xoves, 17 de maio de 2012

Vixía

Vía das mensaxes, canle de pensamentos, pentagrama fonético de dulzuras intercaladas, reflexo do sentir, soporte da tenrura pronunciada, atril de aloumiños imaxinados. A ti apelo cando imaxino, en ti acougo cando me alporizo, de ti me sirvo para chorar, ler, dicir, calar... Lingua que brincas na lingua, mentras me salpicas de frescura, abrígame na amorosiña pronuncia de salaios que se albiscan na túa semántica e permite que argallemos como ser á vez viaxantes e vixiantes da túa propia existencia. (Día das Letras Galegas, 2012).

Post-edición: Días despois da publicación, unhas amizades do blogomillo musicalizaron este texto desta maneira.

Foto: Reflexo. A Picouta (Antas de Ulla)

27 comentarios:

  1. Fermoso.
    Sigamos viaxando co galego, sempre.
    Que siga soando.
    :-)

    ResponderEliminar
  2. Fermosas as letras que deixas no Día das Letras galegas...como tamén o é a fotografía.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. Fermosísimo!
    Estes días estiven a recitar no meu pobo e nalgún máis poemas de Paz Andrade e algún meu tamén.
    Será que teño a musiquiña de recitar a flor de pel que cando o lin pareime e comecei a recitalo( en realidade é que invita a facelo, polo menos a min). Non desmerece en nada. Hay lirismo, sentimento, serenidade...

    Encántame cando sacas para fóra todas esas emocións.
    bicos de corazón.

    ResponderEliminar
  4. Coma Xesucristo, unha pensa que pode camiñar sobre esas augas da Picouta de Antas de Ulla.
    Beautiful picture!

    ResponderEliminar
  5. Vaia oda tan fermosa, digna de ser cantada ao son dunha gaita. Que mágoa que moitos fillos desta terra non sintan o mesmo.
    Longa vida a lingua galega!!!
    Bicos

    ResponderEliminar
  6. Cando sacas a artilleria poética .con palabras e con foto. fasme poñer pel de galiña

    ResponderEliminar
  7. Viaxámola e vixiámola. Ambalasduas cousas amorosamente.

    ResponderEliminar
  8. Que armonioso e musical. Gostei infinitamente. Unha aperta sincopada.

    ResponderEliminar
  9. Eso pensei eu onte.. o que dí So G., que é armonioso e musical...

    Claro que eu oio música por todas partes...
    Vouche roubar este texto, que o saibas... Non sei qué vou facer con él, pero algo, seguro!

    BICOS ROUBADOS!

    ResponderEliminar
  10. Conxuncion de paisases e verbas. Unha lingua mais fermosa onde has axa.

    Sintoa e queroa..........pero contala
    ainda que sexa co son de unha gaita, non se me da a min, escribir tanta riqueza.

    Moitas apertas.

    ResponderEliminar
  11. Todo é pouco cando falamos do noso tesouro.

    Unha aperta para todos os que fan que estea viva sexa onde sexa ;-)

    Antón.

    ResponderEliminar
  12. Este texto teu parece unha oración,
    unha ladaíña de lindas palabras cheas de significados fermosos.

    Moi emotivo, Chousa, aí sí que te deixaches levar polo sentimento sin precisar meter unha chanza para non conmover...

    [gústanme os teus textos retranqueiros, pero non te prives deste nin nos prives a nós]

    ResponderEliminar
  13. Moves e conmoves quando te pos como te pos.As tuas letras para a lingua galega tenhen muita potencia agarimosa e doce.Hai dous posteos teus que agardo com devocion:o do 17maio e mailo do dia dos Inocentes.Saudos.Carlosm

    ResponderEliminar
  14. Aquí deixas un fermoso texto digno de ti e do teu dominio da palabra.
    Seguiremos vixiando !.

    ResponderEliminar
  15. La lengua como herramienta propia del hombre para comunicarse con el otro. La lengua como una segunda piel, la de un pueblo que conserva su identidad a través de la palabra escrita u oral.
    Bonita foto y bonito homenaje a la lengua galega, siempre tan dulce y armónica.
    Bicos

    ResponderEliminar
  16. és un poeta, Chousa, e este texto, amén de outros que xa publicaches así o demostra, aínda que deixes aquí este poema como si fora unha narración... a mín non me enganas.

    fermosa honra das nosas letras.

    biquiños,

    Vía das mensaxes,
    canle de pensamentos,
    pentagrama fonético de dulzuras intercaladas,
    reflexo do sentir,
    soporte da tenrura pronunciada, atril de aloumiños imaxinados.

    A ti apelo cando imaxino,
    en ti acougo cando me alporizo,
    de ti me sirvo para chorar,
    ler,
    dicir,
    calar...

    Lingua que brincas na lingua mentras me salpicas de frescura, abrígame na amorosiña pronuncia de salaios
    que se albiscan na túa semántica
    e permite que argallemos
    como ser á vez viaxantes e vixiantes
    da túa propia existencia.

    ¡¡bravo!!

    biquiños, nunca están de mais.

    ResponderEliminar
  17. Unha fermosura,
    nas palabras e na imaxe.

    Un bico

    ResponderEliminar
  18. Aquel que ve a poesía, é pq é poeta. Se vos a vedes...poetas sodes!
    :-)

    ResponderEliminar
  19. Pitima: xa darás sinais co resultado :-)

    ResponderEliminar
  20. No puedo quedarme sin felicitar al autor de esta maravilla por su capacidad para transmitir tantas sensaciones.El amor y el sentimiendo por su lengua queda perfectamente "Reflejado" en esta magnífica declaración.Le envidio y a la vez me siento parte ya que mi abuela era gallega de Cervantes-Lugo.Gracias por compartirlo y por hacerlo asi de bien.La lengua gallega jamás morirá mientras personas como usted mantengan ese idilio con ella.Gracias otra vez y perdón por no expresarme en gallego.

    ResponderEliminar
  21. Como te pos cando te pos Chousa. Fermoso a mais non poder

    ResponderEliminar
  22. Fai tempo que non disfrutaba tanto da "nosa fala" coma cando lin o teu texto. Teño que compartilo con tódolos meus seguidores e oíntes...
    (aínda que non che pedín permiso...)
    ¡Graciñas por emprestarmo!

    ResponderEliminar
  23. Mi madriña!!! ler estas cousas alporizame todalas miñas neuronas, e bulen toliñas de emoción dun recuncho cara outro!!!

    Fantástico, mooooooooooola que te verticalizas!!! ;)

    Biquiños a moreasssss

    ResponderEliminar
  24. sempre que entro ao seu blog entranme unhas ganas terribles de visitar antas, calquer día asaltolle o lugar e non fica nada :D

    ResponderEliminar
  25. Bos días amicus:
    Veño, vin e virei...
    Noraboa, parabens
    Pra qué dicir mais se xa as outras comentas dicin tudo?
    Xeitoso e fermoso; unha verdade inumerabel
    Breves saúdos
    Deica logo amicus... d:D´

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: