martes, 17 de maio de 2011

Lingua

Emerxes da nube dos meus miolos, flues doce e garimosa balanceándote nas cordas vogais ata mergullarte no meu cuspe salino para acentuarte na curvatura dos beizos, sacándote para fora e invadindo de máxica fermosura o son do ar que me rodea. Cumio da metamorfose dunha idea que xa é palabra. En galego pensada, en galego dita, en galego escriturada, esculpida, pintada ou musicalizada.
E unha vez pronunciada, nin anclada nin a deriva, sigue sempre rulando dende o país dos mil ríos polo mundo dos mil mares. Provocándome ledicias por terte, por saberte, por pronunciarte, por escoitarte, por amarte. Nesa espiral prepositiva faste viva, presente, real, esdrúxula; sabendo que compartes unicamente coa terra que piso e coa muller que me deu o ser, o nobilísimo e venerable título que ninguén mais ostentará nunca para min: nai.

Foto: Que rule mil primaveiras máis, e despois xa falaremos!

30 comentarios:

  1. Joder Chousa, entre a música e a poesía, emocionáchesme. Cantísimo queres á lingua. Pois que rule, ainda que so sexa para que esteñas contento.
    Que teñas un bo dia ( e unha boa noite).

    ResponderEliminar
  2. Hermoso tributo a la lengua gallega en su día. Enhorabuena por el artículo.

    ResponderEliminar
  3. Moi emotivo Chousa. A lingua galega medra contigo (e ti medras com ela que bem che se ve). Que rule!!!!. Saudos.Carlosm

    ResponderEliminar
  4. Esto e unha verdadeira cantiga na honra da lengua galega. Mil primaveiras mais para ela e mil parabens para ti por condensar tantas emocions dun xeito tan fermoso que toca a fibra de quen ama o galego. Unha aperta no dia das Letras.

    ResponderEliminar
  5. Fermosísimo.
    Un saúdo agarimoso.

    ResponderEliminar
  6. Esclarece-me lá: o que significa "nai"?
    Beijos.

    ResponderEliminar
  7. Chousa, acabas de emocionarme. Iso é bastante fácil de conseguir, cando se trata da Lingua, pero acostumada ao dobre xogo que con ela fas a cotío (niso eres un verdadeiro mestre), deixáchasme sen palabras con esta fermosa homenaxe á NAI.
    Parabéns e que sigas gozando da Lingua, con Lingua.

    Tamén bicos, na Lingua e con Ela.

    ResponderEliminar
  8. Vaia a miña aperta nesta xornada tan oportuna para reivindicarnos e orgullercermos no sentimento matrio da lingua. Fermoso texto, digna homenaxe para unha causa tan nobre.

    ResponderEliminar
  9. Graciñas por emocionarvos comigo.
    Filoxera: nai= mãe
    Bicos

    ResponderEliminar
  10. Só alguén que de verdade ame e sinta a Lingua pode ser quen de escribir algo tan fermoso coma o que ti escribiches.
    Bicos

    ResponderEliminar
  11. Quem dera que no meu País os homens de chefia amassem assim a língua`portuguesa e não andassem com acordos que deturpam e tiram sentido à mesma.
    Um abraço

    ResponderEliminar
  12. Que pena não ser contagiosso esse amor pela língua aqui tão fortemente exposto...e que chegasse a determinadas criaturas que acham poder tudo!!

    Bicos

    ResponderEliminar
  13. Unha moi completa, fermosa e emocionante dedicatoria á nosa lingua, Chousa!!
    Que rule, que siga rulando!!!
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  14. Pois dito está. E eu contigo!!!
    bicos con lingua nai

    ResponderEliminar
  15. E custodiada por ti!
    Noraboa por este texto tan fermoso.
    Non poderías dicilo mellor.
    Que impregne sempre a nosa pel e os nosos sentimentos, que rule para facerlle honra e que nos deleite sempre con palabras tan fermosas e profundas como ten.
    Que bebamos sempre dela, que non esquezamos de onde vimos, que non esquezamos que igual que unha nai dounos a vida sen esperar nada a cambio, que está ahí e sempre estará, que rule e chegue ben lonxe e ben cerca do noso corazón.
    un bico que recorrerá uns cantos quilómetros cara Antas.

    ResponderEliminar
  16. Diexeime levar pola emoción e faltoume dicir que o vídeo de "Lingua minoritaria" encantoume.
    Un bico.

    ResponderEliminar
  17. solo sé decir cuatro cosas en gallego... por eso soy asi de escueta...
    un besito

    ResponderEliminar
  18. Tremendo!!!! que fermosas verbas e de que fermosa maneira escritas.
    Maravillosa entrada dedicada a nosa lingua nai, a que merece ser ben tratada e ben querida.
    biquiños!

    ResponderEliminar
  19. Non se pode dicir mellor, aínda que si máis alto. Berremos, pois, para que o saiban todos!

    ResponderEliminar
  20. Un homenaje precioso, Chousa, te has lucido ehh, te felicito, me encanta.

    biquiños galegos

    ResponderEliminar
  21. Eu tamen celebrei o dia das letras galegas dunha maneira emotiva, como tí con este post teu levándonos a eses enlaces a espabilar a conciencia a envolvernos na música linda... e ata a rirnos un pouco.

    Moi ben, Chousa: que rule.

    ResponderEliminar
  22. Fermosas verbas para a nosa fermosa lingua. Que rule, que rule!!!

    ResponderEliminar
  23. Emotivo e precioso...

    E eu que me sinto tan torpe cada vez que a uso (a esdrúxula língoa, que tiña que ser llana.. "Galego".. doado de disfrutar e vivir...)

    Pero xa menos torpe...

    Péscame ese bico nin anclado nin á deriva... rulando entre nós o agarimo e a emoción de sentirmos galegos.

    E non só o 17 de maio...
    Tódolos días.

    ResponderEliminar
  24. Verdadeiramente levas a nosa
    lingua prendida do corazón
    so equiparable a esa nai
    que nos deu o ser.
    Grazas por ser como tí es.

    Bicos e apertas.

    ResponderEliminar
  25. Pode ser que nunca leera tan fermosas palabras adicadas a nosa lingua, pode ser.

    Non se podia decir nin sentir millor.

    Aplaudiriate emocionada :)

    Bicos a moreas!!!

    ResponderEliminar
  26. Non deberíades chufarme tanto. Hai risco de que o crea moito e tamén de que algúns amigos confirmen aquelo que se di dos comentarios entre blogueiros: que hai moito ch. de p.

    Polo demáis non teño obxeccións. :-)

    ResponderEliminar
  27. saéche o amor á túa "nai" polos catros costados...

    canta paixón nas túas verbas!, como sexas así en todo... je je je, medo me das...

    ben, esto é un guiño divertido... o tema que expós é serio e fermoso para os que o sentides dese modo.

    ollo, eu tamén quero a nosa lingua pero non do mismo mado, esa é a verdade, admírovos.

    biquiños.

    P.d.: claro que cando estiven en SOS saquei a foto sentada no regazo de Berlanga, faltaría mais.

    ResponderEliminar
  28. Un excelente canto á lingua galega.Parabéns

    ResponderEliminar

Comenta o que queiras, pero con respecto: