acariciar para regalalos. E dando dando es ti o agasallado.

    Unha foto ben fermosa, que brinda delicadeza e protección.
    Coller esa tenrura nas mans, ulila e logo deixala suavemente para que siga perfumando o aire.
    biquiños mimosos Chousa.

    ResponderEliminar
  17. Ahhhh! cuando lo desveles, me lo cuentas:)

    ResponderEliminar
  18. como non me gusta moito poñer etiquetas "o acariciador", "o acariciado", quédome simplemente na pura ledicia.

    quédome có que me chega ó corazón.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  19. venme á mente a canción aquela de Victor Manuel:

    Quién puso mas, los dos se echan en cara
    quién puso más, que incline la balanza
    quien puso mas calor, ternura, comprensión.
    quién puso mas, quién puso mas amor

    ResponderEliminar
  20. ¡Ojalá siempre que acariciamos, nos sintiésemos acariciados! A veces, resulta hasta difícil acariciar. Vlixes me ha hablado de tu sitio. Muy lírico. Vendré de visita, si me das permiso :)

    ResponderEliminar
  21. A foto conmove.
    Levo un anaquiño pensando por que...
    non é só polo linda...
    quizá ese agarimo da man forte collendo a rosa delicada, como protexéndoa...
    non sei.
    Conmove, si.

    ResponderEliminar
  22. umm, como me gusta: "O mero feito contemplativo se troca en pura ledicia", esa é filosofía dun voyeaur, meu queridísimo Chousa.
    Non esperaba menos de vostede.

    ResponderEliminar
  23. Unha visión moi atinada do acariñar, Peke.

    Puxécheslle sinónimos que eu suscribiría Harmonía

    Que ben falas/escribes Mariola!

    Moi listiña ti Aldabra, quedándote co esencial!

    A entrada á Chousa é totalmente free Uol Free. Un placer.

    Vai ti saber se a propia man no nse sentía protexida Zeltia...

    Un voyeur en proceso de aprendizaxe, queridísima Susana Moo

    E, mentras as roseiras renovan cada día os feixiños de pétalos, continuamos transitando por este atallo das ledicias. Ulindo recendos e recreando miradas; nunha primavera que se vai para un verán que se achega.

    ResponderEliminar
  24. Marabillosa imaxe. E eu que son moi moi moi mecosa sinto envexa das nosas flores que sempre son acariñadas polo orvallo, polo sol, pola lúa, por nós...

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: