Claro que a prensa non pretende encher de leite os seus cochos para que outros se alimenten. Neste caso dase unha deglución sin remoído, e o seu pastoreo lingual responde a outros intereses moito máis complexos -que escapan ó entendemento humán- e que, iso sí, lle permitan seguir mamando do teto...
Foto: A Rubia preparando a edición de mañán en Vilapoupre (Antas de Ulla).
Hai que ver canto proveito (con imaxinación) lles sacas ás vacas rubias do Berce do Ulla, eh!
ResponderEliminarAy,canta razón levas!
ResponderEliminarSí sabemos cal é ese pastoreo lingual do que falas, pretenden encher os seus petos beneficiándose só eles, sen mirar para os do lado. Da igual que os demáis pasen fame e non se dan conta de que todo é efímero e o ego e só iso "ego".
Quen predica coa palabra debería pensar co corazón.
En canto "A rubia" que está fermosísima vai preparar ben a edición de mañán, deso non hai dúbida.
Un biquiño verde como eses campos.
que hermosa foto... me transporta a mi niñez
ResponderEliminarbesitos
mmmm bueno, tamen saen a pacer outros e a pacer canto poidan, antes do dia 22...
ResponderEliminarbiquiños!!!
Puro instinto, sr. Chousa, puro instinto de supervivencia
ResponderEliminarUma comparação cheia de ironia e actualidade!
ResponderEliminarTampouco creo que as vacas teñan a pretensión de alimentarnos, por moito que remoan. ;-)
ResponderEliminarPero gústame moito a expresión "botar a lingua a pacer" e concordo contigo na apreciazón da complexidade dos intereses da prensa que escapan ó entendemento human [polo menos ó meu]
a vaca de Vilapoupre, vaia anchos, vaia patorras, vaia "flequillo"!.- eu chamaríalle "xuvenca"
:)
Muitas verdades nos contas, Chousa.
ResponderEliminarE iso que non falas do que é a política á fin: unha merda espichada nun pau.
Que feitiña é esa Rubia galega!
ResponderEliminarEla só saca a lingua para alimentarse, non como facemos os humanos.
As cereixas están case a punto, só lles falta uns días de sol. Síntoo o das túas mazás o meu marmeleiro tamén ten as follas todas arrugadas e manchadas, está cheo de froito, pero o ano pasado pasoulle o mesmo e caeulle todo, espero que este ano conserve algún.
Dou fe da verdade das cereixas de Dilaida (probeinas onte).
ResponderEliminarO placer de pacer é de mais.
Eu creo que chegaríamos a entendelo se no-lo contaran. Pero vivimos pechados as informacións que realmente sí nos competen. Un bico verde???
ResponderEliminarE é tan fácil votar a lingua a pacer! Sobre todo cando tentamos amañar a vida dos demais. Biquiños,
ResponderEliminarXa dicía aquel... Qué de leite da a vaca cando fodemos nela!!!!
ResponderEliminarO caso é foder...
Bicos pacentes.
Que foto mais bonita!. Estuven mirandoa tanto que me din conta dunha cousa que desde un principio me chamou a atención sin saber o motivo: COMO RAIO LOGRACHES ESTE ANGULO???. Estabas deitado no prado diante da vaca???.
ResponderEliminarSea como sea: xapó por Chousa.
Sacaches moito bem favorecida a Rubia /e sem mostrar os seus tetos que a prensa quere apreixar/.
ResponderEliminarAgradezo con devocion a image de do frescor verdoso do país. Saudos. Carlosm
Hainos (e hainas) que deben pacer pola parte de abaixo do rego, pois semellan estar ben mantidos e briosos! Coma sempre, son os menos. Os outros pacen onde e como poden.
ResponderEliminarSaudiños.
Unha vaca ben guapa!!!
ResponderEliminarA prensa é unha ferramenta poderosa, crea realidades e iso sábeno ben os poderosos e usana o seu antollo. Moi boa entrada.
biquiños!!!
Esta quedouche moi ben... a perspectiva y maila metáfora, moi clariña, que da gusto de entender e de ver e de estar dacordo...
ResponderEliminarAissss... mira que eu agora estou feita unha experta neso da teta e do leite e de mamar... jajaja
Será por eso o de entender... jaja
Bico (noooon... mamado noooon...) de rubia galega... jeje
Hai moitos que fixeron de mamar do teto a súa profesión. E non lles vai mal, e parece que lles aproveita porque están ben mantidos!!
ResponderEliminarEntrei por "pracer". Acredito que esta foi a palabra, lida a furtadela nos avisos de blogues, que me trouxo até aquí. Non sei o que pasou polo camiño que o tal pracer ficou enleado coa comida da vaca, que se prace en degustar. Quizais a prensa perdera, coma min, o pracer; e agora só lle quede a rotina monetaria. Que non está mal, pero non sabe igual.
ResponderEliminarUn bico
Moi apetecible a rubia.
ResponderEliminarHai quen non dá superado nunca un trauma da desteta.
(Xa -por fin, digo- fixen aquilo. Grazas!)
Botar a lingua ó orballo
ResponderEliminarnon custa nada.
Tés razón o que importa
é mamar do teto.
Encantoume.
Bicos
víñache dicir que fixeches un comentario profundo coma pozo de barrena no blog da Nena
ResponderEliminarEstes dias parece que hai problemas con blogger, que non deixa comentar. Tes problemas coa páxina ou non actualizas os comentarios por vagonetas?
:-P
Non hai forma de dar comentado. Non sei que fixeches pero xa e a terceira vez que o intento e non me acordo do que puxen ademais de decir que a rubia queda moi fermosa no medio do verde do prado e do azul do ceo. Tamen dixen algo da prensa pero tanto ten. Aver se ahora vai.
ResponderEliminarPois parece que houbo algúns atrancos na plataforma que mandaron ó limbo algúns comentarios e non permitiron a chegada de outros.
ResponderEliminarQue lle imos facer, se pouco máis do 10% das cousas que nos acontecen podemos controlar, tal e como moi ben nos explicaba bolboreta. Así que imos xestionar correctamente o outro 90% sobre o que sí podemos actuar, non cabreándonos e disfrutar coma a Rubia do pracer de pacer.
E si, gustoume que alguén se decatase do importante risco que este canteiro ás veces corre para obter un ángulo complexo para unha foto...
Agora, mentras a Rubia pasta, é hora de misa de doce. Imos?
Vaia, tocoume o limbo!!! mandarei noticias dende alí...
ResponderEliminarMira ti por onde, apareceron os comentarios do limbo... Un pracer que así fose! :-)
ResponderEliminar